Dom, 19 Mai 2019, 14:08
Asunto: Re: Diario dun Paticorto
Actualizo o diario coa miña crónica do trail Brigantia Aventura.
Cheguei hoxe motivado, con boas sensacións, con bo sabor de boca do trail da Guardia Civil do domingo pasado, porque o rematara coa sensación de poder haber apretado máis nalgúns tramos.
Por todo iso quizá empecei hipermotivado de máis, e apretando un pouco máis. A consecuencia foi que nunha baixada no km 2.5 aprox, pois doblei bastante o tobillo dereito, que me fixo parar ao momento. Ao primeiro de todo custábame incluso apoialo, e despois de andar un pouco decidín seguir camiñando polo menos ata o primer avituallamento, e despois decidir se abandonar ou non según me respondera o pe.
A verdade que tiven que baixar bastante o ritmo debido ás molestias, incluso un compi inesperado foi un corredor que facía de escoba.
Cheguei ao primer avituallamento e decidín continuar, tiña molestias si, nas costas permitiame subir bastante ben, pero nas baixadas resentíame moito.
E foron pasando os km, casi indo de escoba, o tobillo non iba a peor e chegado ao km 7-8 decidín intentar subir un chisco o ritmo, e así coas tonterías debín pasar a uns 10 corredores ata chegar á meta.
Quedeime contento por haber acabado polo menos, porque cando me doblei o pe vía casi seguro a retirada, e quedeime con ganas de máis.
Con ganas de haberme exprimido, porque tanto física como mentalmente penso que chegaba no meu mellor momento.
Agora mesmo que estou a escribir relaxado, estame a molestar bastante o tobillo, e seguramente me faga falta 1 semana para recuperalo. De todas maneiras, non entra nos meus planes ningunha carreira popular ata Xuño, tomareino con calma.
En canto ao trail en si, o trail curto, comparándoo co trail da Guardia Civil (o unico que coñezo co que podo comparar a parte que teñen un perfil similar) penso que este ten un nivel máis de dificultade.
No da Guardia Civil tiña zonas para correr sen problema, aquí en cambio penso que as baixadas eran máis para ver onde se pisa, xa que había moita pedra grandiña solta.
Tamén pode ser que pasei case toda a carreira condicionado por levar o pe fastidiado, pero quizá si que era algo máis complicado de correr.
En canto á sinalización, bastante ben toda, menos nun punto en concreto, que o grupo no que iba enganchado (seríamos 4 ou 5) pasámonos de largo. Xusto no punto antes de acceder á vía do tren en desuso, que seguimos embalados polo sendeiro principal. (coa broma faríamos 400 m ida e outros tantos de volta a maiores). Nese punto quizá poñendo unha cinta atrevesando o chan para non seguir por ahí xa estaría máis que solucionado.
En canto aos avituallamentos, pois bastante ben, con auga, powerade, froita e gominolas en ambos.
De agasallo uns calcetins bastante chulos.
A atención no polideportivo de Mesoiro moi ben,tanto recollida de dorsal como gardarroupa fluídos, e duchas tibias pero agradables.
Se non fose polo tobillo, seguro que o houbese disfrutado moitísimo máis.
Sen duda intentarei repetir nunha futura edición para sacarme a espiña que se me quedou.