Calendario
Ver carrera

Pereiro de Aguiar

28/11/2026 12:55 - 13:55

[ Go Back ]

Descripción "XXIX CROSS GUILLELME BROWN"
O sábado 28 de novembro de 2026 celebrarase o XXIX Cross Guillelme
Brown, proba incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo,
que se desenvolverá de acordo coas seguintes normas e condicións de
participación:
HORARIO, CATEGORÍAS E PERCORRIDO

Hora Categoría Ano de nacemento Distancia
10:30 Sub-16 e Sub-18 feminino
(cadete e xuvenil)
2009-2010
2011-2012 3 voltas (2.462m)
10:45 Sub-16 e Sub-18 masculino
(cadete e xuvenil)
2009-2010
2011-2012 4 voltas (3.284 m)
11:00 Sub-14 feminino (infantil) 2013-2014 2 voltas (1.642 m)
11:15 Sub-14 masculino (infantil) 2013-2014 3 voltas (2.462 m)
11:30 Sub-12 feminino (alevín) 2015-2016 1 volta (821 m)
11:45 Sub-12 masculino (alevín) 2015-2016 2 voltas (1.642 m)
12:00 Sub-10 feminino (benxamín) 2017-2018 1 volta (821 m)
12:10 Sub-10 masculino
(benxamín) 2017-2018 1 volta (821 m)
12:20 Sub-8 (Prebenxamín) 2019-2020 400 m
12:30 Chupetes: nados no 2021-2022 200 m
12:40 Pais, nais e profesores do colexio 2 voltas (1.642 m)
12:55 Absoluta 2008 e anteriores 5 voltas (4.105 m)
13:30 Entrega de trofeos
O percorrido, parte terra e herba, parte asfalto, realizarase no
interior do recinto escolar.
PARTICIPACIÓN
Poderán participar no XXIX Cross Guillelme Brown os colexios, clubs e
asociacións deportivas convidados pola organización, que poderán presentar
un equipo por categoría, sen límite no número de atletas participantes. Así
mesmo, poderá participar calquera atleta que o desexe a título individual,
sempre que cumpra os requisitos establecidos neste regulamento.
A participación na proba será gratuíta.
INSCRICIÓNS
As inscricións realizaranse segundo a situación federativa de cada
participante:
• Atletas federados/as: as inscricións deberán ser tramitadas polos seus
respectivos clubs a través da SDP da Real Federación Española de
Atletismo (RFEA), dentro do prazo establecido pola organización.
• Atletas non federados/as: deberán formalizar a súa inscrición a través
do formulario dispoñible na páxina web www.carreirasgalegas.com.
O prazo de inscrición rematará ás 24:00 horas do xoves 26 de novembro
de 2026.
A organización establece un límite máximo de 500 participantes. As
inscricións quedarán pechadas unha vez acadado este límite, aínda que non
rematase o prazo establecido.
O día da proba poderán realizarse modificacións ou cambios nas
inscricións ata 30 minutos antes do comezo da correspondente carreira,
sempre que a organización o autorice e que estes non comprometan o correcto
desenvolvemento da competición.
O día da proba poderanse realizar os cambios que sexan precisos ata 30
minutos antes do inicio de cada proba.

DORSAIS
Os dorsais serán facilitados pola organización e entregaranse ás persoas
participantes ata 30 minutos antes do inicio da súa respectiva proba.
O dorsal deberá colocarse nun lugar visible da parte dianteira da
camiseta e manterse colocado durante todo o percorrido. Non poderá ser
dobrado, cortado nin modificado de ningún xeito que dificulte a identificación
do corredor ou corredora.
CLASIFICACIÓNS:
Establécense dúas modalidades de clasificación:
a) Clasificación individual: determinarase pola orde de chegada á meta de
cada participante, dentro da súa categoría correspondente.
Ojo morado Clasificación por equipos: establecerase sumando os puntos obtidos
polos cinco atletas mellor clasificados de cada equipo en cada categoría.
A puntuación asignarase segundo a posición acadada na carreira, de
xeito que o primeiro clasificado obterá un punto, o segundo dous puntos
e así sucesivamente. Resultará vencedor o equipo que obteña a menor
puntuación total.
Para optar á clasificación por equipos será necesario contar, como
mínimo, con cinco atletas que rematen a proba na categoría correspondente.
En caso de empate a puntos, aplicarase o criterio de desempate que determine
a organización, tendo en conta o regulamento federativo aplicable.
PREMIOS E TROFEOS:
Establécense os seguintes premios:
a) Trofeo ao equipo mellor clasificado nas categorías Sub-10, Sub-12, Sub14, Sub-16 e Sub-18, tanto na modalidade masculina como na feminina.
Ojo morado Medallas para os tres primeiros clasificados e as tres primeiras
clasificadas de cada categoría individual.
c) Bolsa de agasallo para os participantes que completen o percorrido e
cheguen á meta, de acordo coas condicións establecidas no apartado de
material e agasallos.
A clasificación individual realizarase por categorías e, cando
corresponda, por sexo: Chupetes, Sub-8, Sub-10, Sub-12, Sub-14, Sub-16, Sub18 e Absoluta.
A entrega de trofeos e medallas terá lugar no horario establecido pola
organización.
AGASALLOS E MATERIAL PROMOCIONAL
Dado o carácter popular e gratuíto da proba, o colexio disporá de 350
bolsas deportivas para agasallar as persoas participantes.
A distribución realizarase preferentemente entre as categorías
escolares. As bolsas restantes poderán entregarse ás persoas participantes
adultas, seguindo a orde de chegada á meta e ata esgotar as existencias.
A entrega destes agasallos estará condicionada á dispoñibilidade do
material e non afectará á clasificación deportiva.
Dado o carácter popular e gratuíto da proba, o colexio disporá de 350
bolsas deportivas para agasallar as persoas participantes.
A distribución realizarase preferentemente entre as categorías
escolares. As bolsas restantes poderán entregarse ás persoas participantes
adultas, seguindo a orde de chegada á meta e ata esgotar as existencias.
A entrega destes agasallos estará condicionada á dispoñibilidade do
material e non afectará á clasificación deportiva.
DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS E CONTROL DO PERCORRIDO
a) Os corredores e corredoras deberán situarse na zona de saída polo menos
cinco minutos antes do comezo da súa carreira, unha vez recibida a
correspondente indicación dos xuíces ou do persoal da organización.
Ojo morado As persoas participantes que dispoñan de licenza federativa deberán
indicar o seu número no formulario de inscrición ou facilitarllo á
organización cando esta o solicite.
c) Ao longo do percorrido estableceranse controis a cargo da organización e,
se procede, do persoal técnico ou arbitral designado para a proba.
d) Os participantes deberán realizar o percorrido completo e respectar en
todo momento as indicacións dos xuíces e do persoal da organización.
e) Quedará descualificada calquera persoa participante que reciba axuda
externa non permitida, acurte o percorrido, obstaculice deliberadamente
outros corredores ou incorra nunha conduta contraria ás normas
deportivas e de convivencia.
f) No caso das categorías de menores, os responsables legais deberán garantir
que os datos facilitados na inscrición son correctos e que a participación se
realiza nas condicións adecuadas á idade do participante.

[ Go Back ]