Foros ›
Autor
Mensaxe
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
16 Carreiras
508 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Xov, 15 Nov 2018, 18:32
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Ya queda poco Meiga. ¿8 años ya de San Martiño?. Tu caso es como Rafa Nadal, que se suele lesionar en la parte baja de la temporada, para luego llegar a tope a Roland Garros, en tu caso aplicado a la San Martiño.
Muchas suerte y a disfrutar del día
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Xov, 15 Nov 2018, 19:51
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Una vez empiece la carrera no pienses, disfruta. Guiño
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 15 Nov 2018, 22:24
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela : 4 día ADSM. Cura, avogado e doutor, canto mais lonxe mellor "

Iso di a copla, e con frecuencia a sabiduria popular acerta de pleno... O caso é que a estas edades toca pasar por varias ITV , unha delas a de xinecoloxia, e de alí mandaronme a facer unha densiometria ósea, que polo visto é preceptiva antes de cumplir os 55... Eu vivía tranquila e despreocupada pensando que a miña bascula non mentía e que o meu esqueleto estaba dentro do normal. Pero non, peso dous quilos máis, cousa que tampouco ten tanta importancia. O preocupante é que me detectaron osteopenia. Xa en xuño o médico de cabeceira me mandara tomar vitamina D e non lle fixera moito caso .Xa se ve que isto vai en serio. Pero diso xa me preocuparei dentro de 8 días cando vaia a entregar os resultados.
Agora o pensamento está na San Martiño.
Con moita ilusión, Suso, porque creo que imos ser unha chea de nécoras á beira do Miño ese dia , e desde abril perdinme varias Carmafotos importantes
Respecto do paralelismo San Martiño / Roland Garros, non sei se me darei vido arriba tanto como Nadal, Pollastre. Creo que a estas alturas con acabar en menos de 60 minutos xa estaría ben.
E por suposto que o asunto é disfrutar, Beu,iso sempre. Disfrutar é sentir a sensación exacta de que as pernas , os pulmóns e o cerebro non se levan a contraria. E que é o cerebro o que guía , e os pulmóns e as pernas obran en consecuencia.Sen molestias de mención nin semáforos en laranxa.Pouco a pouco vou estando nese punto, aínda que os ritmos sexan penosos comparados cos de hai un ano.
Esta mañá volvín facer campamento base no pendello-taller, pero só tiven tempo de facer 29 minutos pola Guía antes de xantar. A sesión de ximnasio de onte axudou bastante a levar as subidas aceptablemente.
Mañá a última saída longa. E pasado xa en Ourense collendo de novo un dorsal despois de sete meses e medio Sorriso
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 18 Nov 2018, 23:29
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: XLII Carreira pedestre popular da San Martiño

Corenta e dúas para os habitantes de Sparkland, oito para min, coma os compases do mambo.

A estas alturas xa é redundante dicilo, pero toda aventura comeza de vispera. Disque algunha xente só se lembra de Santa Bárbara cando trona. Eu téñolle máis lei ós meus santos, e de San Martiño e da San Martiño acórdome sempre, e nestes días aínda máis. Con esta frecuencia de sesións de ximnasio tan irregular e con ritmos de rodaxe a 5:50 , só me quedaba poñer velas e esperar miragres.

Un anticipo de miragre foi chegar na hora prevista sen retrasos a Ourense o sábado. Tocaba ir por segunda vez a Expourense, non só pola recodilla dos dorsais, senón por ver á miña archirrival pisando podium novamente na entrega de premios do circuito Correndo por Ourense.

Miragre case tamén foi lograr contactar telefonicamente co compañeiro de club que me encargara recoller o dorsal. A pesar de ser eu unha toupa coas TIC, a historia rematou ben

Logo cea caseira, de menú para atletas, con bebidas sen alcohol, cociñada pola miña archirrival ( bos detalles que me fan levar con agradecemento e sen xenreira os moitos minutos que me mete por carreira de un ano para aqui)

Ata fixen exercicios de reforzo e estiramento despois, antes de irme deitar cedo. Parecía que todo ía encaixando á perfección ata o momento en que tiven que erguerme para ir ó baño. De primeiras cain mareada na cama sen lograr completar a maniobra. De segundo intento , conseguino indo ás apalpadas polas paredes. E máis ou menos o mesmo nas outras dúas veces que me tocou volver .

O diagnóstico tíñao claro, porque xa me ten pasado outras veces: Baixon brutal de tensión por estrés laboral e doméstico, e falta de sono nas últimas semanas. Pero de pouco vale o diagnóstico se non se aplica un tratamento. Agora si que facía falta un bo miragre e rezar con fervor a San Martiño. Tratei de durmir como puiden e xa ás 8 da mañá me animei a almorzar abundante para poñer remedio á situación, pero todo era un círculo vicioso: “Estou mareada porque ando con estómago baleiro, pero non podo meter nada no estómago porque estou mareada”. Pouco a pouco fun comendo algo e remontando, pero para que San Martiño atendese ás miñas oracións de contado, acabei por recurrir a unha plegaria máis contundente: Un te verde ben regado con “pingas” de augardente de cana de azucre procedente da illa de Madeira que andaba por un andel da cociña.

Máis ou menos fixo efecto, pero cando saín de casa a iso das 9:50 aínda tiña a sensación de ser un parrulo peneque caendo para os lados. O aire fresquiño da mañá foime espabilando e cando cheguei á rotonda do Nexus xa era completamente eu mesma.

Xusto á hora acordada, o compañeiro de club apareceu por alí e lle pasei o seu dorsal. Xa libre, tiña media hora por diante para quentar, pero case me sentía fora de lugar, eu soa dando voltas entre a rotonda do Nexus e a do pavillón tan cedo, recén posta a megafonía. Claro que iso non durou moito, pois xa logo fumos 3, 10, 25, e centos e moreas.

Ás 10:25 parei para xuntarme coas outras nécoras do CAR Marisqueiro a facer a Carmafoto , cousa que non tiña oportunidade de facer desde o mes de abril na Vig Bay, longos 7 meses sen poder tomar parte na festa.

Entre as menos vinte e menos cuarto aínda houbo tempo de estar na fotokedada do foro, e volver a saludar despois de tanto tempo a Papa-Léguas, Matogrosso, Orion, Anpefi, e Amina mais Litho que case non chegan. Por suposto, Baoes no centro da foto, coa a súa camisola celebrativa.

De alí a moi pouco tocou ir cara os caixóns de saída, e tomar un par de gominolas das miñas para non ter un baixón nada máis arrincar. Estratexia, a de sempre: Saír pegada ós globeiros de 50 minutos, deixalos ir indo pouco a pouco e evitar ser rebasada polos globeiros de 55 minutos, ou en caso de fallar as forzas ó longo da carreira, pegarme a eles.

E así foi funcionando pola Ponte do Milenio arriba. Cando estaba xa chegando ó primeiro xiro á dereita na rúa da Estación, caio na conta de que xa me van diante os globeiros de 55 minutos. E non, aínda non era momento en absoluto de deixalos ir. De contado, aproveitando o xiro cara avenida das Caldas rebaseinos, e collin pulo cara a costa abaixo, disfrutando, sen molestias no corpo, feliz de formar parte desa serpe de mil cores pasando pola Ponte Vella.

Na rúa Progreso San Martiño mandoume o primeiro anxo da garda. “Ánimo , Alicia” Era Aurora que viña adiantando con forza. Por uns momentos seguina. Valeume para coller ritmo e posicións, pero ela ía na súa carreira e eu na miña. En calquera caso un soplo de forza para agradecer.

Por Doutor Fleming fun mantendo ritmo e sensacións , preparándome mentalmente para a subida da Avenida de Portugal. E xusto alí ven a darme pulo o segundo anxo da garda, Anpefi, con que me dou tempo de intercambiar un par de palabras e deixalo ir, lixeiro na costa arriba.

Cada ano a carreira faiseme máis acelerada e máis curta faga o tempo que faga. Parecía ir todo a cámara rápida, o botellín de auga no km 5 e xa de contado a xente saíndo da misa na catedral, a xente mirando na rúa do Paseo, a terceira alfombra de control e xa a rotonda de Curros Enriquez, a Ponte Nova, e a puñalada da costa de Francisca Herrera, que non por lembrada e esperada se fixo máis suave. Pero sobrevivín.

Tería pisado mais forte no segundo paso pola Ponte Vella, pero volvíamos a estar en tapón. E xa a hora da verdade por Pardo de Cela cara a meta. Que número me atoparei baixo o arco?

En fin, segundo baixaba cara a lafombrilla vin como ía cambiando a 55:00, e a 55:10 . Non importaba xa. Calculando co tempo neto xa me podía dar por contenta de ter acadado o obxectivo que me marcara. Xa podía respirar tranquila e marchar.

No camiño de volta houbo tempo de saudar a Montxo e escoitarlle falar maravillas da sua experiencia neoyorkina, e de dicirlle adeus a Matogrosso.

Recta final da axenda do día: Estiramentos, ducha, cervexas e tapas compartidas, máis revisión dos resultados en Championchip. Os meus resultados:

2414 de 3681 chegados a meta
264 de 775 mulleres
14 de 63 na categoria veteranas D
00:55:15 Tempo oficial
00:54:25 Tiempo Neto
Ritmo 05:31 / km
Ritmo Neto 05:26 / km

A miña archirrival foi segunda de veteranas D!!, pero os que fan as clasificacións da proba son tan agarrados, que no cadro de honra so figura a primeira persoa da categoría. Que lles costaría facer podiums de 3 como no resto das carreiras...
Se cadra saiu unha crónica longa de máis, e habería que resumir todo nunha frase, se cadra ésta: “Que bonito é estar de volta!!”


Última edición por Meigalicix o Lun, 19 Nov 2018, 12:18; editado 1 vez
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4686 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Lun, 19 Nov 2018, 9:08
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Enhorabuena por la vuelta Alicia,y un enorme placer volver a verte.
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
100 Carreiras
1020 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 19 Nov 2018, 9:37
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Ha sido un placer ponerte cara al fin en la fotokedada.

Enhorabuena por la carrera Aplauso Aplauso , y eso que viendo todas las señales que cuentas (tanto en esta crónica como en entradas anteriores de tu diario) paracería que no iba a llegar a buen término.

Gracias por lo de "ángel de la guardia" pero no hice más que comentarte lo que era obvio, que se te veía muy bien (llevaba unos 300 metros observándote antes de alcanzarte y se te veía bien fluida) y acto seguido abandonarte sin mirar atrás. Vamos que muy "ángel" Angel no pude ser Avergonzado

Ahora a seguir mirando para delante, y espero coincidir en muchas más carreras.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 19 Nov 2018, 10:21
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Como ti dis, noraboa por estar de volta Alicia! Aplauso Agora a seguir pouco a pouco, disfrutando e valorando as pequenas cousas que imos facendo, que non son tan pequenas Guiño
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 19 Nov 2018, 10:56
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Felicidades Alicia.
Me alegro que estés de vuelta sobre el asfalto Aplauso Aplauso Aplauso
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Lun, 19 Nov 2018, 13:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Dan ganas de decir que no me alegro por escribir algo diferente, pero es que nos alegramos todos de que estés de vuelta, Alicia. ¡Muy bien!

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 19 Nov 2018, 16:51
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:


Ritmo Neto 05:26 / km


Mucho, Meiga. Hiciste los deberes.
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Lun, 19 Nov 2018, 17:35
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Olé esa Meigalicix!

Fantástica crónica, y fantástica carrera también, teniendo en cuenta todo lo que me contaste en los prolegómenos, que hace falta tener mucho músculo del que no se ve, para poder con ello.

Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso

Se palpa además el mucho aprecio que le tienes a la ciudad de Sparkland, y a sus oriundos (por demás gente corriente, como la de casi cualquier otro pueblo o ciudad de nuestra geografía). Por poner solo un ejemplo, a la iglesia de Santa Eufemia la has elevado, así de un plumazo, al rango catedralicio.
Mr. Green
Bueno, Meigalicix en estado puro...
Pero hay que tener cuidado con esas cosas, que luego los forofos de la Pedestre de Santiago y su Obradoiro querido (las comparaciones siempre son odiosas) se te echarán al cuello y con razón... Razz

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
matogrosso

Multimedia
Multimedia
24/07/09
101 Carreiras
1348 Mensaxes
Aquae Urente
Respostar citando Envío Lun, 19 Nov 2018, 19:11
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Pues se ve que algunos de los diaristas habéis perfeccionado el noble arte de curar las lesiones justo a tiempo para las grandes ocasiones.
De ahí quizá lo de meiga...
En el San Martiño, desde luego, haberla húbola. Silbar

Y eso, como dice Papa-Léguas, no hagas como el Doctor, no nos cambies los nombres de los monumentos, que pa cuatro guiris que vienen a verlos, aun se van a ir pensando que son una chambonada. Ríndose

Homo homini gallicus canis
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Lun, 19 Nov 2018, 21:46
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

¡Brava Meiga! Aplauso Aplauso
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 20 Nov 2018, 20:06
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Papa-Léguas escribió:
Olé esa Meigalicix!
Se palpa además el mucho aprecio que le tienes a la ciudad de Sparkland, y a sus oriundos (por demás gente corriente, como la de casi cualquier otro pueblo o ciudad de nuestra geografía). Por poner solo un ejemplo, a la iglesia de Santa Eufemia la has elevado, así de un plumazo, al rango catedralicio. Mr. Green

Se Teo Cardalda podía ver océanos onde só había charcos , e ríos en lugar de asfalto, con máis razón unha servidora pode ver catedrais onde só había igrexas, estando como estaba gozando do día e da carreira... xa sabemos que o amor é cego , especialmente cando só se pasea polo casco vello de Ourense unha vez ó ano e sen moito sentido da orientación Guiño

Bromas e hipérboles aparte, moitas grazas a todos polos comentarios, que a alegría compartida sabe moito mellor

De momento tomeieme estes dous días de descanso atlético, facendo só a táboa mínima de exercicios de reforzo de glúteo. Mañá tocará ximnasio, pero espero poder facer os 27 km reglamentarios desta semana entre venres sábado e domingo.

No calendario non hai obxectivos marcados por agora, e como ben di Suso, agora toca ir recuperando a modiño. Se acaso, alá no fondo, lonxe, lonxe, está rebulindo certa idea de lograr mellorar a mmp na media de Vigo Baiona 2019, pero queda todo tan lonxe...
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
16 Carreiras
508 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 20 Nov 2018, 22:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Enhorabuena Meiga. Como siempre es bueno ver las cosas positivamente, al final hasta te vino bien el descanso del verano. En la crónica no me ha parecido leer las palabras "molestia" (lo pones una vez pero con el "sin" delante), "dolor" o "lesión".
A ver si el año que viene me coincide bien el calendario y coincidimos en esta carrera tan llana.
Saludos





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos