Foros ›
V MEIA MARATONA SUNSET DE CAMINHA (09/06)
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 08 Xuñ 2019, 7:41
Asunto: V MEIA MARATONA SUNSET DE CAMINHA (09/06)

Pois mañán espero correr por 2ª vez esta media maratón, como levo dende marzo sen correr nengunha, xa tiña gañas de facer unha. E a víspera do remate das inscripción corrín 16'5 Kms. sen incidencias, así que decidín anotarme , ademáis sorprendeume gratamente ó comprobar que non subiran os tramos de inscripción e seguían sendo 12€. (había subidas por datas a 15€ e 20€, que sería a que tería que pagar eu Silbar ).
Ainda que no seu momento, comentei no foro do sorteo dos dorsais (por eso non participei) o mal que me viña o horario ao ser o domingo as 8 da tarde hora española cando adoitaba ser os sábados.
Ó final pedín librar o luns no traballo, polo que non teño problemas de madrugar ao día seguinte.
Se non mirei mal creo que na media imos ser menos corredores que noutras edicións, pero alí estaremos mañán.
Un saudo.

www.prozis.com/pt/pt/e...de-caminha
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 08 Xuñ 2019, 16:24
Asunto: Re: V MEIA MARATONA SUNSET DE CAMINHA (09/06)

Facela o domingo a esas horas reduce a participación sen dúbida
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 08 Xuñ 2019, 19:16
Asunto: Re: V MEIA MARATONA SUNSET DE CAMINHA (09/06)

gertiz escribió:
Facela o domingo a esas horas reduce a participación sen dúbida

Efectivamente, réstalle participación respecto a outros anos, (imaxino que maioritariamente galegos), o que pasa que o luns día 10 é festivo en Portugal, xa que é o día de Portugal.
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Lun, 10 Xuñ 2019, 11:15
Asunto: Re: V MEIA MARATONA SUNSET DE CAMINHA (09/06)

Sobreviví, que ya es bastante.

Las clasificaciones están aquí:

www.facebook.com/crono...=3&theater

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Xuñ 2019, 11:34
Asunto: Re: V MEIA MARATONA SUNSET DE CAMINHA (09/06)

Boas,
Comento a media de Caminha de onte. Bo ambiente na saída, supoño que favorecido pola tarde tan boa que quedou. Xa contaba con pouca participación, unha mágoa a pesares de todo. Supoño que a participación sería maior se fose un sábado pola tarde, como adoitaba ser: eu non quedei trala carreira a cear por ese motivo. Porén durante o traxecto houbo algúns puntos onde a xente nos daba azos con eses 'Força' tan benvidos. Moitos puntos de auga e isotónica tamén como punto a favor. Na saída, ao ser tan poucos, non houbo problemas para correr, pero con máis participación entendo que os primeiros centos de metros, ata saír da ponte cara Vila Nova de Cerveira, non serían demasiado cómodos.

A carreira moi chan, e falta de metros para unha media homologada, pero era información coa que xa contaba. Sáese cara Vila Nova de Cerveira, pasando por Seixas e dando a volta no km4 aproximadamente. Preciosa Vila Idalina, non sabía que era un hotel. No 6 e pico volvemos cruzar a ponte e estar en Caminha, bordeándoa a carón do mar, unha das partes máis bonitas da carreira e con bastante animación. Saimos de Caminha deixando o mar e indo cara Moledo. Pasamos Moledo e non carón do mar, pero unha pequena elevación permítenos admirar o Atlántico polos kms 12 e 13. Cáseque chegando ao 14 damos volta, mágoa porque estamos tocando Vila Práia de Âncora. Desfacemos o camiño ata Caminha Razz E na chegada, cerveja, augas e froitas. Un luxo que a GNR cortara enteiramente toda a estrada (os dous carrís) para nós. Outras carreiras con moita máis participación utilizan unha beira e gracias.

Eu paseino ben, pero como xa dixen, faltoume un post-carreira.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Xuñ 2019, 15:40
Asunto: Re: V MEIA MARATONA SUNSET DE CAMINHA (09/06)

Imos facer a crónica, como era de esperar ó facer a media o Domingo pola tarde, resinteuse moito a participación, só 223 chegados a meta, cando o ano pasado remataron 382, e outros anos pasaron dos 400.
Despois de quentar brevemente, situeime na saida atrás de todo, cando vin a DrSlump, e colleunos o comenzo falando, asi que seguimos falando mentre iamos trotando moi suave.
O meu obxetivo era rodar un pouco por debaixo de 1h45', e como a liebre xa me levaba un bo anaco despedinme de Dani, ese 1ºkm. saiu a 5' clavado e a liebre xa me levaba un bo anaco, os 10 primeiros Kms. son moi chans, un par de pequenas subidiñas, e tamén moi fermosos, xa que imos todo a carón do río Miño (descripción do percorrido moi ben feita por Karris).
Ainda que empezo a marcar todos os Kms. por debaixo de 5' a distancia ca liebre non decrece, no paso de regreso por Caminha, Km7, eu iba a unha media de 4'53" e a liebre uns 20" por diante miña, e o numeroso grupo que ia con ela empezou a perder unidades.
Eu a partir do 10 empecei a aumentar o ritmo e no 12 por fin collín a liebre, que se frenou a agardar pola xente que se deixara atrás, polo que eu seguín ó ritmo que levaba, marcando xa casi todos por debaixo de 4'50", excepto o 15 que ten bastante subida e foi a 4'56", y eso que agora o terreo xa é un sube e baixa, ainda que con pouco desnivel.
Eu sigo encontrándome fenomenal e ao paso polo 17, decido aumentar o ritmo, facendo os 4 que quedan en progresión (4'46, 4'40, 4'37 e 4'26" e os casi 200 mts. a 4'22"), para un total de 1h41'31" oficial e 113 da xeral.
Despois de rematar, duchiña rápida, mercamos unhas empanadiñas para comer no coche, e xa tiramos para casa sin quedar a cear, xa que me acompañou a muller e ela si que traballou hoxe. Chegando a casa as 12:15 da noite.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4686 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Mar, 11 Xuñ 2019, 7:34
Asunto: Re: V MEIA MARATONA SUNSET DE CAMINHA (09/06)

Buena carrera Marcos,enhorabuena y gracias por la crónica.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos