Mar, 27 Mar 2007, 2:36
Asunto:
bueno, pois ahí vai...
teño moitas ganas de coller a cama (non tantas coma onte), pero tamén de plasmar aquí as miñas sensacións e de compartilas con todos vós...
antes de nada e de empezar a falar da carreira, debería dicir que son un namorado de
Asturias, que me gusta todo desta terra veciña: a amabilide da súa xente, as paisaxes, as estradas, a gastronomía, as carreiras que alí se fan, e por suposto a
sidra... todo. Tento escapar todo o que podo e que o traballo me deixa, pero sempre me parece pouco, e cando regreso non vexo a próxima coas ganas e co bo sabor de boca que sempre me deixa... tal vez por iso arranquei pitando o venres para aló nada máis sair de currar, moi contento e ilusionado...
non podía esperar ao sábado como fixeron os meus compañeiros de fatigas...
o venres era a noite para exceder e así o fixen... case rematamos coas reservas de sidra de
Cangas eu e mailos meus amigos cos que estaba de casa rural... parecía que era Acuarius e que me ía a vida na hidratación... "creo recordar" que me tiveron que meter na cama... en fin...
o sábado máis tranquilo... cena contundente, partidiña de poker ata altas horas (tendo en conta o puñetero cambio de hora) e a durmir.
e por fin, o domingo... pequeno escalofrío ó abrir a fiestra da habitación
, ó comprobar que aínda era de noite, pero tamén pola viruxe que corría... moito, moito frío. Ducha pra espabilar da falta de sono e un par de laranxas de almorzo.
primeira sorpresa ó ver que ningún dos meus "paisanos" do foro estaban agardando o autobús que levaba a
Tineo , pero pensei que irían noutro que xa salira... chegada a
Tineo (flipando polo frío e pola maneira coa que blanqueaba a xeada...) e recollida de dorsal... ó pouco vexo a
marola e escoito un berro de "
yosi" do compañeiro
fema ... presentación con barrachina (todo un pracer coñecer a outro mapomero), quecemento, estiramentos e foto oficial da representación de CenG.
o peor veu ó ter que quitar o chándal... os
0grados do termómetro da farmacia non eran cachondeo... e eu coa miña camisetiña de tiras, sen guantes, e desexando empezar a correr... ofrecíame
fema (un millón de gracias) unha camiseta de manga larga que tal vez debería haber aceptado, cousa da que me din conta kilómetros despois... pero aquí un que é moi cabezón...
saída e primeiros kms moi tranquilos, charlando con
fema,
marola e
barrachina... imos no autobús de cola, pero máis contentos que ninguén... flipamos co dura que pode facerse a carreira en sentido contrario, e emplazámonos para dentro de dous anos...
fema fai parada técnica no km4 e xa non o vexo máis porque no 5 decido soltarme e subir o ritmo... pensaba facer con eles toda a parte de descenso, moi tranquilo e disfrutando da súa compaña, pero me estaba quedando conxelado e non daba quitado o frío... deséxolles sorte e acelero.
ó chegar ó final da baixada vexo a
ochobre... me fai unha foto e me da ánimos... por certo, acábome de enterar que
ochobre e
irisrojo son a mesma persoa...
vou adiantando xente sen parar, a moi bo ritmo... pero o frío non se vai... ó contrario, cada vez sinto os brazos e as mans máis agarrotadas, sensación que se acentúa ó pasarmos por uns túneles cheos de goteiras que parecían conxeladores...
pasan os kms e segue o efecto nevera da brétema e o frío... pero tamén o bo ritmo e as boas sensacións (aínda que non consigo romper a sudar como a min me gustaría...) por unha estrada que sempre vai "picando" un chisquiño cara arriba, pois o río vai en sentido contrario...
no km15 doume conta de que xa non sinto as mans... teño os dedos insensibles e os antebrazos e as mans vermellos coma tomates... intento soplar e frotalas pero é inutil...
sigo adiantando xente, pero cada vez me costa mais facelo, e cada vez fago máis treitos en solitario... tento desfrutar da paisaxe e así o fago.
despois do km18 o frío comeza a facer mella tamén a nivel gástrico e intestinal, con pinchazos e hinchazón... as sensación deixan de ser boas e comezo a sentirme pesado e mal agusto... véñenme á cabeza os excesos do venres, o plato de fabada do sábado, o descansar pouco, as camisetas de manga longa e os guantes que deixei en Lugo mortos de risa, a camiseta de fema...
á altura da media maratón os pinchazos son insoportables
e véxome obligado a tirarme a unha cuneta, entre uns ramallos, a facer unha parada "súper-técnica"... vivo momentos de desesperación para poder desatar o cordón do pantalón con uns dedos que non podo nin mover... despois de empregar unha esponxa que daban para o sudor noutros menesteres, volvo á estrada coas zapatillas cheas de barro (os meus amigos me preguntaron se fixera 30kms campo a través...), e recupero o ritmo e as boas sensacións que perdera kms antes... síntome lixeiro coma un páxaro...
aínda por enriba aparecen os primeiros raios de sol, pero moi tímidos...
sigo moi frío, cos antebrazos e coas mans xa de cor morada... da igual, hai que seguir e saber sufrir, que o peor xa pasou...
os últimos kms son un rosario de xente desfondada á que adianto con unha facilidade pasmosa, da que eu mesmo me asusto... "contrólate, chaval, que o teu obxectivo é Mapoma...", pero a meta está preto e a emoción desbórdame
entro en
Cangas e flipo coa cantidade de xente que hai animando, todo o mundo volcado... vese que saben que teñen unha carreira bonita e que a apoian... decido frenar e deixarme levar, para disfrutar do último km a modo de premio... entro en meta en
2h10', o posto aínda non o sei, nin me preocupa, a verdade.
abrazos cos amigos, rehidratación, lixeiros estiramentos e pitando para a casa rural a ducharme... sinto non haber podido esperar por vos,
fema & compañía, pero é que estaba conxelado e aínda despois de ducharme me costou entrar en calor... o que sí vos teño que dar as
gracias ós tres por haber estado ahí neses kms iniciais... penso que non houbera terminado tan forte e con tan boas sensacións de non haber sido así, indo sempre de menos a máis...
e pouco máis que dicir... que estou moi contento de como foi a cousa, sobre todo vendo que de cara a
Madrid estou mellor do que eu pensaba a nivel de fondo, pois as miñas tiradas largas non son moi alá... e ata se antoxa factible a posibilidade de atacar as 3 horas, sen ser pretencioso e sen facerme ilusións... aínda queda moito que roer ata o día de
mapoma...
pero esa será outra historia...
saúdos.
(PD: perdoade polo tostón)
sexo, zume de melocoton & rock'n roll