Mar, 04 Dec 2018, 13:37
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)
Resumo da fin de semana do 1 e 2 de decembro de 2018
Se algo nos queda claro esta fin de semana, é que somos un gran equipo. Non só competindo ou adestrando, senón tamén o seguimento e apoio aos nosos compañeiros que esaban a competir foi espectacular estes días.
Á redacción deste diario chegou información sobre tres carreiras, aínda que sabemos que algunha máis houbo.
Maratón de Valencia
Seis nécoras, seis estiveron na cidade do Turia dispostas para pisar a alfombra azul do Oceanográfico levantando os brazos en sinal de victoria. E destas seis, dúas eran debutantes.
A máis de 900 km estaban, pero non soas. Porque un montón de compañeiros seguían as súas evolucións a través das novas tecnoloxías e da Radio CARMA coa que puidemos estar informados cada minuto dos seus tempos, ritmos, ... Ata con publicidade!
Podedes atopar as crónicas de
moterodeseco e de
Aurora no enlace que hai ao final da mensaxe. Non teñen desperdicio!
Ademais, estes foron os resultados das seis nécoras:
Isaac.m.f. 2:53:23
moterodeseco 3:06:52
kyusvi 4:12:40
Aurora 4:15:01
Khene 4:36:29
Mención especial para o noso compañeiro
asiss, que non logrou rematar esta maratón. O noso experimentado maratoniano comentounos o seguinte: "Hoy no fue mi día. Malas sensaciones, piernas pesadas y al final decidí parar, dejar de luchar por algo que no iba a salir. Ahora toca recuperar y pensar en la siguiente." Moito ánimo compañeiro!!!
Carreira Solidaria Nocturna de Bembrive
Espectacular carreira nocturna, das que gardan as vellas esencias do que para moitos debe de ser o atletismo popular. Organizada pola asociación de veciños de Bembrive, co pago da inscrición a través de alimentos, un circuíto de 6,1km con continuos subes e baixas que non dan respiro, un magosto ambientado con música e con castañas e cervexas ao rematar. O dito, unha pequena festa do atletismo popular en Vigo!
Podedes atopar a crónica de
sonsuso no enlace que hai ao final da mensaxe.
Ademais, os nosos compañeiros
karames e
Luis Sa lograron terceiros postos na súas respectivas categorías. O resto de resultados foron:
Luis Sa (3 VBM) 0:21:52
Sanmikel (8 VBM) 0:22:52
Sonsuso (4 SNM) 0:23:08
Cristian Valencia (5 SNM) 0:23:08
Maikel (36 VBM) 0:26:15
Karames (3 VDM) 0:26:16
Xan (45 VBM) 0:27:11
hysmh (61 VBM) 0:28:49
Antonio Barroso (16 VCM) 0:30:37
lisi (10 VBF) 0:32:55
XLV Trofeo Pedestrismo Concello de Cangas
Sexto da xeral e segundo de categoría foi o resultado do noso compañeiro
lybri nesta carreira de 10K cun perfil complicado.
---------
Isto foi todo por esta fin de semana. Como sempre, podedes consultar todo tipo de detalles, fotografías e minicrónicas que escribiron as nosas nécoras no enlace:
Minicrónicas da fin de semana do 1 e 2 de decembro.