Foros ›
Autor
Mensaxe
RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 11 Abr 2017, 11:29
Asunto: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

Como ben sabedes, o Circuito de Carreiras Run Run Vigo, daba comezo o pasado domingo 2 co medio maratón VIG-BAY, polo que abrimos este fío para informaros de todas as probas restantes.



Deixámosvos o regulamento do circuito e lembrámosvos que todos aqueles que participastes na primeira das carreiras xa formades parte do circuito , polo que vos convidámosvos a que nos acompañedes no resto de probas pertencentes o Run Run Vigo.

Podedes seguirnos tamén a través da nosa web , facebook e twitter.

NORMAS REGULADORAS DO CIRCUÍTO RUNRUNVIGO 2017:

1.- PROBAS DO CIRCUÍTO:



2.- CATEGORÍAS PARTICIPANTES:




Os/As atletas quedarán inscritos a efectos de clasificación no circuíto por ano de nacemento.
O/A atleta que, a nivel federativo, por cuestións relacionadas coa súa data de nacemento,
cambie de categoría en parte das probas, puntuará, a efectos do circuíto, na categoría inicialmente inscrito.
Os/As atletas das categorías 2, 3 e 4 poderán competir na categoría 1 unicamente se o especifican á organización na primeira proba na que se inscriban.

3.- INSCRICIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL “CIRCUITO DE CARREIRAS
POPULARES RUNRUNVIGO 2017”:

· Automática: Os/as participantes inscritos/as en calquera das probas quedarán incluídos automaticamente no circuíto RunRunVigo 2017 salvo petición contraria escrita dirixida polo/a atleta á organización do circuíto.
· Gratuíta: A inscrición no circuíto é gratuíta.
· Independente: A inscrición no circuíto RunRunVigo 2017 é independente da que se realiza en cada unha das probas. Polo tanto, independentemente de estar inscritos no circuíto, o/a atleta deberá formalizar a inscrición en cada unha das probas segundo as normas específicas de cada unha delas.
· Clasificación de Club: Haberá unha clasificación final por equipos.

4.- INFORMACIÓN XERAL DO CIRCUITO RUNRUNVIGO 2017:
Dispoñíbel en www.runrunvigo.vigo.org, www.vigo.org, www.vide.es e www.championchipnorte.com .

A listaxe coas puntuacións parciais da cada un dos e das participantes exporase na web do circuíto www.runrunvigo.vigo.org, na web da Concellería de Deportes (www.vigo.org ) e na da Fundación VIDE ( www.vide.es ).

5.- PUNTUACIÓNS DAS PROBAS:
Os e as participantes no circuíto irán conseguindo puntuacións en cada unha das probas,
as cales irán sumándose. A puntuación sairá da clasificación particular por categoría dos inscritos no circuíto segundo os tempos en cada proba do circuito.



6.- CONTROL E XESTIÓN DE RESULTADOS:
O Control e xestión dos resultados das probas estará centralizado a través dunha plataforma única, championchipnorte.com. O Concello de Vigo, actualizará as clasificacións cos datos aportados por cada unha das probas, e publicará a clasificación.
O Concello de Vigo non se fai responsable dos posibles erros nas clasificacións remitidas por cada un dos organizadores das probas.

7.- PREMIOS FINAIS POR CATEGORÍAS:
7.1.- Os premios en metálico ós/ás gañadores/as do circuíto outórganse con independencia dos que cada unha das probas entrega ós mesmos.
Categorías* 1º Clasificado/a 2º Clasificado/a 3º Clasificado/a



*Para ter dereito ó premio metálico, o/a atleta deberá ter rematadas como mínimo 6 probas, e a categoría deberá contar cun mínimo de 5
atletas inscritos/as que remataran polo menos 6 probas. Nas categorías F-3 e F-4 non haberá participación mínima esixida para optar ós
premios en metálico. A estes importes aplicaranse as retencións obrigatorias por lei.

· Criterios de desempate: En caso de empate, utilizaranse os seguintes criterios no orde que se detalla en caso de persistir o empate:
· 1º criterio: Nº de probas disputadas ó final do circuíto.
· 2º criterio: Nº de probas gañadas.
· 3º criterio: Mellor posto na derradeira carreira do circuíto.
· Galardóns para campións e campioas do circuíto RunRunVigo 2017: ó remate do circuíto, farase entrega nun acto de clausura do campionato dos premios correspondentes ós gañadores e as gañadoras do Circuíto RunRunVigo 2017 en cada unha das categorías.

7.2.- PREMIO MELLOR CLUBE CIRCUÍTO RUNRUNVIGO 2017:
A organización outorgará o trofeo ó mellor club do circuíto 2017. Na clasificación de entidades, irán computando os puntos que consigan todos os atletas de cada un dos clubs.

8.- RECLAMACIÓNS:
Os participantes no circuíto terán 5 días naturais desde a publicación da clasificación de cada unha das probas para remitir por escrito calquera reclamación á dirección de correo electrónico: vide @ vide.es.

Praza do Rei s/n. 36202 Vigo – 10ª P
Telf: 986.81 02 95 / 986.81 02 37 – Fax 986 22 47 77
web:www.vigo.org - email: concelleriadeportes @ vigo.org



runrunvigo_17_cartel.png
Descrición: Run Run Vigo 2017.
Visto: 6580 veces
runrunvigo_17_cartel.png

RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 17 Abr 2017, 19:13
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras - XI CUVI 23/4

Comeza a conta atrás para pechar inscricións na Happy Go Running!
Nos vos quededes fora da 2ª carreira do circuito RUN RUN VIGO, aínda podedes inscribiros ata o día 19 ás 23:59 no seguinte enlace

deporxest.uvigo.es/Web...tos.jsp…

E lembrado que podedes escoller entre tres modalidades;
10K / 6,6K / Andaina.

AGARDÁMOSVOS!!!


RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 18 Abr 2017, 19:26
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

A piques de entrar nas derradeiras 24 horas de inscrición da Happy Go Running lembrámosvos o percorrido e o perfil das probas 10K e 6,6K.





E da Andaina





Nesta carreira, ademáis de disfrutar de unha mañán "HAPPY" puntuaredes para o RUN RUN VIGO , Circuíto de Carreiras Poderes inscribiros en deporxest.uvigo.es/Web...tos.jsp…


AGARDÁMOSVOS!!!!
DVP76

Novo foreiro
Novo foreiro
16/03/15
10 Carreiras
5 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 19 Abr 2017, 10:36
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

Hola, hoy no deja inscribirse en Happy Go Running!!
DVP76

Novo foreiro
Novo foreiro
16/03/15
10 Carreiras
5 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 19 Abr 2017, 10:44
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

Perdón en la página www.deporxest.uvigo.es
Disculpad el error!!
RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 19 Abr 2017, 18:34
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

XA SOMOS MÁIS DE 500 NA HAPPY GO RUNNING!!!!

Si aínda non estás inscrito, tes ata as 23:59 de hoxe para facelo, só tes que entrar no enlace
www.deporxest.uvigo.es...ividad=971

Ademáis de pasar unha gran mañán practicando deporte, poderes optar a estos premios e agasallos.



ESPERÁMOSTE NA 2º PROBA DO CIRCUITO RUN RUN VIGO!!!!


Última edición por RunRunVigo o Mér, 19 Abr 2017, 18:42; editado 1 vez
RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 19 Abr 2017, 18:36
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

DVP76 escribió:
Hola, hoy no deja inscribirse en Happy Go Running!!

Hola DVP76, el enlace que compartimos efectivamente da error.
Probablemente borramos algún caracter al pegarlo, pedimos disculpas.
RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 19 Abr 2017, 18:42
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

E xa podedes inscribiros na terceira proba do CIRCUITO DE CARREIRAS RUN RUN VIGO.

INSCRICIÓN: www.championchipnorte.com

REGULAMENTO: Festa da Cereixa






Última edición por RunRunVigo o Mar, 02 Mai 2017, 19:42; editado 2 veces
RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 25 Abr 2017, 9:39
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

Rematado o traballo na segunda proba RUN RUN VIGO, deixámosvos os enlaces coas clasificacións provisionais do circuito, e todas as fotos da carreira.

Clasificación Individual Circuito RUN RUN VIGO 2017

Clasificación Equipos RUN RUN VIGO 2017

FOTOS:
- Andaina

- Saída Happy go Running

- Punto Intermedio

- Meta Happy go Running

- Premiación

Non deixedes de seguirnos na nosa páxina de Facebook, porque ahí teredes toda a información da terceira proba "VI CARREIRA DA CEREIXA"
RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 28 Abr 2017, 12:02
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

Dentro de un mes celebrarase a "VI Carreira da Cereixa" terceira proba puntuable para o circuito RUN RUN VIGO.
Proba na que poderá participar toda a familia porque tamén haberá carreiras de nenos.

Deixámosvos o cadro de categorías e lembramos que podedes inscribiros ata o día 24 de maio en ChampionChipNorte

IMPORTANTE
Só puntuarán para o circuíto RUN RUN VIGO as categorías:
F-1 / M-1 Entre 1978-1997 (ambos incluidos
F-2 / M-2 Entre 1968-1977 (ambos incluidos)
F-3 / M-3 Entre 1958-1967 (ambos incluidos)
F-4 / M-4 1957 ou anteriores
Tal como figura no regulamento do mesmo.


RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 08 Mai 2017, 18:50
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

Seguimos sumando probas ó circuito RUN RUN VIGO.

O día 10 de Xuño celebrarse a "V Nocturna Correndo por Vigo", e xa vos podedes inscribir a través da web da carreira, www.correndoporvigo.com, ou de manera presencial el Deportes Carlos Miguel en horario comercial, ademais, ata mañán día 9, con prezo reducido.

INSCRICIÓN

REGULAMENTO



RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 08 Mai 2017, 18:53
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

E deixámosvos tamén o percorrido da Carreira da Cereixa, que se celebrará o día 28 de maio.

Poderes inscribiros ata o día 24 en championcipnorte.com


RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 22 Mai 2017, 20:20
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

Aínda non estás inscrit@ na Carreira da Cereixa??
Pois date presa porque o día 24 pechamos inscripciónS!!!!

Só tes que entrar no enlace championchipnorte.com/...n-run-vigo , ou pasarte polo Centro Cultural de Beade (carretera coutada no 42), ata ás 20:00 horas e cubrir o formulario para disfrutar de unha xornada de deporte con nós!!

ESPERÁMOSTE!!!


RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 24 Mai 2017, 18:02
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

Si non vos deu tempo a inscribiros para a V Carreira da Cereixa, nos vos preocupedes, porque a organización amplía o prazo de inscripción 24 horas en championchipnorte.com e ata o sábado en Centro Cultural de Beade


RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 24 Mai 2017, 18:07
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

E xa temos dispoñible o percorrido e o perfil da V Nocturna Correndo por Vigo, na que vos podedes inscribir ata o día 6 de xuño en www.correndoporvigo.com ou de maneira presencial en Deportes Carlos Miguel.







Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos