Ven, 17 Set 2010, 11:04
Asunto: Re: Vuelta ciclista a España 2010
Pois Ezequiel correrá o ano que ven no Vacansoleil, e seguro que se leva con él a algún outro corredor. Galicia vai quedar para o ano cun equipo moito máis mediocre do que había ata o de agora.
Este cambio de equipo pode ser a porta para que Eze corra o Tour. Está ante o que casi seguro sexa o seu derradeiro contrato coma profesional do ciclismo e tiñao que aproveitar xa que aquí parece que non había voluntade, cartos ou o que sexa para manter a formación dun xeito competitivo.
Mágoas que ao final non se puidera levar un equipo con Eze, David Blanco, David García, Rabuñal, García Domínguez, Serafín... En fin o equipo Galicia parece que en vez de mirarse no espello do Euskaltel, vaise mirar no do Andalucía-CajaSur (sendo optimistas) pero por desgraza me temo que parecerase máis ao Murcia-Contempolis ou ao Burgos Monumental.
Unha mágoa.
Por outra parte, Ogallá Eze sexa que de acadar dunha vez por todas a Volta. Meréceo por todo, por loita, simpatía... por ser o mellor.
A Bola do Mundo ten que encumbrar dunha vez ao ciclista que máis pementa botou na Volta.
www.subeaobarbanza.blogspot.com