Foros ›
Sorteo 5 dorsais Baixada San Pedro Visma(05/05): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 31 Mar 2019, 22:58
Asunto: Sorteo 5 dorsais Baixada San Pedro Visma(05/05): PECHADO

XII Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma
Domingo 05 de mayo de 2019


Que se sortea?
5 dorsais

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: A Coruña, Domingo 05 de mayo de 2019.
Web da carreira: www.coruna.gal/carrera...orunacorre
Enlace ao calendario: www.correrengalicia.or...e=20190505
Enlace ao fío do foro: www.correrengalicia.or...mp;t=21092

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o 01/04/2019 ao 04/04/2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 04/04/2019. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 01/04/2019 ao 04/04/2019). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Sáb, 06 Abr 2019, 11:48; editado 1 vez
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1926 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 22:00
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais Baixada San Pedro Visma(05/05): ata o 0

Gustaríame participar no sorteo desta prova.
Nunca fun e teño oído falar ben dela, así que, este sorteo pode ser outra excusa para seguir asistindo as carreiras do circuito de Coruña, que de momento estou participando en bó número delas.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
Paticorto

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
25/09/18
17 Carreiras
230 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 02 Abr 2019, 15:32
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais Baixada San Pedro Visma(05/05): ata o 04/04

Gustaríame participar no sorteo, para conseguir un dos cinco dorsais dispoñibles para a carreira "Baixada San Pedro de Visma".
Nunca fixen esta carreira, (ao igual que todas as demais xa que son novato), pero coñezo a zona xa que de vez en cando entreno por ahí.
Outra carreira máis do Circuito Coruña Corre que ao igual cas demais disporá de servizo gardarroupa, duchas, e un pequeno avituallamento final.
Consiga ou non o dorsal, espero disputar esta carreira, e seguir co pleno das carreiras do circuito ata agora.
Sorte a tod@s.
jotaeme

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/06
0 Carreiras
1056 Mensaxes
OURENSE / A CORUÑA
Respostar citando Envío Mér, 03 Abr 2019, 17:16
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais Baixada San Pedro Visma(05/05): ata o 0

Boas tardes, desexo participar no sorteo de dorsais da proba "Baixada de San Pedro de Visma"... Tras faltar os últimos anos.. iremos a sufrir/disfrutar de novo de esas costas primeiro e baixadas finais... que malo será que repitamos un dia de calor sahariano... como fai unhos anos...
Primo

Novo foreiro
Novo foreiro
20/12/18
1 Carreiras
7 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 03 Abr 2019, 22:31
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais Baixada San Pedro Visma(05/05): ata o 04/04

Boas, gustariame participar no sorteo do dorsal.
Nunca participei nesta carreira, xa que levo pouco tempo practicando este deporte.
Sorte a todos, espero vervos alí.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 04 Abr 2019, 22:00
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais Baixada San Pedro Visma(05/05): ata o 04/04

Sorteo cerrado, gracias por participar. Publicaremos el resultado a lo largo del viernes 05 de abril. Suerte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 05 Abr 2019, 13:24
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais Baixada San Pedro Visma(05/05): ata o 04/04

Sorteo 5 dorsais Baixada San Pedro Visma(05/05): ata o 04/04

Resultado: Maxi, Paticorto, jotaeme, Primo

No fue necesario realizar el sorteo. Los dorsales fueron asignados directamente

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

- Nombre y apellidos
- Fecha de nacimiento
- DNI
- Localidad
- Talla de camiseta
- Nick personalizado para el dorsal
- Email
- Teléfono
- Club al que perteneces
- Si estáis o no federados
- Nº de federado
- Nº de chip de CCNorte (en caso de tenerlo en propiedad, si no, indicar que no lo tenéis)
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1926 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Ven, 05 Abr 2019, 20:17
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais Baixada San Pedro Visma(05/05): ata o 0

Moitas grazas! En breve envío os meus datos.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
Paticorto

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
25/09/18
17 Carreiras
230 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Ven, 05 Abr 2019, 21:15
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais Baixada San Pedro Visma(05/05): ata o 04/04

Graciñas. Datos enviados!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos