Foros ›
XI CARREIRA POPULAR DE OUTES 17/05/17
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 02 Mai 2018, 9:33
Asunto: XI CARREIRA POPULAR DE OUTES 17/05/17

Pois como no está aberto o tema, fagoo eu. Un ano máis, e coincidindo coma sempre co día das Letras Galegas, vaise a celebrar na localidade da Serra de Outes , esta bonita carreira de 10 Kms, que alterna asfalto, pistas de terra e paseo fluvial.

Xa está aberta a inscripción en Championchip, por só 2€ para os propietarios de Chip amarelo, e 4€ para os que non o teñan en propiedade.

Xa o sabedes, esperámosvos o día 17 de Maio na Serra.

Toda a información aquí, e se tedes algunha dubida preguntadea.

championchipnorte.com/...outes-2018
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mér, 02 Mai 2018, 12:36
Asunto: Re: XI CARREIRA POPULAR DE OUTES 17/05/17

grazas!!! Bailar

-- Chámame "ghose"
richiarg

Maratoniano
Maratoniano
19/12/13
108 Carreiras
323 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 02 Mai 2018, 13:22
Asunto: Re: XI CARREIRA POPULAR DE OUTES 17/05/17

hola, me podeis comentar algo mas del recorrido, tengo gente interesada a ir pero les gustaria conocer un poco mas de info sobre el perfil, podeis ayudarme. gracias
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Mér, 02 Mai 2018, 14:05
Asunto: Re: XI CARREIRA POPULAR DE OUTES 17/05/17

Hola richiarg, te dejo aquí un link al perfil de wikiloc:

es.wikiloc.com/rutas-c...s-17786732

Y también un link al hilo de la carrera del año pasado. Si el recorrido es el mismo, ahí te aparece una descripción detallada realizada por Kurty:

www.correrengalicia.or...ight=outes
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 02 Mai 2018, 14:38
Asunto: Re: XI CARREIRA POPULAR DE OUTES 17/05/17

richiarg escribió:
hola, me podeis comentar algo mas del recorrido, tengo gente interesada a ir pero les gustaria conocer un poco mas de info sobre el perfil, podeis ayudarme. gracias

O percorrido da carreira vai ser o mesmo do ano pasado,
Saindo a carón do campo de fútbol. O 1º Km. por asfalto é practicamente chan
No 1,200 xusto ao pasar a Gasolinera direción Noia collemos a esquerda e subida de 50 mts. durechos, (pero ahí estamos cheos de enerxia Muy feliz ), ao rematala enlazamos co 1º tramo de terra en baixada uns 100mts e subidiña moi lixeira duns 50 mts para a continuación baixar por terra uns 150mts.
Km 2 con varios sube e baixas, pasando por detrás do circuito de Karts; do 2,600 ao 3100 baixada e llanear, xiramos a dereita e subida levadeira de 230 mts. A partir de ahí outro tramo en terra duns 500mts. cunha lixeira subida ao final deles duns 70 mts. suaviños e xa estamos no km4.
Agora baixada e outro tramo por terra cunha subida duns 300 mts. sendo a mitad deles duros.(a min esta subida atragántaseme) P.k. 4500 e entramos no asfalto para facer 500 mts. chans e chegar ao Km 5 de carreira (control de chip) baixada de 150 mts e subida tendida de 200 mts (por aquí, debe estar o avituallamento).
A partir de eiqui so queda unha subida o resto xa é baixar e llanear. Por asfalto e terra.
No pto. Km. 7 está a derradeira subida da carreira, xusto ao pasar a Ponte do Ruso (fermosa ponte de granito do ano 1746 cun único arco de medio punto de 11,5 mts. de longo que cruza o rio Tines).
Aquí temos 170 mts. duros e por terra, pero xa temos rematada a carreira en canto a dificultades xa que dende aqui Km7,300 máis ou menos e todo doado para voar os que teñan forzas. Pk. 8 está chegando a piscina,
Ao chegar o P.k.8,400 entramos no paseo fluvial a carón do Río Tines, sendo algo máis dun kilómetro.
Rematamos o paseo, cruzamos pola ponte/pasarela de madeira do río Tines e so quedan 500 mts. e a carreira está rematada, só nos queda agardar polos aplausos do público na chegada Sonriente Sonriente

Un saudo.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 02 Mai 2018, 14:45
Asunto: Re: XI CARREIRA POPULAR DE OUTES 17/05/17

Richiarg, o percorrido é entretido, xa que combina un pouco de todo (asfalto, pistas de terra, e cemento polo paseo fluvial).
O perfil como suele ser habitual en Wikiloc, tende a engaño cando hai subidas, xa que a maior elevación en mts. son 60.
Sendo un percorrido levadeiro.

Un saudo, e vos esperamos na Serra de Outes.
Keka77

Organización
Organización
10/03/14
0 Carreiras
233 Mensaxes
Frades
Respostar citando Envío Mér, 02 Mai 2018, 16:16
Asunto: Re: XI CARREIRA POPULAR DE OUTES 17/05/17

O percorrido de 3 km alguén sabe cal e a súa orografía.
Gracias
jesusb

Maratoniano
Maratoniano
11/05/07
2535 Carreiras
6615 Mensaxes
Ferrol (Coruña)
Respostar citando Envío Mér, 02 Mai 2018, 17:35
Asunto: Re: XI CARREIRA POPULAR DE OUTES 17/05/17

Participaré en ambas.

www.facebook.com/jesus.bernalgomez
richiarg

Maratoniano
Maratoniano
19/12/13
108 Carreiras
323 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 03 Mai 2018, 22:04
Asunto: Re: XI CARREIRA POPULAR DE OUTES 17/05/17

muchas gracias Kurty, intentaremos estar
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 13 Mai 2018, 15:29
Asunto: Re: XI CARREIRA POPULAR DE OUTES 17/05/17

Nestes momentos, xa pasamos dos 100 inscritos na carreira de 10 Kms e recordarvos que o prazo de inscripción remata mañán luns pola noite.
Darreina

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
26/09/11
5 Carreiras
258 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 17 Mai 2018, 19:33
Asunto: Re: XI CARREIRA POPULAR DE OUTES 17/05/17

Estupendo ambiente e con un condado e mimo por parte da organización ata límites difícilmente superables. Grazas, grazas e grazas. ( As costas e o calor entraban no mesmo paquete Molón . Tampouco estuvieron tan mal Guiño )





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos