Foros ›
Sorteo 2 dorsais IV Trail de Celanova (31/03): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 03 Mar 2019, 22:54
Asunto: Sorteo 2 dorsais IV Trail de Celanova (31/03): PECHADO

IV Trail de Celanova
Domingo 31 de marzo de 2019


Que se sortea?
1 dorsal feminino e 1 dorsal masculino
IMPORTANTE: é imprescindible indicar a cal dos dous se opta!
De non ser así, a mensaxe non será válida.


Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento

REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Celanova, domingo 31 de marzo de 2019.
Web da carreira: championchipnorte.com/...e-celanova
Enlace ao calendario: www.correrengalicia.or...e=20190331

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o luns 04 de marzo ao xoves 07 de marzo de 2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 07 de marzo. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 04 de marzo ata as 23:59 do xoves 07 de marzo). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Xov, 07 Mar 2019, 23:03; editado 1 vez
xaviarnoia

Novo foreiro
Novo foreiro
17/05/13
12 Carreiras
40 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Mar 2019, 15:38
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais IV Trail de Celanova (31/03): ata o 07/03

Quero participar no sorteo, dorsal masculino.
Como vexo q ninguén se anima, lanzo eu a "primeira pedra". É un trail con un chisco de todo e cunha organización e un post carreira espectacular. A saída e chegada dente o claustro do mosteiro e algo q non se atopa en ningunha outra carreira.
odasi

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/10
0 Carreiras
22 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Mar 2019, 18:07
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais IV Trail de Celanova (31/03): ata o 07/03

Apuntomeeeeee!!!!! Vamos a por eSe dorsal a sumar km as rodas
ARBITRUCHO

Maratoniano
Maratoniano
12/04/09
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Mar 2019, 18:09
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais IV Trail de Celanova (31/03): ata o 07/03

Quero e desexo participarno sorteo, dorsal masculino.
E unha carreira na que levo participado en tódalas edicións, ten de todo, xa que na última edición fixeronnos cruzar o río.
Organización expectacular, de dez, un post carreira de comer e beber a fartar. E como non a saída e chegada dentro do Claustro, mimadriña, para non perdelo.
mngarcia1989

Novo foreiro
Novo foreiro
7/03/19
1 Carreiras
1 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Mar 2019, 18:11
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais IV Trail de Celanova (31/03): ata o 07/

Eu tamén me apunto para o dorsal feminino!! Sería a primeira vez en Celanova para o trail
Nada mellor que sumar km nas pernas con nova experiencia! Moi feliz
odasi

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/10
0 Carreiras
22 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Mar 2019, 18:22
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais IV Trail de Celanova (31/03): ata o 07/03

Apuntomeeeeee!!!!! Vamos a por eSe dorsal a sumar km as rodas
odasi

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/10
0 Carreiras
22 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Mar 2019, 18:26
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais IV Trail de Celanova (31/03): ata o 07/03

Apuntomeeeeee!!!!! Vamos a por eSe dorsal a sumar km as rodas
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Mar 2019, 23:02
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais IV Trail de Celanova (31/03): ata o 07/03

Sorteo finalizado, muchas gracias por participar. Anunciaremos los nicks de los ganadores el viernes 8 de marzo. Recordad que una vez publicados, dispondréis de 48 horas para enviarnos vuestros datos.

¡Suerte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Mar 2019, 15:12
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais IV Trail de Celanova (31/03): PECHADO

Resultado: ARBITRUCHO

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

- Nombre y apellidos
- Fecha de nacimiento
- DNI
- Localidad
- Talla de camiseta
- Nick personalizado para el dorsal
- Email
- Teléfono
- Club al que perteneces
- Si estáis o no federados
- Nº de federado
- Nº de chip de CCNorte (en caso de tenerlo en propiedad, si no, indicar que no lo tenéis)
¿ESTAS EMPADRONADO EN LA COMARCA DE CELANOVA? (Sí/No):
¿ERES EXTRANJERO FUERA DE ESPAÑA? (Sí/No):

Es importante recordar que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos los datos, se perderá el derecho al dorsal y será repetido el sorteo entre los suplentes

Link al resultado: www.randorium.com/es/WhAqFVg5



El dorsal de chicas queda vacante por no presentarse ninguna que cumpliese los requisitos. Quedan fuera del sorteo odasi, mngarcia1989 por no estar inscritas en el Circuito
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 10 Mar 2019, 15:28
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais IV Trail de Celanova (31/03): PECHADO

No habiendo recibido los datos de Arbitrucho a tiempo, el dorsal pasa a pertenecer a Xaviarnoia. Envíanos tus datos para que podamos proceder a gestionar tu inscripción.
xaviarnoia

Novo foreiro
Novo foreiro
17/05/13
12 Carreiras
40 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 10 Mar 2019, 18:03
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais IV Trail de Celanova (31/03): PECHADO

Correo enviado, moitas grazas e un saudo. Vemonos en Celanova





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos