Foros ›
Autor
Mensaxe
crap

Foreiro Senior
Foreiro Senior
13/05/07
0 Carreiras
618 Mensaxes
Excelente con vistas
Respostar citando Envío Xov, 30 Xan 2014, 18:35
Asunto: Tunel e seno tarsiano

Levo anos lendo, e ás veces opinando, sobre os problemas físicos e mentais da xente que escribe neste foro, a maioría o que precisa é axuda dun profesional, e os consellos que aqui se dan, aínda que ben intencionados, só serven para entreter ao persoal e as veces para animar ao afectado. Aínda así vou contala miña historia, sin moitas esperanzas de sacar nada positivo, pero... Vai ser un pouco longa así que o que queira deixar de ler xa lle digo eu que non perde nada, e aos que sigades lendo douvolas gracias de antebrazo

Fai unhos seis ou este anos fixen unhas plantillas por recomendación do meu físio ( o tío dixomo con boa intencion... pero mala chispa o coma), non fun ao barato, pero nunca me adaptei, e aos poucos meses empecei a notar molestias no pe esquerdo, que si modificacións, correccións, paciencia bla, bla, bla... o caso é que si non usaba as plantillas estaba como dios, pero cando as poñía en poucos días reaparecía a dor e tiña que parar de correr. Fun a outro podólogo que a solución que me daba era facerme outras plantillas, dixenlle que "gracias que o ía pensar" e ata hoxe. Tirei as plantillas de 200 pavos no contenedor de desechos perigosos e puxenme a correr a pelo.

Así estiven uns meses, perfecto, coma sempre. Pero un día volveu esa dor no pe, esta vez para quedarse, independientemente de si corro ou estou sentado, e decidín ir a un traumatologo -todo normal, posible fractura por estrés- dixo- reposo.
Nada, as veces doiame máis cando estaba en reposo deportivo que cando corría.

Fun a outro traumatologo, e despois a outro, radiografías, ecografias, electromiografias, resonancias por duplicado e triplicado... nada, todo normal. Físioterapia, un osteopata moi bo (lease carisimo) que despois de varias sesions pasoume coa seu compañeiro que era mellor (léase máis caro) outro osteopata mais e despois acupuntura, que este tamén era bo, " paciencia, ten fe..." decia o tío, un pouco máis e me arruina, e si por el fora ainda estaba hoxe coas agullas espetadas pola perna arriba...

Despois, cando xa non podía correr, din cun traumatolo que por fin me dixo algo, "síndrome del seno del tarso", infiltroume e en poucos días estaba novo, e así estiven uns meses ata que reapareceu, xa estaba avisado que podría necesitar outras infiltración, así que outro pinchazo e novo outra vez. Pero repetiuse a historia, a única opción sin pasar polo quirófano era un tratamiento con factores do crecemento, que seica é boisimo (outra vez lease cariiiisimo) pero nono cubre o seguro. Fracaso.

Paso polo quirófano e fanme unha limpeza do seno do tarso, todo moi ben, en dous meses estou correndo, dixeron. E correndo estou, pero cando podo e igual de jodido que antes.
O traumatologo pareceme un tipo honesto, e confesoume que estaba un poco desconcertado xa que todalas probas me saen ben. Pero a min doeme.
Fixen outra electromiografia para ver si era o túnel tarsiano. Onte fun polos resultados, todo normal.

Fun perdendo a forma física, e agora estou perdendo a forma humana, xa que cada día me parezco mais a unha ovella preñada, boto de menos correr sin importarme si estou lonxe ou preto de donde saín, competir aoa cen por cen... Por riba o primeiro que noto todolos dias ao levantarme e un dolor, mais ou menos soportable no pe esquerdo. Hoxe levanteime de baixón, pensando en tirala toalla, que lle den... Despois vin os libros da miña filla, boa atleta, boa triatleta, boa rapaza, e boa estudiante que onte, como moitas veces quedou estudiando ata as tantaricas, entre as suas cousas había un archivador con apuntes no que se pode ler "que sea dificil no quiere decir que sea imposible, que sea imposible no quiere decir que valla a rendirme". Sera unha mariconada pero a min serviume para poder ir tirando outra temporada máis.

De calquera xeito, si alguén sabe algo ou ten algúnha experiencia sobre o seno do tarso ou o túnel tarsiano e mo quere contar estimaballo ben. En internet xa lin todo o que hai. Varias veces

PD. Xa avisei que era largo.

Faltaría a la verdad si afirmara que estoy en desacuerdo con usted
koala36

Multimedia
Multimedia
31/12/06
0 Carreiras
1670 Mensaxes
vedra
Respostar citando Envío Xov, 30 Xan 2014, 19:55
Asunto: Re: Tunel e seno tarsiano

Animo e haber si tes suerte, e as cousas melloran.

Por certo, a frase do archivador da túa filla de mariconada , NADA!!!!

Saludos!!!!
VICTORALVAREZ

Experto no foro
Experto no foro
13/10/10
196 Carreiras
5440 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 30 Xan 2014, 22:25
Asunto: Re: Tunel e seno tarsiano

Buenas Crap. Yo pasé por esa lesión a principios de 2.012 y con 2 infiltraciones me desaparecieron totalmente los dolores. Eso sí, creo recordar que tuve que ir a 3 traumas para que me localizaran el punto de dolor.

En mi diario fui comentando las evoluciones:

www.correrengalicia.or...&start=630

Tuve la suerte de dar con un gran profesional y con un par de infiltraciones me lo arregló.

Espero que te recuperes cuanto antes, y cuando te dé el bajón te vas a ver el archivador de tu hija.

Mucho ánimo crap, y a seguir peleando.

Saludos
lucusrunner

Maratoniano
Maratoniano
20/08/09
0 Carreiras
658 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Ven, 31 Xan 2014, 21:00
Asunto: Re: Tunel e seno tarsiano

Nin idea de donde está o seno ese, polo que dis debe estar bastante caido. Moi feliz
Ánimo, que de todo se sae. É cuestión de perseverar e seguir buscando bos profesionais.
Eu xa empezo a andar sen muletas e espero no verán estar correndo ou como se lle chame a tentar correr despois dun ano no dique seco.
crap

Foreiro Senior
Foreiro Senior
13/05/07
0 Carreiras
618 Mensaxes
Excelente con vistas
Respostar citando Envío Ven, 31 Xan 2014, 21:18
Asunto: Re: Tunel e seno tarsiano

koala36, VICTORALVAREZ, gracias polos ánimos.

Victor, estiven botandolle unha ollada ao teu diario, vexo que tiveches sorte coas infiltracións e incluso poideches correr un maraton, alegrome sinceramente. No meu caso parece que é unha lesión moi rebelde, e o problema pode ser mais do túnel que do seno tarsiano, que segun parece non é o mesmo

A mediados de febreiro teño cita co traumatologo, a ver que me conta, pero igual pidolle unha opinión ao que te tratou a ti, si eres tan amable mandame un privado co seu nome e dirección, ou aquí mesmo como prefiras.

Gracias e un saúdo

Faltaría a la verdad si afirmara que estoy en desacuerdo con usted
crap

Foreiro Senior
Foreiro Senior
13/05/07
0 Carreiras
618 Mensaxes
Excelente con vistas
Respostar citando Envío Ven, 31 Xan 2014, 21:26
Asunto: Re: Tunel e seno tarsiano

lucusrunner escribió:
Nin idea de donde está o seno ese, polo que dis debe estar bastante caido. Moi feliz
Ánimo, que de todo se sae. É cuestión de perseverar e seguir buscando bos profesionais.
Eu xa empezo a andar sen muletas e espero no verán estar correndo ou como se lle chame a tentar correr despois dun ano no dique seco.

Lucus tío, ti tamén por aquí, non te vira que esto está moi concurrido, pasa e ponte comodo, ¿queres tomar algo...? uns tornillos ou remaches pàra o dedo...

Bueno, alegrome que vaias saindo para diante, e gracias polos ánimos.

Faltaría a la verdad si afirmara que estoy en desacuerdo con usted
VICTORALVAREZ

Experto no foro
Experto no foro
13/10/10
196 Carreiras
5440 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 31 Xan 2014, 21:26
Asunto: Re: Tunel e seno tarsiano

Dr. García Moreno. Consulta en la Clínica O Burgo y en Clínica Coruña

www.clinicaoburgo.es/c...a-o-burgo/

www.clinicaoburgo.es/c...ca-coruna/

Cuando llamas para pedir cita te toman los datos y luego te llaman para decirte el día.

Saludos y mucha suerte Guiño





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos