Xov, 03 Xan 2008, 1:35
Asunto:
Foi a primeira vez que corría a San silvestre do Porto. Pareceume unha carreira moi bonita, ben organizada e ademáis faise divertido competir de noite, ten o "pero", de que é un pouco dura xa que dos dez quilometros, casi catro eran en subida. O público, numeroso, animaba moito, sobre todo à xente que ía disfrazada. Creo que Pedro Nimo fixo un bo tempo dado o circuito, e ainda que Rui Silva lle quitase casi un minuto, non me parece moito, pero bueno, iso pode contarnolo él si se anima. Pola miña parte fixen a primeira volta bastante tranquilo xa que non conocia o circuito e temialle un pouco ás costas, logo na segunda apretei un pouco pero sen ir nunca moi agobiado e o final baixei por pouco de 45'. Para ser a primeira vez e non ter referencias kilometricas, xa que creo que estes non estaban sinalizados, quedei contento e espero repetir para a proxima edición.