Foros ›
II Trail de Compostela 21KM -13 de Marzo-
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
FleKy

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
8/01/07
244 Carreiras
1098 Mensaxes
pontecesures e tamen milladoiro
Respostar citando Envío Mér, 13 Xan 2016, 19:49
Asunto: II Trail de Compostela 21KM -13 de Marzo-

Regulamento provisional. Poderia suceder algunha pequena variacion.

O Noitebra F.C. de Santiago de Compostela organiza o II Trail de Compostela, coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, baixo control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e segundo o seguinte Regulamento:

Regulamento do II Trail de Compostela

1.- Data e Lugar: o II Trail de Compostela celebrarase o domingo 13 de marzo de 2016 en Santiago de Compostela. A saída dos adultos darase ás 10:00 horas dende a Granxa do Xesto, no Monte Pedroso. Tamén se celebrarán carreiras escolares que terán lugar a partir das 12:45 horas.

2.- Percorrido: o trail transcorrerá por un circuíto mixto de camiños, pistas, corta-lumes e monte da contorna do Pedroso en Santiago de Compostela e Ames.
Trátase dun percorrido duns 21,097 kilómetros, cun desnivel positivo acumulado duns 700 metros e 700 metros de desnivel negativo.

3.- Control técnico: as probas estarán baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

4.- Participación: poderán participar no trail atletas federados/as e non federados/as, maiores de 18 anos ou que os teñan cumpridos o día da proba, sempre que se ateñan ao indicado neste regulamento e cumpran os requisitos aquí detallados.

5.- Categorías trail: (anos cumpridos o día da proba)
A. Categoría masculino absoluto, a partir de 18 anos.
B. Categoría feminina absoluta, a partir de 18 anos.
C. Categoría masculino veterano, a partir de 41 anos.
D. Categoría feminina veterana, a partir de 41 anos.

6. - Categorías escolares e distancias:
E1. Nacidos no ano 1998 (só menores de 18 anos o día carreira), 1999, 2000 e 2001 (aproximadamente 2.160 metros-tres voltas).
E2. Nacidos nos anos 2002, 2003 e 2004 (aproximadamente 1.470 metros- dúas voltas).
E3. Nacidos nos anos 2005, 2006, 2007 e 2008 (aproximadamente 775 metros-unha volta).

7.- Premios:
● Trofeo aos 3 primeiros clasificados na categoría masculino absoluto (A).
● Trofeo ás 3 primeiras clasificadas na categoría feminina absoluta (B).
● Trofeo o aos 3 primeiros clasificados na categoría masculino veterano (C).
● Trofeo ás 3 primeiras clasificadas na categoría feminina veterana (D).
● Equipos federados: trofeo para os tres primeiros equipos federados (FGA) clasificados. Para optar aos premios deberán rematar a carreira mínimo 6 atletas, puntuando en meta os 4 primeiros en chegar de cada equipo. Gañará o equipo que sume menos puntos en función dos postos acadados polos seus atletas no trail. Os equipos poderán ser mixtos (homes e mulleres). Será imprescindible enviar a listaxe coa composición dos equipos ao mail da Delegación da Federación Galega de Atletismo en Santiago (FGAsantiago@gmail.com), con prazo límite ata o venres 11 de marzo ás 14:00 horas.
● Todos os participantes que finalicen as probas escolares recibirán unha medalla, ou no seu defecto un detalle conmemorativo da carreira.

8.-Premios circuíto “Cumes de Compostela: Pico Sacro - Monte Pedroso”: este circuíto estará conformado pola IV Carreira da Filloa de Lestedo e o II Trail de Compostela, resultando obsequiados cun premio especial os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres da clasificación xeral absoluta resultante da combinación de ambas probas (menor puntuación en función da suma dos postos acadados nas dúas carreiras).

9.- Inscrición: permanecerá aberta do 10 de febreiro ao xoves 10 de marzo ás 22:00 horas. Dita inscrición realizarase na web www.carreirasgalegas.com. Non se admitirán e aceptarán inscricións fóra de prazo, con datos incompletos ou sen todos os datos obrigatorios.

10.- Prezo: a cota de inscrición será de 10 € para os/as atletas federados/as (requirirase a licencia federada no momento da retirada do dorsal) e 12€ para os/as atletas non federados/as.
A partir do xoves 3 de marzo a cota de inscrición pasará a ser de 13€ para os/as atletas federados/as e 15€ para os/as atletas non federados/as.
O límite de inscrición queda fixado en 250 participantes.
No caso das probas escolares, a inscrición será gratuíta e o límite de inscrición entre todas as categorías será de 50 participantes.

11.- Dereitos: o importe da inscrición levará consigo un seguro de responsabilidade civil e de accidentes deportivos. Tamén se poderá facer uso de todos os servizos establecidos pola Organización para os participantes, así como avituallamentos e agasallos contemplados para todos/as os/as participantes inscritos/as.
A non asistencia á proba non implicará a devolución da cota de inscrición.

12.- Recollida dos dorsais: os dorsais do trail recolleranse, o mesmo día da proba, a partir das 09:00 horas e ata as 9:45 horas no lugar de saída (Granxa do Xesto). Non se entregarán dorsais do trail despois da hora límite (9:45 horas). Os dorsais das carreiras escolares poderán recollerse das 11:00 ás 12:00 horas.

13.- Sinalización: o percorrido do trail estará debidamente sinalizado con carteis indicadores e cintas de balizamento ben visibles. Existirán referencias kilométricas en certos puntos do percorrido.
14.- Controis: no desenvolvemento da proba a Organización disporá dos controis que estime oportunos. Omitir ditos controis poderá levar á descalificación do/da atleta.

15.- Avituallamentos do trail: disporase de 3 puntos de avituallamento máis o de meta. Combinaranse avituallamentos de líquido e sólido (auga e froita) e só líquido.

16.- Tempos de paso: nun principio, non haberá tempo límite de entrada na meta. En calquera caso, os responsables da Organización terán a potestade para retirar da proba aos corredores/as que infrinxan as normas da proba, non leven o dorsal regulamentario de forma ben visible na parte anterior (dianteira) do corpo, desatendan as indicacións dos organizadores ou manteñan unha actitude pouco deportiva cara o resto dos participantes. A estes efectos, a Organización ten prevista a participación de corredores que actuarán como peche de carreira e ciclistas que nalgúns sectores acompañarán á carreira. Todos aqueles/as participantes que se vexan afectados/as por una decisión de descalificación, deberán facer entrega do dorsal no posto de control máis próximo e abandonar a proba atendendo ás indicacións dos membros da Organización.

17.- Dorsal: todo/a atleta que entre á liña de meta sen o seu dorsal ou sen este debidamente colocado na zona anterior do corpo (zona próxima ao peito) e en toda a súa extensión, serán automaticamente descalificados.

18.- Reclamacións: as reclamacións sobre os resultados oficiais deberán formularse verbalmente ao xuíz árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación destes. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da FGA e RFEA en vigor.

19.- Duchas: haberá servizo de duchas a disposición dos/das atletas no Campo de Fútbol Municipal de Santa Isabel, aproximadamente a 1 Km. da saída e meta da carreira.

20.- Reunión informativa: a Organización facilitará os detalles organizativos máis relevantes na charla técnica que se realizará 5 minutos antes da celebración da proba, na mesma liña de saída.

21.- Medio ambiente: a proba desenvolverase na súa maior parte por paraxes naturais, polo que será obriga de todos e todas preservar a contorna evitando botar desperdicios fóra das áreas de control.
A tal efecto colocaranse colectores de lixo ata unha distancia máxima de 100 metros dende o posto de control.
Será motivo de descalificación o incumprimento desta norma elemental por parte dos/das participantes.

22.- Asistencia sanitaria: a Organización disporá de Servizos Sanitarios regulamentarios en puntos estratéxicos do percorrido. Así mesmo, ofrecerase en meta atención médica para os/as deportistas que tiveran algunha necesidade excepcional.

23.- Seguridade: a organización resérvase o dereito a desviar a proba por algún percorrido alternativo e realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.

24.- Auxilio en accidentes: a Organización disporá para a realización da proba dunha Ambulancia con Médico para axudar aos corredores/as que o requiran.
Así e todo, os/as participantes deberán auxiliar aos accidentados que precisen axuda, así como informar de calquera contratempo nos controis de paso ou chamando a un teléfono que será proporcionado pola Organización e que irá serigrafiado no dorsal.

25.- Responsabilidade: a Organización declina toda responsabilidade en caso de perda dalgún obxecto, ou de neglixencia dalgún participante. Os/as participantes serán responsables de todo prexuízo que poidan causarse a si mesmos ou a terceiros.

26.- Material recomendable: trátase dunha proba de Trail ou Carreira de Montaña apta para todos os niveis, e, aínda que non é excesivamente técnico, recoméndase levar zapatillas técnicas ou, polo menos, con algo de taco na sola para un mellor agarre.
Aínda que hai tres avituallamentos, é recomendable, para quen o considere oportuno, levar o seu propio sistema de hidratación (nunca botellas de plástico).

27.- Máis información:
● Blog do Noitebra F.C. (http://noitebrafc.blogspot.com)
● Facebook do Noitebra F.C. (https://www.facebook.com/noitebra.atletismobtt)
● Twiter do Noitebra F.C. (https://twitter.com/Noitebra_FC)
● Carreiras Galegas (http://www.carreirasgalegas.com)
● Federación Galega de Atletismo (http://www.atletismogalego.com)
● Correr en Galicia (http://www.correrengalicia.org)


AVISO LEGAL
NOTA: esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13 - 15008 A Coruña.

You´ll never run alone

Última edición por FleKy o Sáb, 06 Feb 2016, 17:21; editado 2 veces
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
940 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 13 Xan 2016, 20:49
Asunto: Re: II Trail de Compostela -13 de Marzo-

Pedazo noticia!!
FleKy

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
8/01/07
244 Carreiras
1098 Mensaxes
pontecesures e tamen milladoiro
Respostar citando Envío Mér, 13 Xan 2016, 21:34
Asunto: Re: II Trail de Compostela -13 de Marzo-

Si pedazo pois o resto vira despois

You´ll never run alone
Mendeselassie

Maratoniano
Maratoniano
7/03/10
285 Carreiras
307 Mensaxes
Bertamirans
Respostar citando Envío Xov, 14 Xan 2016, 9:07
Asunto: Re: II Trail de Compostela -13 de Marzo-

O Trail do que todo o mundo vai falar, non o podedes perder... Bailar

Cuando bajas drop, ya no hay stop...
Craseski

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/10/14
0 Carreiras
178 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 14 Xan 2016, 9:14
Asunto: Re: II Trail de Compostela -13 de Marzo-

El año pasado fueran 17 km y fuera muy chulo. Este año son 21, va a haber un cambio de circuito o se alargara por la zona de la granxa do xesto o ninguna de las dos? jaja
jabato

Maratoniano
Maratoniano
5/12/07
0 Carreiras
513 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 14 Xan 2016, 18:10
Asunto: Re: II Trail de Compostela -13 de Marzo-

Este cal eh ,o que saleu da granxa ala arriva,que era campeonato galego?
FleKy

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
8/01/07
244 Carreiras
1098 Mensaxes
pontecesures e tamen milladoiro
Respostar citando Envío Xov, 14 Xan 2016, 19:11
Asunto: Re: II Trail de Compostela 21KM -13 de Marzo-

Craseski sera pola zona do pedroso ,pero o circuito estase a traballar nel. En canto estea volo faremos saber.


Jabato e esa mesma que dis.

You´ll never run alone
jabato

Maratoniano
Maratoniano
5/12/07
0 Carreiras
513 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 14 Xan 2016, 19:21
Asunto: Re: II Trail de Compostela 21KM -13 de Marzo-

Gracias Fleki,ali o ano pasado paseino moi ben o unico malo foi o tiron que me dou faltando 2 km,para a chegada,pero este ano vou a desquitarme ,encantome a ruta ten algo de todo Silbar Silbar
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1926 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Xov, 14 Xan 2016, 19:24
Asunto: Re: II Trail de Compostela 21KM -13 de Marzo-

Xa me tarda voltar a facela. O ano pasado foi todo un luxo participar nela.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
correro

Montañés
Montañés
16/10/12
69 Carreiras
690 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Dom, 17 Xan 2016, 15:02
Asunto: Re: II Trail de Compostela 21KM -13 de Marzo-

O ano pasado estivo fantastico,este ano hai que repetir
FleKy

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
8/01/07
244 Carreiras
1098 Mensaxes
pontecesures e tamen milladoiro
Respostar citando Envío Mar, 26 Xan 2016, 21:01
Asunto: Re: II Trail de Compostela 21KM -13 de Marzo-

De momento seguimos a espera para que a acepten e apareza no calendario

You´ll never run alone
cor71

Maratoniano
Maratoniano
28/03/15
0 Carreiras
93 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mér, 27 Xan 2016, 21:18
Asunto: Re: II Trail de Compostela 21KM -13 de Marzo-

Pois vendo como falades dela haberá que ir.
miguelanxo

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/05/07
400 Carreiras
677 Mensaxes
O Castiñeiriño (Compostela)
Respostar citando Envío Sáb, 30 Xan 2016, 0:57
Asunto: Re: II Trail de Compostela 21KM -13 de Marzo-

Imos pouco a pouco poñendo a información ao día a través do noso blog Sorriso
FleKy

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
8/01/07
244 Carreiras
1098 Mensaxes
pontecesures e tamen milladoiro
Respostar citando Envío Sáb, 06 Feb 2016, 17:20
Asunto: Re: II Trail de Compostela 21KM -13 de Marzo-

REGULAMENTO PROBISIONAL: Poderia suceder algunha pequena variacion.

O Noitebra F.C. de Santiago de Compostela organiza o II Trail de Compostela, coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, baixo control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e segundo o seguinte Regulamento:

Regulamento do II Trail de Compostela

1.- Data e Lugar: o II Trail de Compostela celebrarase o domingo 13 de marzo de 2016 en Santiago de Compostela. A saída dos adultos darase ás 10:00 horas dende a Granxa do Xesto, no Monte Pedroso. Tamén se celebrarán carreiras escolares que terán lugar a partir das 12:45 horas.

2.- Percorrido: o trail transcorrerá por un circuíto mixto de camiños, pistas, corta-lumes e monte da contorna do Pedroso en Santiago de Compostela e Ames.
Trátase dun percorrido duns 21,097 kilómetros, cun desnivel positivo acumulado duns 700 metros e 700 metros de desnivel negativo.

3.- Control técnico: as probas estarán baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

4.- Participación: poderán participar no trail atletas federados/as e non federados/as, maiores de 18 anos ou que os teñan cumpridos o día da proba, sempre que se ateñan ao indicado neste regulamento e cumpran os requisitos aquí detallados.

5.- Categorías trail: (anos cumpridos o día da proba)
A. Categoría masculino absoluto, a partir de 18 anos.
B. Categoría feminina absoluta, a partir de 18 anos.
C. Categoría masculino veterano, a partir de 41 anos.
D. Categoría feminina veterana, a partir de 41 anos.

6. - Categorías escolares e distancias:
E1. Nacidos no ano 1998 (só menores de 18 anos o día carreira), 1999, 2000 e 2001 (aproximadamente 2.160 metros-tres voltas).
E2. Nacidos nos anos 2002, 2003 e 2004 (aproximadamente 1.470 metros- dúas voltas).
E3. Nacidos nos anos 2005, 2006, 2007 e 2008 (aproximadamente 775 metros-unha volta).

7.- Premios:
● Trofeo aos 3 primeiros clasificados na categoría masculino absoluto (A).
● Trofeo ás 3 primeiras clasificadas na categoría feminina absoluta (B).
● Trofeo o aos 3 primeiros clasificados na categoría masculino veterano (C).
● Trofeo ás 3 primeiras clasificadas na categoría feminina veterana (D).
● Equipos federados: trofeo para os tres primeiros equipos federados (FGA) clasificados. Para optar aos premios deberán rematar a carreira mínimo 6 atletas, puntuando en meta os 4 primeiros en chegar de cada equipo. Gañará o equipo que sume menos puntos en función dos postos acadados polos seus atletas no trail. Os equipos poderán ser mixtos (homes e mulleres). Será imprescindible enviar a listaxe coa composición dos equipos ao mail da Delegación da Federación Galega de Atletismo en Santiago (FGAsantiago@gmail.com), con prazo límite ata o venres 11 de marzo ás 14:00 horas.
● Todos os participantes que finalicen as probas escolares recibirán unha medalla, ou no seu defecto un detalle conmemorativo da carreira.

8.-Premios circuíto “Cumes de Compostela: Pico Sacro - Monte Pedroso”: este circuíto estará conformado pola IV Carreira da Filloa de Lestedo e o II Trail de Compostela, resultando obsequiados cun premio especial os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres da clasificación xeral absoluta resultante da combinación de ambas probas (menor puntuación en función da suma dos postos acadados nas dúas carreiras).

9.- Inscrición: permanecerá aberta do 10 de febreiro ao xoves 10 de marzo ás 22:00 horas. Dita inscrición realizarase na web www.carreirasgalegas.com. Non se admitirán e aceptarán inscricións fóra de prazo, con datos incompletos ou sen todos os datos obrigatorios.

10.- Prezo: a cota de inscrición será de 10 € para os/as atletas federados/as (requirirase a licencia federada no momento da retirada do dorsal) e 12€ para os/as atletas non federados/as.
A partir do xoves 3 de marzo a cota de inscrición pasará a ser de 13€ para os/as atletas federados/as e 15€ para os/as atletas non federados/as.
O límite de inscrición queda fixado en 250 participantes.
No caso das probas escolares, a inscrición será gratuíta e o límite de inscrición entre todas as categorías será de 50 participantes.

11.- Dereitos: o importe da inscrición levará consigo un seguro de responsabilidade civil e de accidentes deportivos. Tamén se poderá facer uso de todos os servizos establecidos pola Organización para os participantes, así como avituallamentos e agasallos contemplados para todos/as os/as participantes inscritos/as.
A non asistencia á proba non implicará a devolución da cota de inscrición.

12.- Recollida dos dorsais: os dorsais do trail recolleranse, o mesmo día da proba, a partir das 09:00 horas e ata as 9:45 horas no lugar de saída (Granxa do Xesto). Non se entregarán dorsais do trail despois da hora límite (9:45 horas). Os dorsais das carreiras escolares poderán recollerse das 11:00 ás 12:00 horas.

13.- Sinalización: o percorrido do trail estará debidamente sinalizado con carteis indicadores e cintas de balizamento ben visibles. Existirán referencias kilométricas en certos puntos do percorrido.
14.- Controis: no desenvolvemento da proba a Organización disporá dos controis que estime oportunos. Omitir ditos controis poderá levar á descalificación do/da atleta.

15.- Avituallamentos do trail: disporase de 3 puntos de avituallamento máis o de meta. Combinaranse avituallamentos de líquido e sólido (auga e froita) e só líquido.

16.- Tempos de paso: nun principio, non haberá tempo límite de entrada na meta. En calquera caso, os responsables da Organización terán a potestade para retirar da proba aos corredores/as que infrinxan as normas da proba, non leven o dorsal regulamentario de forma ben visible na parte anterior (dianteira) do corpo, desatendan as indicacións dos organizadores ou manteñan unha actitude pouco deportiva cara o resto dos participantes. A estes efectos, a Organización ten prevista a participación de corredores que actuarán como peche de carreira e ciclistas que nalgúns sectores acompañarán á carreira. Todos aqueles/as participantes que se vexan afectados/as por una decisión de descalificación, deberán facer entrega do dorsal no posto de control máis próximo e abandonar a proba atendendo ás indicacións dos membros da Organización.

17.- Dorsal: todo/a atleta que entre á liña de meta sen o seu dorsal ou sen este debidamente colocado na zona anterior do corpo (zona próxima ao peito) e en toda a súa extensión, serán automaticamente descalificados.

18.- Reclamacións: as reclamacións sobre os resultados oficiais deberán formularse verbalmente ao xuíz árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación destes. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da FGA e RFEA en vigor.

19.- Duchas: haberá servizo de duchas a disposición dos/das atletas no Campo de Fútbol Municipal de Santa Isabel, aproximadamente a 1 Km. da saída e meta da carreira.

20.- Reunión informativa: a Organización facilitará os detalles organizativos máis relevantes na charla técnica que se realizará 5 minutos antes da celebración da proba, na mesma liña de saída.

21.- Medio ambiente: a proba desenvolverase na súa maior parte por paraxes naturais, polo que será obriga de todos e todas preservar a contorna evitando botar desperdicios fóra das áreas de control.
A tal efecto colocaranse colectores de lixo ata unha distancia máxima de 100 metros dende o posto de control.
Será motivo de descalificación o incumprimento desta norma elemental por parte dos/das participantes.

22.- Asistencia sanitaria: a Organización disporá de Servizos Sanitarios regulamentarios en puntos estratéxicos do percorrido. Así mesmo, ofrecerase en meta atención médica para os/as deportistas que tiveran algunha necesidade excepcional.

23.- Seguridade: a organización resérvase o dereito a desviar a proba por algún percorrido alternativo e realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.

24.- Auxilio en accidentes: a Organización disporá para a realización da proba dunha Ambulancia con Médico para axudar aos corredores/as que o requiran.
Así e todo, os/as participantes deberán auxiliar aos accidentados que precisen axuda, así como informar de calquera contratempo nos controis de paso ou chamando a un teléfono que será proporcionado pola Organización e que irá serigrafiado no dorsal.

25.- Responsabilidade: a Organización declina toda responsabilidade en caso de perda dalgún obxecto, ou de neglixencia dalgún participante. Os/as participantes serán responsables de todo prexuízo que poidan causarse a si mesmos ou a terceiros.

26.- Material recomendable: trátase dunha proba de Trail ou Carreira de Montaña apta para todos os niveis, e, aínda que non é excesivamente técnico, recoméndase levar zapatillas técnicas ou, polo menos, con algo de taco na sola para un mellor agarre.
Aínda que hai tres avituallamentos, é recomendable, para quen o considere oportuno, levar o seu propio sistema de hidratación (nunca botellas de plástico).

27.- Máis información:
● Blog do Noitebra F.C. (http://noitebrafc.blogspot.com)
● Facebook do Noitebra F.C. (https://www.facebook.com/noitebra.atletismobtt)
● Twiter do Noitebra F.C. (https://twitter.com/Noitebra_FC)
● Carreiras Galegas (http://www.carreirasgalegas.com)
● Federación Galega de Atletismo (http://www.atletismogalego.com)
● Correr en Galicia (http://www.correrengalicia.org)


AVISO LEGAL
NOTA: esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13 - 15008 A Coruña.

You´ll never run alone
Mendeselassie

Maratoniano
Maratoniano
7/03/10
285 Carreiras
307 Mensaxes
Bertamirans
Respostar citando Envío Dom, 07 Feb 2016, 17:12
Asunto: Re: II Trail de Compostela 21KM -13 de Marzo-

Moi boas a tod@s...
Onte pola mañá varios compañeiros do Noitebra F.C. Atletismo saímos a perfilar o que será o percorrido definitivo do Trail, e agardamos que vos guste o que estamos a preparar...
Podemos adiantar que aínda que pasamos por varios tramos da pasada edición este circuito é completamente novo e deparará moitas sorpresas, comezando pola subida ata as antenas do Pedroso, o "Skyline" de Compostela, e rematando cun fermoso paseo polas marxes do río Sarela...
Podedes consultar toda a información no noso blog: noitebrafc.blogspot.co...zo-de.html

Cuando bajas drop, ya no hay stop...


trail de compostela.jpg
Descrición:
Nome do arquivo: trail de compostela.jpg
Descargado: 676 veces





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos