Foros ›
Autor
Mensaxe
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Ven, 05 Abr 2019, 17:42
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Vaamos Suso a por todas el domingo!!! A por ello.
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 05 Abr 2019, 18:30
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Suerte el domingo.

Yo creo que estás muy bien de forma, que esas últimas semanas suaves incluso te pueden venir bien, como has demostrado en la tirada de 31 km y el test de Gavela. Pero repito, sin obsesionarse con la marca, eres joven y tienes mucho margen para mejorar la marca, sobre todo si pillas un maratón con perfil favorable.
lobo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/12/10
240 Carreiras
183 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 05 Abr 2019, 20:07
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Moita sorte!!!! Disfruta de cada km e non te preocupes demasiado pola marca.

Vamossssss!!!
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 06 Abr 2019, 12:33
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Moitas grazas aos catro! Aplauso

A marca o certo é que non me preocupa moito, pero si que é algo que está aí. Dito doutra forma, saír sen ningún aliciente ou unha pequena referencia a modo de reto tampouco me gusta. Entón sen que sexa unha prioridade, si que o teño a modo de "pois estaría moi chulo poder volver baixar de 3". Pero só iso. A idea é facer unha carreira que me permita disfrutar. Indo de menos a máis, relaxado e disfrutando dos quilómetros. Pois ao final é como unha pequena novelilla de 3h escasas nas que hai conversas, diferentes sensacións, curiosidades, ... Así que intentarei chegar a Baiona con algo máis que un sorriso jejej

Apertas e a ver que pasa mañá! Bailar
lobo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/12/10
240 Carreiras
183 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 07 Abr 2019, 9:16
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Maratón acabada!!! Noraboa por esa carreiraza! Non poño aqui a marca para que lle des ti a noticia a todos os teus followers jajajajajaja
Ron23

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
29/08/12
0 Carreiras
259 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Dom, 07 Abr 2019, 11:46
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Como lector habitual de tu diario y sin hacer spoiler, felicitarte por esa gran carrera.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 07 Abr 2019, 22:43
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Moitas grazas Lobo e Ron23! Aplauso
En breves xa poño a crónica Guiño
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 07 Abr 2019, 22:48
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

MARATÓN VIG-BAY

Novo sub3h, pero un maratón moi complicado. Moi contento polo resultado, pois sabía que non ía ser fácil conseguilo, pero sobre todo por como xestionei a segunda parte da carreira. Tiven que parar dúas veces para estirar o xemelgo (km 21 e km 27), e case se me sube varias veces máis. Aínda que ao final puiden ir coidándoo un pouco e facer 2h59'07". Polo que moito máis que contento. Disfrutei, si, pero con certo punto de preocupación por se non a podía rematar. Por sorte houbo final feliz!

----------
Crónica
----------

Despertei ás 5:15 para almorzar ben e con tempo. Aínda así, durmira moi ben e algo máis de 6 horiñas. Cheguei a Samil e todo moi frío, sen moito ambiente. Sacamos foto do Carma, pois eramos case corenta na maratón, e logo ao guardarroupa. Había que abrigarse ben ata último momento.

Saín con Sanmikel a ritmo tranquilo, sen preocuparnos moito co reloxo. Aos poucos metros, adiántanos o globo de 3h00 e vemos que vai un pelín máis rápido do que se esperaría. Nós imos ao noso.


Primeiros quilómetros por Samil... e cáenseme do bolsillo os tres xeles que levo (no km 3). Volvo para atrás, recólloos e continúo. Sanmikel e un grupiño lévanme uns 100m. Non hai necesidade de acelerar, así que sigo ao meu ritmo. Pouca historia durante varios quilómetros. Rodando case sempre só (un ratiño con Bea, a gañadora feminina, e outro ratiño con Manuel, do Veteranos Samil). Pero esencialmente só, con Sanmikel e un grupiño eses 100-150 metros por diante. Aplaudindo á xente que estaba nas rotondas, porque polo resto... Protección Civil e pouquiño máis. Bueno si, o resto de corredores que é inevitable saudar (Lihto, Jotaeme, Anpefi, Chamorun, Lolinho, ...), ou tamén outras persoas coñecidas. Era como un soplo de aire fresco!

Así chegamos ao km 13, onde facemos o xiro de 180º para volver a Samil. Acelero un pelín e pouco antes do km 15 alcanzo a Sanmikel e outros dous rapaces. Imos 5 segundos por detrás do tempo obxectivo, é dicir... case clavados! Ademais agora é favorable. Vou moi moi cómodo, sensacións boísimas! Falamos, facemos bromas, presentámonos. Dito de outra forma, estamos disfrutando.


Entramos de novo en Samil e pasamos a media maratón en 1h29'12". Isto pinta moi moi ben!

Acercámonos ao xiro de 180º en Samil, e xa vemos un montón de xente! Eses segundos van ser espectaculares! Amina, Doctor Slump, Xb74 co cencerro e todo Melide, Mon, Chancletas, Antón, compañeiros do Carma, Pi, Banderas, ... Unha pasada!!!

Fago o xiro con Sanmikel. Aplausos, saúdos, fotos. Todo é de película!


Pero 200 metros despois sinto que o xemelgo dereito (o do aquiles) se me contractura (o xiro fíxeno moi rápido e forzando a postura un pelín). Dou uns saltitos coa perna esquerda e golpeo o xemelgo. De peito ía de fábula, e muscularmente tamén ata ese momento. O aquiles si que o sentía, unha pequena molestia, non debería nin dicilo. Pero o do xemelgo non pintaba ben. Sigo uns metros... e fai o amago de que se me sube. Decido parar e estiro durante uns 10-15 segundos nunha farola.

Volvo a ir só. Deixamos Samil atrás e xa é o km 22, queda un mundo, pero as sensacións co xemelgo melloran. Acelero un chisco e alcanzo a Sanmikel e otro rapaz que ía con nós. Sigo atopándome moi ben, agás o xemelgo que o noto cargado, pero non como antes. De feito comezo a tirar eu, imos a 4'10"/km máis ou menos. Pasan os quilómetros e acercámonos ao globo.

Xusto no final da subida a Mide, no km 27, súbeseme de novo o xemelgo e paro. Volvo a estirar, agora uns 30 segundos. Resoplo e a cabeza comeza a dar moitas voltas. Volvo a correr e as sensacións son moi malas.

Pasan os quilómetros e non mellora, pero polo menos está estancado. Volvo a retomar ritmo (4'07"-4'11"), como íamos antes. Aínda que Sanmikel xa está 200m por diante. Eu teño que ir ao meu.

Acercámonos á baixada a praia América, e aparece un chisco de nada o vento. Aínda así, vou acercándome a Sanmikel e ao globo moi pouco a pouco. Pasan os quilómetros e xa estamos na baixada á praia, km 33. Deixome levar para non forzar, pero xusto na subida do pavillón contractúraseme máis. Miro o reloxo e boto contas. Vou para 2h57' alto ou 2h58' baixo. Non podo arriscar nada. De peito noto que xa van trinta quilómetros, pero vou moi ben. Aínda que iso da igual, porque se o xemelgo segue así vou ter que parar e andar. Entón é mellor regular e intentar xestionar ben. Intento coidar todo o que podo a forma de correr (zancada moi pequeniña) e ir rapidiño pero sen arriscar nada nada.

Miro que Sanmikel adianta ao globo. Vamos Óscar!!! "Baixar de 3h vaiselle quedar curto", penso.

Estamos en praia América, pouco vento para estar alí. O tempo que estamos a ter é espectacular! Eu sigo ao meu ritmo. Agora xa vou a 4'15"/km segundo arriba ou abaixo.

Comezo a darlle voltas a que pasará en Monte Lourido. Chego alí e subo con moita calma: 4'20", 4'30"... Agora a baixada! Disfruto dos gaiteiros, da xente animando. Pero logo está o peor, a subida de 300m ata volver á estrada. Aí comezan a notarse os quilómetros e xa non vou tan cómodo. Sen esquecer o xemelgo claro. Porque xiro á dereita e novo miniamago. Pequeno, pero o xusto como para que me entre o medo no corpo de novo. Todavía é o km 38.

Chegamos á Ramallosa no km 39, intento animar, facer coñas coa xente que ve a carreira, coas persoas voluntarias. Teño que evitar pensar no xemelgo. Ese quilómetro 39, o km 40 e o km 41 saen en 4'18", e o xemelgo parece controlado máis ou menos. Vamos!

Pasamos Santa Marta, está feito! Recta de meta. Meus pais, coñecidos... Aquí si que hai ambiente!

Miro o reloxo ao fondo, 2h58'. Obxectivo conseguido! Vou baixar! Reláxome e disfruto da chegada.

Tempo neto: 2h59'07"
Tempo oficial: 2h59'11"

Posto final: 58

Si! Conseguino!

Vexo a Sanmikel! Abrazámonos! Salto enriba del e cólleme no colo! Isto é unha pasada! Dime que fixo 2h56' como se fose calquera cousa. Cóntame que entrou coa filla. Chegan compañeiros cos que compartimos momentos da carreira. Algúns coñecidos, outros non. Pero esta maratón se algo é, é emoción!


Quedámonos uns minutos na meta. Saboreándoo. Estou moi contento, pero cunha sensación rara. Sinto que me salvei dunha boa. Estou máis contento por como xestionei a carreira que polo tempo. Como dixen onte, isto é como unha novela curta de varias horas. Isto é a maratón!

Abastecemento, máis coñecidos, charlas, comentarios. E retirada, que o frío pela e a chuvia amenaza.

-----------
En resumo:

Moi contento coa carreira. Tanto polo resultado (un novo sub3h) como por como foi (cousas así poden pasar). As 14 semanas de preparación foron raras como explicaba estes días, e evidentemente non chegaba nas mellores condicións. Así que precisamente por iso teño que saborear ben esta maratón.

Xa son 9 as maratóns que corrín. A seguinte? A seguinte non sei, pero agora toca descansar e recuperar o aquiles ben (penso que é o causante dos calambres). Unha semana mínimo parado sen facer nada, e despois seguramente evite correr durante un tempo para intentar recuperarme ben. Xa o pensarei.

-----------

Pouco máis. Agradecer todos os ánimos aos que vos pasáchedes polo diario nos últimos días. Ademais de todas as persoas que xa mencionei na crónica, hai moitas outras. Como os ánimos de Govi, por exemplo. Moitísimas grazas a todos, de verdade!

Así como aos fotógrafos das fotos! Tanto as imaxes de Faro de Vigo, Metropolitan ou as propias da organización da VigBay, como as que con todo o cariño fixeron Chancletas, Pi, Banderas, Govi, Lisi, Amarra e moitos outros. Grazas!

Por último, quero felicitar a todas aquelas persoas que corríchedes hoxe (fosen á media ou á maraton), mostrar o meu asombro aos tolos como Lihto ou Jotaeme que correran o domingo na Coruña.

Pero sobre todo, merece unha mención especial Sanmikel!
Espectacular! Merécelo Guiño


Última edición por sonsuso o Lun, 08 Abr 2019, 18:41; editado 1 vez
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 08 Abr 2019, 5:16
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Parabens!!!! Sodes unha raza especial
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 08 Abr 2019, 7:34
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Aplauso Aplauso


qué ben poder desfrutalo así!!
Ron23

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
29/08/12
0 Carreiras
259 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 08 Abr 2019, 7:48
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Moi boa crónica e moi ben disfrutada pese aos problemas co xemelgo. Todo un exemplo de como deberiamos correr sempre, disfrutando como cativos.
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Abr 2019, 17:27
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Enhorabuena por esa gran carrera.
Pese al aquiles, a las cuestas, a las subidas de gemelos y todo, bajaste de las 3 horas. El día que pilles una maratón llana y hayas podido prepararla sin problemas vas a ir con la élite.
Muy buena crónica, y bonitas fotos, la del abrazo con Sanmikel en meta es emocionante
lobo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/12/10
240 Carreiras
183 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Abr 2019, 20:46
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Sensacional!! A carreira e a crónica.

Certamente, a túa maratón de onte seguro que a recordarás toda a vida por ese punto épico da ameaza de abandono por lesión...

Noraboa e agora a recuperarse ben, que dentro de nada... a pola décima!!!
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
100 Carreiras
1020 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 08 Abr 2019, 21:37
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Magnífica carreira, magnífica crónica. Desfruta do subidón, e a recuperar con calma, que tes moito que dar todavía.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos