Xov, 23 Ago 2018, 14:08
Asunto: Re: Inscripción individual Circuito 2018-19
AJACAST, moitas grazas pola túa mensaxe e polas túas palabras de parte das cinco persoas que citas e que actualmente formamos o equipo de colaboradores do circuíto. Sendo conscientes de que facemos moitas cousas mal e que nos equivocaremos outras moitas veces, intentamos sempre buscar o mellor para o foro e o circuíto. Por este motivo estamos sempre abertos a opinións e críticas que poidan mellorar o que facemos, pero iso non quita que de vez en cando nos guste escoitar boas palabras.
Da mesma forma, como xa dixemos ao comezo, non deixamos de ser un equipo de colaboradores. Polo que neste equipo tamén se atopa o admin, sen o cal nada disto sería posible.
Por último, aproveitar esta mensaxe para agradecervos a todas aquelas persoas foreiras e inscritas no circuíto que ano tras ano estades aí. Con maior ou menor intensidade e participación, pero que permitides que algúns sigamos traballando con entusiasmo nisto, no Circuíto de Correr en Galicia. Grazas a vos.
Un saúdo,
O equipo de colaboradores de Correr en Galicia.