Lun, 09 Set 2013, 7:42
Asunto: Re: XI Andaina 50 km Concello de Riveira
Bos días, e graciñas a todos os que participástedes e nos déstedes todo o voso apoio para intentar ir a por unha duodécima edición!!
Tal como indica CesGti (maneira de correr, shiiiiico!!!), os pasos de tempo (máis permisivos que outras edicións -pasamos de 7 a 7,5 km/h-) así como a dificultade do terreno da primeira parte da andaina, fixo que practicamente non hubera retencións nos distintos controles (excepto o susodito CesGti
).
En canto ó que comenta Rande da baixada de Forcados, totalmente de acordo...cando ves baixar ós participantes é cando percibes (moito mellor que cando a baixamos os organizadores) o perigo de tanto pedrugallo. Desde logo para o ano, os "mortales" non deberían pisar ese terreno. Quizais se deixe a baixada para os "pros" xa que para varios deles, a baixada grande dos Forcados foi o mellor da andaina!! (Para gustos, colores!!)
En canto ó do avituallamento do 42 que indica CesGti, un exceso de confianza fixo que os encargados da loxística se saltasen o planning durante uns minutos e ese pequenísimo feito, foi dabondo para que tres ou catro "pros" vos quedásedes sin a atención debida!! (Cando hai que recoñecer os erros, non queda outra que apeitugar!!)
Pero eso precisamente é o que nos axuda a mellorar: que nos axudedes describindo os erros, xa que moitas veces, si non nolos decides, nós non os vemos...a experiencia de cada un dos 230 participantes vai ser distinta á do compañeiro...:mrgreen: