Foros ›
Autor
Mensaxe
ron

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/09/06
0 Carreiras
59 Mensaxes
Teo
Respostar citando Envío Mér, 31 Ago 2011, 6:47
Asunto: ruta río Lérez

Hola a todeos/as. Este verán un amigo ensinoume unha ruta polo río Lérez que me pareceu moi interesante dado que o 75% é fóra de asfalto. Saíamos da ponte seguinte aos tirantes (non sei como se chama) en dirección a Monteporreiro, pero uns metros despois collese un paseo de terra que vai seguindo o río Lérez. A verdade é que me gustou moito, tanto pola ausencia de asfalto, como polo trazado, vistas etc. Entón pregunto sobre todo aos de Pontevedra ¿canto mide? non teño gps e cos mapyrum non sei funcionar ben. Moitas gracias.
Papabaloo

Maratoniano
Maratoniano
8/04/08
0 Carreiras
425 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mér, 31 Ago 2011, 7:06
Asunto: Re: ruta río Lérez

Desde el puente de los tirantes hasta el cruce con la carretera en Bora 6 kms.

Si te fijas, hay algunas marcas hechas con spray marcando algunos puntos de kilómetros y medios kilómteros.

Por cierto, este sendero forma parte del recorrido de la andaina Lérez-Almofrei que acabo de ver que se celebrará el 25 de septiembre. Merece la pena
Barazal

Novo foreiro
Novo foreiro
30/08/10
0 Carreiras
24 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mér, 31 Ago 2011, 10:20
Asunto: Re: ruta río Lérez

decirvos que este é o 2º ano en que organizamos a Andaina Lérez -Almofrei o dia 25 de setembro duns 22 km cunha dificuldade baixa-media (eminentemente fluvial). Ese dia tamén como vedes facemos unha Xuvenil con monitores e charla pedagóxica, outra Infantil (a maneira de gardería), e unha para os veciños da zona (Salgueiral- A Corticeira).

Como novidade este año faremos previamente o DIA 10 DE SETEMBRO duas andainas:
- Unha de ORIENTACIÓN (por unha senda anexa á do Almofrei, chamada Serra da Ferradura duns 15 km, con colaboración de profesionais en orientación). Eu marcaria no voso calendario como unha proba deste tipo (Andaina de orientación no Almofrei - Serra da Ferradura - Pontevedra):
Descrición: andaina de orientación e aventura polas inmediaciones do río Almofrei. Data: Sábado 10 de setembro 2011. Idade:
maiores de 18 anos e menores que vaian acompañados por os seus pais ou titores e baixo a súa responsabilidade. Lonxitude: 15 km.
Dificultade: media-baixa. Saída: ás 16,00 h. da Casa da Cultura do Salgueiral. Duración Precista: 4 horas. Peche control: 20,00 h.
Avituallamentos: Saida, punto medio e final. Prazas: máximo 50 persoas. Custo inscrición: 10<. Inclúe: avituallamento, camiseta e
equipo de orientación durante a actividade.
- Outra Andaina nocturna Lérez-Almofrei o dia 10 de SETEMBRO, duns 12 km, a partir das 20:30 h.:
Descrición: Andaina que inclúe unha sesión de observación nocturna do ceo coa colaboración dos membros da Asociación Sirio. Itinerario: Ponte dos tirantes > Presa de Bora > Os Pasos > A Fervenza > Pico Sacro> Salgueiral > Regreso en autobus a Pontevedra.Data: Sábado 10 de setembro 2011. Idade: maiores de 18 anos e menores que vaian acompañados por os seus pais ou titores e baixoa súa responsabilidade. Lonxitude: 12 km. Dificultade: media-baixa. Saída: 20,30h da Ponte dos tiranes. Duración prevista: 4 horasPrazas: máximo 50 persoas. Avituallamentos: con bebida quente no Pico Sacro Custo inscrición: 10<. Inclúe: avituallamento,camiseta, sesión de astronomía coa charla dun astrónomo e regreso en autobús a Pontevedra.

Agardando que vos sirva de esclarecemento, estamos negociando o banquete final ( isto da crise!), estades convidados.
Saúdos.
ron

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/09/06
0 Carreiras
59 Mensaxes
Teo
Respostar citando Envío Mér, 31 Ago 2011, 10:26
Asunto: Re: ruta río Lérez

Barazal e dende a Ponte dos tirantes ata onde acaba o camiño de terra canto é? gracias
Barazal

Novo foreiro
Novo foreiro
30/08/10
0 Carreiras
24 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mér, 31 Ago 2011, 11:32
Asunto: Re: ruta río Lérez

Se te refires a senda acondicionada que pasa desde Ponte dos tirantes, praia fluvial, Monteporreiro (zona de tartán) polo antigo Balneario, tramo de asfalto até presa de Monteporreiro(estación de bombeo), senda acondicionada con tramos de terra e asfalto branco até presa de Bora: 6 km. (moita xente ten este calculo para facer os entrenos) que son parte dos da nosa Andaina.

Hai outra opción, que neste momento non se pode facer polas obras do AVE, que é desde Ponte dos tirantes- Illa Esculturas- marxe esquerda do rio Lérez até unha ponte a altura do Balneario antigo en que haberia que cruzar a marxe dereita para continuar a senda.

Decir que a altura da presa de Monteporreiro hai unha ponte estreita que cruza a marxe esquerda (a altura de Xeve) que vai até unha pequena zona de baño-praia. Pero desde ahi descoñecemos neste momento como se atopa un probable camiño de pescador que vaia por esa marxe até Bora.
Estamos en proxecto de investigación.
ron

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/09/06
0 Carreiras
59 Mensaxes
Teo
Respostar citando Envío Mér, 31 Ago 2011, 20:20
Asunto: Re: ruta río Lérez

Penso que é esa o que pasa é que non son de Pontevedra e non sei decirche: saímos da ponte seguinte aos tirantes, pola marxe do río cara Monteporreiro, e a altura da zona de obras baixamos un pequeno camiño para encarar a marxe do río, efectivamente é tartán ao principio e despois seguimos por camiño de terra ata que na presa se acaba e temos que dar volta. Neste tramo eu calculaba sobre 5 e medio, non sei se estarei no certo... Gracias. Ten boa pinta a andaina, veremos como andamos de axenda...
Barazal

Novo foreiro
Novo foreiro
30/08/10
0 Carreiras
24 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Xov, 01 Set 2011, 9:59
Asunto: Re: ruta río Lérez

" na presa se acaba e temos que dar volta."
Pois até ahi habera 2 - 2.5 km dende a ponte dos tirantes. Non dedes volta, subides pola pendente de terra da dereita até a ponte colgante e sen cruzala, seguides por esa senda que pasa por encima dunhas rexas e continua, levaravos até a presa de Bora para completar os 6 km.
Saúdos.
ron

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/09/06
0 Carreiras
59 Mensaxes
Teo
Respostar citando Envío Xov, 01 Set 2011, 10:54
Asunto: Re: ruta río Lérez

Ves como estou mal situado, eso facemos, pasamos polo camiño das verxas e seguimolo pero acaba nunha presa ou algo así, que está un coche de medio ambiente moitas veces, é ahí onde se nos acaba o camiño. Os 6 son ata ese punto? Gracias.
Barazal

Novo foreiro
Novo foreiro
30/08/10
0 Carreiras
24 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Ven, 02 Set 2011, 9:37
Asunto: Re: ruta río Lérez

Eu coido que o che de medio ambiente acostuma a estar situado nun cruce coa senda que hai uns 500 m antes da presa de Bora, esta ten ao lado un caseto de cor verde e á esquerda un panel no que identifica diferentes especies do rio. Despois se seguides un camiño en costa vedes que acaba na estrada PO-OU.
E ainda vos direi máis: se segues pela esquerda en dirección Ourense, ao chegar a unha curva sobre unha ponte (ponte sobre o rio Almofrei onde vai a enlazar co Lérez) hai que cruzar (na andaina habera garda civil para darnos paso durante a Andaina) e situarnos a dereita do cruce coa estrada que sube a Marcón, detrás do garda-rail hai un cartel que nos debuxa a andaina e nos dirixe cara a senda do Almofrei pola marxe dereita do rio.
De calquera das maneiras habera marcas azuis e brancas que sinalan a senda.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos