Mér, 23 Xuñ 2010, 11:42
Asunto: Re: Diario de Beauvais
Bueno, teño un pouco abandoado o diario. A verdade é que este mes ando bastante liado e como tampouco estou fino... pasa o que pasa.
No adestramentos tampouco estou a facer farlek ou series porque non teño a curto prazo un obxectivo e non me apetece sufrir. Como tampouco hai en perspectiva ningunha media reducín a distancia dos adestramentos. Xa virán tempos mellores:
12/06/2010 (sábado) Balbarda Adestramento curto para que as pernas recorden que mañán hai que correr: 4,15 Qm 22’24’’ (5’23/Km)
13/06/2010 (domingo)
II Carreira Popular Cambados 10 Qm 41’17’’ (4’07/Km) + 3,3 Cal. Saín forte intentando seguir un grupiño no que ían compañeiros do equipo (Agüita, Cachofoucellas e Igor) pero tralo 1º Qm xa vin que non era boa idea. A última volta se me fixo eterna
14/06/2010 (lunes) Chapela 9,05 Qm 49’14’’ (5’26/Km) 133 ppm
16/06/2010 (mércores) Calvario – Lagares - Teis 13,24 Qm 1h 09’46’’ (5’16/Km) 135 ppm
17/06/2010 (xoves) Casa – Areal - Casa 9,36 Qm 46’12’’ (4’56/Km) 144 ppm
19/06/2010 (sábado) Balbarda: Adestramento curto para que as pernas recorden que mañán hai que correr: 4,15 Qm 21’09’’ (5’05/Km)
20/06/2010 (domingo)
III Carreira Popular Vila de Redondela 6 Qm 23’20’’ (3’53/Km) + 1,6 Cal.
Outra vez saín forte pero o depósito está medio vacío e os dous últimos Qms tocou sufrir e baixar o ritmo
22/06/2010 (martes) Canuda 10 Qm 49’44’’ (4’58/Km)
Hoxe vou correr a Carreira de San Xoan. Xa vos contarei.
Saúdos
cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559