Xov, 02 Mai 2019, 13:11
Asunto: Re: Diario dun Paticorto
Pois o pasado mércores 24 de abril, tiven a operación, unha radiofrecuencia de cornetes, unha sinxela operación nasal co propósito de mellorar a entrada de aire polas fosas nasais.
A operación, levou consigo, unha sedación, e a parte, anestesia local.
Foi todo moi rápido e sinxelo, a operación en sí un éxito. Polas 2 do mediodía xa estaba operado, e descansando na habitación de planta.
Agora chega o "guai" da historia. Ás 7 da tarde danme a alta. Vou para o baño da habitación a cambiarme de roupa (aínda estaba co pixama do hospital). Sácome a parte de arriba do pixama, e cando estaba afloxando o nudo do pantalón, desmaieime ipso facto, sen sinal previa (non sentin nin mareo nin nada). O seguinte que recordo era estar no chan, despertarme con sensación de sono, e enfermeiras reanimándome.
Parece ser que me desplomei totalmente cara atras, de espaldas, golpeei co cogote da cabeza, cunha brecha duns 4,5 centímetros, e puxéronme 3 grapas.
Obviamente quedei ingresado en observación todo o resto da tarde e noite, e déronme finalmente a alta na mañá do xoves.
Os motivos? Quizá tiña ainda restos de sedación no corpo, unha baixada de tensión...
O caso que foi un susto, eu penso niso e quédome algo acojonadillo ao mesmo tempo que admito que tiven sorte, por varios motivos :
-de desmaiarme así, mellor que fose xa no hospital e non noutro sitio.
-caín cara atrás nunha zona libre de obxectos, de haber caido contra algo puiden partir a espalda ou desnucarme. Igual que se caigo de lado era para desnucarme, e se caera de cara pois era para romper boca, nariz ou co que dera.
O caso é, que do nariz quedei bastante ben, xa noto unha mellor respiración, e iso que os resultados completos ainda tardarei outra semana máis en notalos.
Podemos sacar unha conclusión, que por sinxela que parezca unha operación, poden surxir diversas complicacions e máis cando se somete ao corpo a sedacións e anestesias.
Por certo, agora pola tarde teño que ir a que me saquen as grapas da cabeza.
Fastidioume bastante non haber podido ir onte a Arteixo, pero quizá foi o máis sensato.
Este domingo si que estarei en Visma, espero poder veros a algunh@s!
Un abrazo a tod@s!