Lun, 26 Dec 2016, 0:19
Asunto: Re: San Silvestre Santiago (31/12/2016)
Estimado
pantasma. Xa vimos o lío da camiseta en A Coruña. A realidade e que son 3500 inscritos alí, cifra que non acaderamos en Santiago de Compostela.
Nós nesta edición decidimos dar unha braga polar de cuello; pesamos que a camiseta suele ser un agasallo que se da en todas as probas e buscamos algo máis orixinal que todo o mundo pode levar o día da proba. A camiseta non se suele poñer por xente de clubes, xente disfrazada e demais. De feito desexamos facer algo con esa braga de cuello antes da saída. En breve poremos foto.
Agardamos non trabucarnos co agasallo, ainda que visto o que pasa últimamente ... vemos que o nivel de esixencia e moi alto por determinados sectores criticos con este tipo de agasallos.
Estimado
Alfonsorf . Se fas a inscrición podes poñer se eres federado ou non, a túa licencia e o nome do clube. Pero ao chegar ao punto onde decides como queres participar, tes que elixir unha opción; é dicir, non podes optar a un premio por un clube e por unha empresa. Debes decidir por onde decides participar, ainda que rellenes os datos do teu clube e licencia que o debes facer. Son premios Participación. Gracias.
Lembramos que os participantes no circuito CorreSan deben inscribirse na proba, non está incluida a inscrición se te inscribiches ao circuito CorreSan (estanos a chegar bastantes cuestións neste senso).
Xa somos máis de 900 inscritos. Mañán agardamos aclarar o lugar de entrega de dorsais. Moitas gracias e felices festas.