Foros ›
Autor
Mensaxe
Raposo

Foreiro infantil
Foreiro infantil
30/01/06
0 Carreiras
136 Mensaxes
Sant Cugat del Vallès
Respostar citando Envío Ven, 10 Feb 2006, 2:29
Asunto: Cuestión de idade

Teño un par de dúbidas con respecto á idade en relación co rendemento:

-Que idade vos parece axeitada para correr a primeira 1/2 maratón?
-Pode chegar a ser perxudicial (referido ó rendemento óptimo dun deportista) comezar a correr fondo demasiado cedo?
Bubela

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/10/05
0 Carreiras
582 Mensaxes
GALIZA
Respostar citando Envío Ven, 10 Feb 2006, 9:05
Asunto: Raposo

Qué idade tés Raposo?

* En canto á idade da primeira media, depende de moitos factores (antecedentes en canto á práctica deportiva, condicións innatas, peso corporal, entrenamentos,). En xeral, e sempre é un erro xeralizar, penso que non antes dos 25/26 anos. Si ben, a media non é especialmente traumática - como sí o é o maratón -, requiere dunha base aeróbica, e dun adestramento de tendóns, músculos, corazón, metabolismo, ...

* Correr fondo demasiado cedo pode ser perxudicial sempre e cando o fagas de xeito desproporcionado. Aquí debemos separar a élite dos populares de forma clara. Por exemplo, eu creo que un/unha atleta popular de 22 anos, non debería chegar a entrenar nin a competir un maratón (é a miña opinión). Mentres que vemos centos de profesionais africanos, algúns europeos, e sobre todo asiáticos, que corren maratóns con eses 22/23 anos.

* E certo que o entrenamento e a competición do maratón resta frescura e velocidade ás nosas fibras, en fin que perdemos velocidade. O medio non resta demasiada velocidade.

UN PLAN TIPO, que non é valido en absoluto, e debe ser revisado, para populares debería ser:
1. Entre 18 e 25 anos: Carreiras pedestres e populares inferiores a Medio Maratón. Diversión, velocidade, e troula.
2. Entre 25 e 30 anos. Continuar correndo as populares que apeteza, e se cadra, facer a primeira incursión en algunha media.
3. Máis de 30 anos. Plantexarse correr o primeiro maratón.

O máis importante: Nas rúas do mundo, se vos fixades, o panorama é o seguinnte:
a) Populares de menos de 25 anos, poucos.
Ojo morado Nas medias maratóns, de menos de 28/30, moi poucos.
c) Nas maratóns, de menos de 32/34, minoría.

Unha aperta;
corroseguro

Maratoniano
Maratoniano
22/11/05
0 Carreiras
4906 Mensaxes
Galicia-Gales
Respostar citando Envío Ven, 10 Feb 2006, 16:44
Asunto:

Para correr grandes distancias ( medio y maratón ) hay que estar "maduro" tener muchos kms. rodados y por tanto ya una edad.
Yo considero que con una buena preparación previa la trintena es un tramo de edad ideal. Con más de 40 y 50 años se puede aguantar perfectamente una maratón, pero ya el ritmo no es el mismo que cuando
se es más joven.
¿una edad ideal? yo marcaría 27 a 37 años.
Raposo

Foreiro infantil
Foreiro infantil
30/01/06
0 Carreiras
136 Mensaxes
Sant Cugat del Vallès
Respostar citando Envío Ven, 10 Feb 2006, 17:19
Asunto:

Eu plantexaba isto polo meu caso particular.
Agora teño 20 pero as 1ª medias fíxenas o ano pasado en Porriño e na Vig-Bay (1:24 e 1:22, respectivamente). Polas marcas é evidente que xa levaba un volumen considerable de Km (+_ 75/ semana).
Este ano teño (ou tiña?) pensado repetir nas duas probas e por suposto co obxetivo de mellorr(1:18).
Pero desde hai 2 semanas estou parado por unha sobrecarga (volvo a rodar mañá) e eso fixo que me pensara o de se fago ben correndo nesas distancias no canto de dedeicarme ó medio fondo.
Pode ser que ó facer mais km se esté un máis exposto o risco de lesións.
Bubela

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/10/05
0 Carreiras
582 Mensaxes
GALIZA
Respostar citando Envío Ven, 10 Feb 2006, 17:39
Asunto: Raposo

O que eres é un fenómeno da natureza!
Eu, na miña humilde opinión, penso que se fas esas marcas con 20 anos, supón que tés unhas condicións excelentes. Se te coidas serás non serás un popular máis.
Evidentemente a preparación para unha media maratón non coida tanto os ritmos rápidos que se precisan para carreiras máis cortas.
No teu caso, que corres cómodo a media a 3:40, quizais se te centras non 10.000. poderías chegar a facelo a 3:20/3:25 o quilómetro.
En todo caso, penso que eres un fenómeno cunhas condicións extraordinarias, que podes decidir o teu futuro á vontade.
Eu, no teu lugar, ainda que sexas un simple aficionado, póríame en mans dun entrenador que te oriente e tutele en función dos teus gustos ou preferencias.
Raposo

Foreiro infantil
Foreiro infantil
30/01/06
0 Carreiras
136 Mensaxes
Sant Cugat del Vallès
Respostar citando Envío Ven, 10 Feb 2006, 18:56
Asunto:

Home non! isto que fago eu está ó alcance de calquera que teña un peso correcto e que adestre 4-5 dias/semana durante todo o ano. Non é nada doutro mundo.
Bubela

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/10/05
0 Carreiras
582 Mensaxes
GALIZA
Respostar citando Envío Ven, 10 Feb 2006, 19:48
Asunto:

Con vinte anos, eses tempos paréceme unha pasada!!!!!
corroseguro

Maratoniano
Maratoniano
22/11/05
0 Carreiras
4906 Mensaxes
Galicia-Gales
Respostar citando Envío Ven, 10 Feb 2006, 19:49
Asunto:

Raposo ¡ cuidado ! tes moi poca idade para o moito volumen de entrenamento que podes estar facendo, así como igual te podes pasar
en facer moitas carreiras longas. ¡Cuidado que te podes "queimar"!.
Eu da miña 1ª media maratón de Vigo,como veterano de 40 anos, cando partía e chegaba a zona do Nautico, hai anos, fixen 1:18. Creo moi boa
marca para esa idade, pero era porque tampouco me prodigaba en grandes entrenos nin en longas carreiras. Do meu caso estaba mais maduro, mais resistente, mais concienciado,mais a punto con 40 anos que
con 20.
ardao

Novo foreiro
Novo foreiro
3/12/05
0 Carreiras
9 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 11 Feb 2006, 0:01
Asunto:

eres david jerez lopez qe hizo 1 en la vigbay 2005 yo soy el qe hizo 2 jaja
Paquete

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
13/11/05
0 Carreiras
257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 11 Feb 2006, 0:41
Asunto:

Eses tempos párecenme unha pasada aínda que tiveras 35 anos.


¿E so levas un ano entrenando? ¿Qué deportes facías antes?
Raposo

Foreiro infantil
Foreiro infantil
30/01/06
0 Carreiras
136 Mensaxes
Sant Cugat del Vallès
Respostar citando Envío Sáb, 11 Feb 2006, 1:10
Asunto:

Daquela era o 2º ano adestrando e con este xa son 3 anos correndo.
Ante facía un pouco de todo: bici, nadar, fútbol, etc. (coma todo o mundo)

Insisto en que co adestramento axeitado calquera pode consegir o que se propoña. As cualidades físicas non son só natas, tamén se adquiren mediante o adestramento. Se fose todo de nacimento non tería sentido ningún adestrar.
Bubela

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/10/05
0 Carreiras
582 Mensaxes
GALIZA
Respostar citando Envío Sáb, 11 Feb 2006, 10:56
Asunto: CONDICIONS

Amigo Raposo:
Convirás comigo en que a maioría da xente, por moito que entrene non conseguir baixar de 1.10 na media (xa non falo de baixar de 1 h).

Cando un leva 3 ou 4 anos entrenando, 4 ou 5 días á semana, sabe, ou pode intuir cales son os seus límites, en función dos seguintes factores en orde de importancia.

- Evolución previa. A curva de mellora como é?
- Idade e Sexo.
- Peso corporal /morfoloxía.

Eu, só levo correno 4 anos, e teño ben claro ónde está o meu teito en cada carreira, en cada distancia, en cada terreo.
E se pretendo atentar contra os límites que a "natureza" me marcou, levareme á frustración, ao desencanto e a non ser feliz comigo mesmo.

En base ao anterior, eu aplico a receita contraria ás frustracións:
* Moito chourizo de cabazo, carne de porco e augardente de herbas.
* Antes gordiño ca fraco de máis.
* Autodidacta no entreno, e libertade sen rigor de plans fixos.
Deste xeito, sempre direi ¿E si me coidase máis?, ¿E sí estivese máis fino?, ¿E si tivese entrenador?
.... e deste xeito, son feliz cos amigos nas carreiras e post-carreiras, no foro.
Danme lástima aqueles que usan as carreiras para liberar complexos, manías, inseguridades. Danme lástima aqueles que pretender ser: os máis rápidos, os máis listos.
Eu son moito máis xeneroso comigo mesmo. Sei as miñas limitacións nas carreiras e ata neste foro.
Hai varias persoas (moitas) que saben moitísimo máis ca min de altetismo popular - e non tan popular -.
Hai varias persoas (moitas) que teñen moita mais sensibilidade ca min para expresar vivencias ou momentos.
Hai varias persoas (moitas) que teñen moita máis paciencia ca min con quen requiere de paciencia.
En fín, que estou razonablemente satisfeito de ser imperfecto e de non acadar marcas moito mellores das que xa fixen.
Unha aperta e disculpas polo rollo.
Raposo

Foreiro infantil
Foreiro infantil
30/01/06
0 Carreiras
136 Mensaxes
Sant Cugat del Vallès
Respostar citando Envío Sáb, 11 Feb 2006, 13:57
Asunto:

Home xa! 1:10 xa é un marcón, pero a orquilla de 1:18 a 1:24 na que estaría eu penso que é asequible (con esforzo eso sí) para a maioría é que non fan falta cualidades especiais nin grandes sacrificios.
En carreiras de ata 10km sería como ir a 3:45 o mil.
Sobre o demais, cada quen tómase o de correr como quere, e cada un é feliz á sua maneira.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos