Foros ›
carreiras con límite de prazas no circuíto CEG
Foros de debate / O Circuíto 2015-16
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
xabierdeparada

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
7/11/15
666 Carreiras
174 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Ven, 08 Xan 2016, 14:06
Asunto: carreiras con límite de prazas no circuíto CEG

Boas tardes:

De cara a vindeiras edicións do circuíto coido que sería pertinente estudiar se incluídes aquelas probas con límite de prazas algo escaso

En San Cibrao en Ourense quedou moita xente fora, coma tamén no Trail de Sada ou no Trail de Salceda de Caselas. A mín aconteceume en todas.

Case que se atopa un obrigado a inscribirse 1 mes antes pra non quedarse se poder participar.

Non sei que vos parece o tema

Apertas e boa fin de semán
guti290971

Montañés
Montañés
10/09/08
238 Carreiras
1876 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Sáb, 09 Xan 2016, 13:18
Asunto: Re: carreiras con límite de prazas no circuíto CEG

Boas , meu.
eu xa paguei 101 peregrinos , Utpe e ehunmilak.
E son en abril , maio e xullo.
Flipa !!!
E estarei atento o 25 para inscribirme o alto Sil.

Agora vou a Salceda e Sada.
planifico obxetivios con tempo.
En Sada acabaron as prazas en dous dias.
En Salceda houbo ata o final .

Eles cando piden inclusion no circuito non saben se se acaban as prazas !!!

o mais rápido dos gordiños



CLUBE ATLETISMO BOIMORTO
AsociaciónNSN

Novo foreiro
Novo foreiro
11/11/15
0 Carreiras
13 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 10 Xan 2016, 0:16
Asunto: Re: carreiras con límite de prazas no circuíto CEG

No de Salceda limitámolo a 400 e acaban vindo 429 participantes. Non me parece un límite de prazas reducido tendo en conta que é unha primeira edición e que aínda non sabemos as carencias ou necesidades que podemos ter e deberíamos saber para en seguintes edicións poder aumentar o límete e compracer a máis participantes. Pero claro, este é o meu punto de vista Guiño
txema_mnf

Montañés
Montañés
8/07/12
0 Carreiras
214 Mensaxes
A CORUÑA
Respostar citando Envío Dom, 10 Xan 2016, 7:55
Asunto: Re: carreiras con límite de prazas no circuíto CEG

Eu non estou de acordo, hai carreiras que por distancia, circuito ou tamaño da organización non poden poñer prazas ilimitadas, quitar esas probas do circuito en moitos casos e penalizar as pequenas probas.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos