Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Vilamartín de Valdeorras
15/11/2026
10:00 - 12:00
[
Go Back
]
Descripción
ACANPAN (Asociación Cáncer de Páncreas), AESPANC (Asociación Española de
Pancreatología), AEG (Asociación Española de Gastroenterología) e ACAPAVAL (Asociación
Cancro de Páncreas de Valdeorras), coa colaboración da Delegación da F.G.A en Valdeorras,
organizan a 9ª CARREIRA E ANDAINA DAS CIDADES CONTRA O CANCRO DE PANCREAS, que
terá lugar no Concello de Vilamartín o vindeiro 15 de novembro de 2026, a partir das 10.00 h. INSCRICIÓNS:
As inscricións para a Carreira e a Andaina realizaranse preferentemente a través da
web de carreiras galegas as 23.59 h do xoves 12 de novembro, ou
ben nos puntos habilitados para a mesma ata o 12 de novembro nos horarios
específicos de cada establecemento ou punto habilitado.
Formas de inscricións e prezos:
Online: www.carreirasgalegas.com
Presencial: Establecementos colaboradores
o En O Barco:
Deportes Trisport
Garoba
Montglam
N37
Pizpireta
Ton y Son
o En A Rúa: Cool Balea
o En Rubiá: Librería Teresita e Trastos
o En Vilamartín: Fimar Consultores
INSCRICIÓN ÚLTIMA HORA: 15 de novembro ata 30 minutos antes do comezo
da proba.
Recoméndase a realización da INSCRICIÓN ANTICIPADA online
INSCRICIÓN ANTICIPADA: ata o 12 de novembro
INSCRICIÓNS:
PREZOS: Para todas as probas
Nenos menores de 16 anos: 6 €
De 16 anos en adiante: 12 €
Retirada de dorsais: Pavillón Municipal de Vilamartín de
Valdeorras
sábado 14 de novembro de 12:00 h. a 17:00 h.
domingo 15 de novembro de 08.30 h. a 10.00 h.
¡¡IMPORTANTE!!
O sábado 14 SOLO recollida de dorsais.
NON se realizan inscricións.
Os menores de 16 so poderán participar na andaina e deberán aportar unha
autorización asinada polos pais ou titores legais.
Ademais de forma voluntaria, existe a posibilidade de facer donativos
ao Dorsal 0 habilitado na web de Carreiras Galegas.
O importe da inscrición así como do Dorsal 0 será destinado
integramente para o financiamento das becas de
investigación contra o Cancro de Páncreas
1. -Tódolos participantes terán asignado un dorsal, este irá situado no peito e terá que ser
visible no desenvolvemento da proba.
2. Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e o feito de tomar parte
na saída da proba significa a aceptar estas normas de participación.
3. Seguro: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, excluídos os casos derivados dun padecemento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento; ao lugar da competición ou dende o
mesmo. Non se permitirá a existencia no percorrido de ningún vehículo non relacionado á
organización, estando estes últimos debidamente identificados.
4. A organización disporá DE AMBULANCIA dende una hora antes do comezo da carreira e
ata media hora despois de pechar o acto. Os Servizos médicos, están facultados para
retirar da carreira a calquera participante que manifestase un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma. Así mesmo, recomendase a todos os inscritos, leven a cabo
antes de tomar parte na proba un recoñecemento de aptitude médico-deportivo que
descarte calquera patoloxía que impida a súa participación.
5. Coa inscrición, os participantes dan o seu consentimento para que a súa imaxe poida ser
utilizada con fins deportivos, de promoción, distribución e/ou explotación para promover
a celebración deste evento e/ou sucesivos, sen límite temporal, e/ou fomentar a
participación nos mesmos, mediante a reprodución de fotografías/vídeos/gravacións da
proba, a publicación de listaxes clasificatorias, etc., independentemente do medio ou
dispositivo a través do cal se realice (Internet, publicidade, etc.). Os inscritos ceden de
forma expresa o dereito a reproducir o seu nome e apelidos, o posto obtido na
clasificación xeral e a propia do participante, a categoría, a marca deportiva ou calquera
outro dato derivado da participación no evento.
6. O descoñecemento destas normas non exime do seu cumprimento.
REGULAMENTO:
CARREIRA POPULAR: Idade mínima de participación 16 anos.
ANDAINA POPULAR: Poderán participar todas as idades.
Os participantes menores de 16 anos so poderán participar na andaina.
[
Go Back
]