Bubela escribió: |
Se as intervencións do tal Azochador teñen como obxecto fomentar o debate e a provocación, con certeza consígueo. Calquer corredor (que vaia a 2:50 o qmo ou a 6:00), que puxera un pulsómetro no seu pulso e o medidor de frecuencia no peito sabe que, independientemente da sua idade, forma, día: 1º.- A menos de 100 ppm. ninguén consegue máis ca trotar paseniño. 2º.- Despois de 9 qms. nas pernas, e vindo a 160/170 e os fenómenos a 150, é imposible baixar a 80 polas boas. Absolutamente imposible. 3º.- 80 ppm. e a frecuencia cardíaca de recuperación dun fenómeno despois de 2/3 minutos de rematar unha serie de 1000, sin tela feito absolutamente a tope. |
Kandpalleiro escribió: |
Ben, eu reafirmome en que a única pega que se lle pode por a esta proba dende o punto de vista POPULAR é a saida. A miña mensaxe anterior ben dice que para min esta é a carreira e que si se me obriga a dicir algo negativo só se me ocorre iso; tamén puiden dicir que moitos anos chove, pero para min a choiva en Compostela é, dende non vivo nela, unha marabilla. Evidentemente nesta páxina estamos xente moi heteroxenea i cada un de nós irá evolucionando segundo as circunstáncias da súa vida e a sorte que teña (lesións, disponibilidade para adestrar etc.) eu teño agora 37 anos, corrin seguido a proba dende os 20 até os 25 anos. Logo deixei de facer deporte durante 9 anos, engordei 35 Kg. e voltei a trotar, chapotear, pasear... até que me vin correndo de novo. fun no 2003 e fixen 50' e quedei satisfeitisimo, ó ano seguinte partin un menisco e so puiden ir a animar (e chorar por dentro) iste ano vou con moitísima mais ilusión que con 20 anos e coido que iso é o mais importante. Coido que si un ten ansia de mellora-las suas marcas a partires de certo punto é preciso un método de adestramento i que este método sen dúbida debe abranguer o control cardíaco e nutricional. O que no meu caso ocorre é que os meus obxectivos son: Ter boas sensacions, Facer un esforzo fructífero e sentir ledicia ó chegar a meta só polo feito de ter corrido outra volta mais. Por todo elo si fago series segundo un plano preconcebido e controlo as pulsacions entre as series para face-los esforzos dun xeito controlado e proveitoso; o que non levo é un pulsómetro pois as sensacions son as que me guian en cada intre. O deporte popular non é SEMPRE gañar, como moito é gañarse a un mesmo. O deporte popular é un habito san e non debemos descalificar a ningúen por que Pare a beber ou porque se desfonde no 1º Km. A difusión do deporte popular é un xeito de difundir saude para tod@s que, coido, terá mais repercusión que a famosa lei anti-tabaco. |