Foros ›
Solidaridad con los ganaderos gallegos
Foros de debate / Otros temas de interés
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
corroseguro

Maratoniano
Maratoniano
22/11/05
0 Carreiras
4906 Mensaxes
Galicia-Gales
Respostar citando Envío Xov, 09 Set 2010, 16:52
Asunto: Solidaridad con los ganaderos gallegos

Solidaridad con los ganaderos gallegos por el ridículo precio de la leche con la que pagan en origen(a los ganaderos) las empresas lácteas que son las que llevan todo el beneficio. Los ganaderos que están al borde de la quiebra y sus graves consecuencias colaterales hacen que nos solidaricemos con éllos boicoteando la compra de las marcas de esas empresas que se llevan todo el beneficio. ¿ Cuáles son esas marcas de leche ?

Friends forever
xiamenfroi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/10/09
0 Carreiras
814 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 09 Set 2010, 18:39
Asunto: Re: Solidaridad con los ganaderos gallegos

Primeiro, e a moita distancia do resto, o grupo do auténtico mafioso Jesús Lence 'y sus secuaces': Leite Río e Leyma. Despois, os franceses de President. A Corporación Alimentaria Peñasanta (oséase, Central Lechera Asturiana e Larsa), tampouco queda atrás (coa peculiaridade de que cobran mais por un litro de leite os que venden a CLAS, o 99% asturianos, que os que venden o mesmo litro a Larsa, o 99% galegos). Despois os americanos de Celta, despois Pascual, logo aqueles, tamén aqueloutros... En fín, practicamente todos os operadores mercan leite de fora e o envasan en Galicia coma se fose de eiquí.

¿Os mais legais? A día de hoxe (que esto pode cambiar en calquer momento), Feiraco.

Nembargantes, eu non me poido solidarizar cos gandeiros galegos. O meu traballo está moi relacionado co seu, e cando eu estaba mal a nós non nos apoiaron en nada nin tivemos a súa solidaridade. Ao contrario, aínda nos querían j... mais. Polo tanto, que se arreglen eles se poden, pola miña parte non lles dou nin unha firma. Sempre están chorando que as cousas lles van mal, hay 15 anos que estou nese mundo e se lles preguntaras en todo ese tempo habíanche dicir que sempre estaban mal, nunca están ben dabondo. Cantas veces oín a cantinela: 'Neno, se esto sigue así temos que cerrar. Bueno, deixote que se me fai tarde', e montaban no seu BMW ou Mercedes. O meu coche ten 18 anos e non saco para outro. ¿Canta xente da que coñecedes lles dan as subvencións que lles dan a eles? ¿A algún traballador por conta allea ou a algún autónomo?

Non digo mais que xa encendín... Enfadado Enfadado Enfadado Enfadado Enfadado Corroseguro, tocáchesme un tema moi j..., e non está o forno para bolos.
corroseguro

Maratoniano
Maratoniano
22/11/05
0 Carreiras
4906 Mensaxes
Galicia-Gales
Respostar citando Envío Xov, 09 Set 2010, 19:21
Asunto: Re: Solidaridad con los ganaderos gallegos

¡ EXCUSE ME, Xiamenfroi ! Confuso Confuso

Friends forever
xiamenfroi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/10/09
0 Carreiras
814 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 09 Set 2010, 20:01
Asunto: Re: Solidaridad con los ganaderos gallegos

Sintoo, correseguro, o cabreo que teño non é por ti, nin de seguro que por ningún dos correlegas. Ao contrario: para min participar neste foro conversando con vós é participar dun remanso de paz, como diría o outro, 'lonxe do mundanal ruido'. Agora ben, que non por moito berrar se ten razón (como fan os gandeiros, apoiados por uns sindicatos agrarios ben potentes e capaces de 'arrastrar' moitos votos en Galiza, mesmo de influir nos políticos).

A outro can con ese óso, que eu non pico... Bailar
oliveira

Super Veterano
Super Veterano
24/10/08
75 Carreiras
2266 Mensaxes
cambados
Respostar citando Envío Ven, 10 Set 2010, 8:41
Asunto: Re: Solidaridad con los ganaderos gallegos

Totalmente de acordo con xiamenfroi. Cos gandeiros e cos mariñeiros sempre hai que solidarizarse mentres que eles nunca apoian a ningún outro gremio.
A miña muller e máis eu dende o 1 de Xaneiro ingresamos 200 € ó mes menos que o ano pasado, e algúns amigos mariñeiros que temos apoian a decisión do goberno. Eso sí como baixe o precio do marisco un céntimo, todos á folga e a queimar neumáticos.
corroseguro

Maratoniano
Maratoniano
22/11/05
0 Carreiras
4906 Mensaxes
Galicia-Gales
Respostar citando Envío Ven, 10 Set 2010, 13:33
Asunto: Re: Solidaridad con los ganaderos gallegos

Non se pode comparar a "situacion laboral" de un mariñeiro,gandeiro ou agricultor, de total inestabilidad,fluctuabilidad, añadida a dureza, coa que teñen os funcionarios públicos. O ser funcionario publico,co que íso conleva,é un auténtico privilegio , pois dá estabilidad,seguridad.O traballo de por vida,aínda recortando sueldos en épocas de vacas flacas(xa cando e tempo de vacas gordas nadie se queixa dos aumentos de sueldo e pagas extraordinarias de este personal)é un auténtico privilexio.Un funcionario dá seguridad e estabilidad a familia, e si coincide que ambos conyuges son funcionarios públicos, íso é unha fortuna.
Eu sei que é traballar para a administracion e que é traballar como empleado e tamén como autónomo, é o traballar na administracion é unha auténtica lotería un privilexio.

Friends forever
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 13 Set 2010, 16:57
Asunto: Re: Solidaridad con los ganaderos gallegos

corroseguro escribió:
Non se pode comparar a "situacion laboral" de un mariñeiro,gandeiro ou agricultor, de total inestabilidad,fluctuabilidad, añadida a dureza, coa que teñen os funcionarios públicos. O ser funcionario publico,co que íso conleva,é un auténtico privilegio , pois dá estabilidad,seguridad.O traballo de por vida,aínda recortando sueldos en épocas de vacas flacas(xa cando e tempo de vacas gordas nadie se queixa dos aumentos de sueldo e pagas extraordinarias de este personal)é un auténtico privilexio.Un funcionario dá seguridad e estabilidad a familia, e si coincide que ambos conyuges son funcionarios públicos, íso é unha fortuna.
Eu sei que é traballar para a administracion e que é traballar como empleado e tamén como autónomo, é o traballar na administracion é unha auténtica lotería un privilexio.
Creo que o tema non é o dos funcionarios, pero estás moi equivocado en moito do que dis, os funcionarios das escalas inferiores o 90% deles non viron nunca as vacas gordas. Cando si as tiñan calquera profesión relacionada coa construcción.
Respeto o da leite na miña casa case sempre tomamos Feiraco ou Clas (polos anos vividos en Asturias).
O que é certo que os gandeiros levan anos decindo que non lle da para cubrir, gastos, cousa que eu non lle creo (salvo que compensen con subvencións), pero eu non vexo peches masivos de granxas.
french_mondariz

Montañés
Montañés
25/01/07
0 Carreiras
1387 Mensaxes
Villasobroso - Mondariz
Respostar citando Envío Xov, 16 Set 2010, 14:10
Asunto: Re: Solidaridad con los ganaderos gallegos

Buenas tardes

Por lo que he oido, y digo oido pues de ese tema ni idea, que el problema a parte del precio de la leche el problema de la cuota lactea pactada en la PAC. Parece ser que con el precio de la leche actual las explotaciones son viables, pero creo recordar que estan en un 63% de producción.

El tema de la leche es un sector donde cuando más se produce a un precio constante más se mitiga los costes unitarios.

Viendo que los ganaderos no pueden aumentar su cuota lactea, pues el plan B es aumentar el precio y ahi... las centrales lecheras, como dijo xiamenfroi, son más fuertes que los ganaderos e imponen su ley de mercado.

Saludos
corroseguro

Maratoniano
Maratoniano
22/11/05
0 Carreiras
4906 Mensaxes
Galicia-Gales
Respostar citando Envío Xov, 16 Set 2010, 14:19
Asunto: Re: Solidaridad con los ganaderos gallegos

Lo que no entiendo,soy muy torpe,es como el mundo rico limita la produccion de alimentos, tira los alimentos, y el mundo pobre se muere de hambre. Como los niños del mundo rico tienen problemas de obesidad, de sobrealimentacion y en el mundo pobre los niños se mueren de inanición.
Ya sé que no viene a cuento pero a veces tengo estos "lapsus". Pensando Pensando

Friends forever
xiamenfroi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/10/09
0 Carreiras
814 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 16 Set 2010, 15:45
Asunto: Re: Solidaridad con los ganaderos gallegos

Realmente é un tema moi, moi complexo, do que o común das persoas non coñezemos mais ca punta do iceberg. E un tema macroeconómico (despois dín que hai libremercado, cando este sector leiteiro está intervido 'sui generis' a nivel europeo, por non falar dos aranceis, bla, bla...); evidentemente é un tema social (e moito mais en Galiza, onde moita xente vive directa e indirectamente do sector lácteo); e tamén é un tema político, xa que se xogan mais escanos en Andalucia (onde votan mais de 7 millóns de persoas) que en Galiza (con menos de 3 millóns). Resultado: cando a Ministra (galega, por certo) vai a Bruselas a negociar a PAC, chegan a acordos con outros países europeos que benefician o agro andaluz, para o seu aceite, viño, etc... e en contra do agro galego, leite fundamentalmente. ¿Quén se beneficia? Países coma Francia, que cuns costes de producción mais baixos é quen de vender o leite a Leite Río (p.e.), despois deshidrátano para convertelo en leite en pó, póñenno en Galiza e rehidrátano. E o señor Lence aínda gaña cartos, ademais de presionar aos gandeiros galegos.

Menudo personaxe o tal Jesús Lence. Si Al Capone se fixo rico a base de traficar con whisky a través da fronteira canadiense, este Lence faino con leite a través dos Pirineos. Saíu onte na tele dicindo que denunciou á Fiscalía de Lugo ás persoas que relacionaron as marcas Leite Río, Leyma, Cremosita... co baixo prezo que cobran os gandeiros, e que éstos instaron á poboación a facer boicot ás súas marcas. Ben. Vou contar unha anécdota do persoeiro en cuestión, que parte dela saiu na prensa, pero que tamén sei de primeira man: o ano pasado, nunha grande explotación leiteira en S. Xulián de Cabarcos, concello de Barreiros (Lugo), que coñezo personalmente e na que estiven moitas veces, o titular da explotación parece ser que tivo unha forte discusión cun dos 'inspectores' do leite do tal Lence, asunto que, por certo, acabou no xulgado. Pois o dono de Leite Río dixo que non lles recollía mais leite 'por sus cojones' (estamos a falar dunha explotación en torno a 200 cabezas en producción). Para os que non coñecedes o tema, non é nada doado cambiar de Central Láctea para un productor, están ligados por contratos cuasi-leoninos. Total: o home buscou desesperadamente, e finalmente deu atopado, unha Central que lle mercase o leite, pero seica non podían empezar a recollerllo 'ata que recibamos unha chamada de teléfono (textual)'. Durante uns 10 días tiveron que tirar na fosa do purín, por falta de suficiente capacidade de almacenamento, un millón de pesetas en leite pola mañán e outro millón á noite (2 ordeños). Ao final se soubo que, mentras o Señor Lence non deu o seu visto bon coa famosa chamada de teléfono, a outra central (que vende o leite co nome dun equipo de fútbol de Vigo) non se atreveu a comezar a recoller o leite, ata eles lle teñen medo.

Este é o personaxe. Se metedes o seu nome en Google, veredes que está cheo de xuízos por delitos medioambientais. E despois sae dicindo que cómo se pode ir contra Leite Río,, o único grupo leiteiro 100% galego. E si falamos de cómo lles fai aos conductores autónomos de trailers, como soltou 200 millóns de pesetas para non ter problemas, digamos, administrativos de certa índole, ou como empezou sacándolle a súa humilde empresa a unha persoa de Riotorto (de ahí o nome), non damos acabado.

Corroseguro, para que haxa ricos ten que haber pobres. Os alimentos son un ben de consumo de alta capacidade especulativa (e cada vez haberá aínda mais especulación). ¿Que pasou estes últimos anos cos cereais? E mellor sementar millo para biocombustibles que o primeiro mundo pode pagar (e aínda pensamos que facemos un ben á humanidade porque contaminamos 'menos') que sementalo para alimentación animal, por non dicir de doar excedentes a Africa ou Asia. Que si os pobres enferman e morren, aos mercados dalles igual: sempre haberá outros que ocupen o seu lugar.

Vaia rollo. Saúdos. Moi feliz





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos