Xov, 25 Out 2007, 7:02
Asunto:
A ver, esta enquisa ó contrario que a que propuxo o admin no do avituallamento da pedestre é unha "Kantrallada"; sólo quería que falásemos delo sen mais.
Xustamente por esa vantaxe que eu tamén aprecio na natación e que, sen dúbida, se debe é especificidade da técnica (coordenación, respiración...) é polo que suxiro que a orde sexa aleatoria. COido que un bó nadador lle saca a un "kantrapalleiro" coma mín uns 50" por cada 100 metros (os moi bós mais) pero que, pode, que parte desa vantaxe se deba a que o ir 'frescos' poden realizar a técnica de xeito mais axeitado. En troques no caso de ter que nadar tras unha ou duas probas o tema podería diferente porque eu seguiría a nadar igual de mal pero o nadador, sobor de todo se non está afeito, perdería parte da vantaxe técnica e dependería mais do estado de forma.
Dar non se me dá mellor nengunha proba ou sí porque o meu obxectivo é participar e chegar.
No verán eu adestro a bicicleta pola mañan e a natación e a carreira pola tarde (na praia)... no inverno ás veces vou nadar dempois de facer 50' de "tecnica de carrerira" e si que noto certa floxeira pero non empeoro os tempos só a sensación.
Insisto en que o que mais me gustaría é que a xente vote e participe no debate.
Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html