Ven, 16 Set 2016, 13:53
Asunto: Incluir unha proba no Circuíto Galego de Carreiras Populares
Este tema é exlusivamente para que os
organizadores de carreiras inclúan de xeito rápido as súas probas no
Circuíto 2016-17.
Se, coma participante, queres axudar, contacta coa organización de calquera proba para que pase por este tema.
Datas
Comezo: 1 de setembro de 2016
Finalización: 30 de xuño de 2017
A inscrición dunha carreira é gratuíta e estes son os
requisitos:
- Mulleres e homes compiten sobre a mesma distancia.
- Clasificación conxunta (mulleres e homes no mesmo listado).
- Enviar un email coa clasificación en Excel a semana posterior a proba.
- Para as de montaña enviar/enlazar ao track ou indicar o dato de desnivel acumulado positivo e distancia.
Email de contacto
As mensaxes preguntando se tal proba puntúa serán borradas. Isto é cousa de todos, así que contacta coa organización e pídelles que inclúan a súa proba.
Para o envío de resultados ou comunicar os datos das carreiras por parte dos organizadores das carreiras, contactar cos colaboradores do
Circuito CenG.
Última edición por O_Circuito o Lun, 19 Set 2016, 13:46; editado 1 vez