Ven, 09 Set 2011, 22:23
Asunto: Re: Límite de resultados enviados
Efectivamente corvo, tes toda a razon de que os mais rapidos son os primeiros en chegar, pero o circuito non deberia estar para eso, para eso esta precisamente cada carreira, o circuito e un conxunto de carreiras e por elo deberia de gañar o mais constante en todas elas...
Non gaña a liga o que mais goles marca nun so partido, se non o mais regular en toda a tempada.
Non gaña a formula 1 o mais rapido nunha carreira senon o mais regular en toda a tempada.
E podesme dicir que tanto na liga coma na formula 1 teñen un numero determinado de partidos e eventos, efectivamente pero eles desenvolvense un periodo de tempo determinado e que non lles da mais tempo para ter mais.
No circuito temos tamen un tempo (10 meses), pois enton que puntuen todalas carreiras que se poñen nese tempo, e asi que gañe o mellor e dicir, non o mais rapido dunha carreira, senon o mais regular nos 10 meses.
Eu busco competitividade, pero competitividade total, non limitada para eses que corren 25 carreiras e echegan entre os primeiros e despois xa non dan mais de si, e rompen, e lesionanse, e...e.....e... Que corran todalas carreiras que o seu corpo aguante en 10 meses e que se lles puntue, e o final ganara o mais regular.
Senon que poñan un circuito a unha soa carreira e xa esta que gañe o mais rapido ese dia.
En canto o que dis corvo: "A unica forma xusta de reducir eses desequilibrios cos máis veloces é entrenando para ser máis rápido. Todo o demáis so serve para enganarse a un mesmo". E unha autentica tonteria, porque eu por moito que entre cos meus 44 anos, a miña constitucion, e moitos mais handicaps na miña contra, por moito que entrene, non serei moito mais rapido, pero si podo ser mais resistente nas carreiras que outros que son moito mais rapidos pero que rompen con mais facilidade, pero se o circuito se lles adapta para eles...para que fagan un pequeno esforzo unha vez o mes cunha gran recompensa en puntos xa me diras onde esta a xustiza para a reduccion dos desequilibrios.
www.casadebrea.com