Calendario
Ver carrera

Carballo - Cross

07/11/2026 16:45 - 17:45

[ Go Back ]

Descripción Regulamento I CROSS POPULAR CONCELLO DE CARBALLO.
Artigo 1: Organizador e denominación da proba. O Concello de Carballo
organiza o “I CROSS CONCELLO DE CARBALLO”, proba autonómica oficial da
Federación Galega de Atletismo (FGA en adiante).
Artigo 2: Participantes e Categorías .
2.-A) No “I Cross Concello de Carballo, pode participar toda persona nada nas
datas correspondentes por categoría, ate un máximo de 500 no conxunto das
categorías previstas.
2.-B) As datas de nacemento para cada categoría e proba son as seguintes:
Categoría Datas de Nacemento
Senior Nados/as en 1992 ate 2008
Máster Nados/as en 1991 e anteriores
Deportistas con
discapacidade
Integraránse na proba que mellor se adapte ás súas
características.
Sub 18 2009,2010,2011(1)
(1) Permítense inscricións de nadas e nados en 2011 debeido a que ao programar esta proba como
complementeria á escolar celebrada o día anterior, e pertencer ambas a “tempadas diferentes”
producíase o efecto de que únicamente deportistas con anon de nacemento 2011 non se incluirían
estritamente en ningunha das dúas. En función do número de inscritos poderá crearse só a efectos
clasificatorios e de premiación a categoría Sub 16 limitada a deportistas de nacemento en 2011.
Cada participante acude á proba baixo a súa responsabilidade ou a do seu
adestrador persoal ca forma física axeitada para realizala e cos controis médicos
oportunos e por tanto asume persoalmente e exime á organización calquera
incidente ou lesión acaecida por esa causa ou por actitude imprudente e/ou
neglixente durante a participación.
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos
naturais, sen axudas materiais de ningún tipo fóra das persoas corredoras con
discapacidade, pervia consulta e autorización ca organización. Calquera dúbida
a respecto diso deberá ser consultada coa organización antes de facer a
inscrición.
Exceptuando casos de atletas con discapacidade, está prohibida a utilización de
calquera vehículo ou material de desprazamento (patíns, carriños, etc.) excepto
aqueles que previa solicitude autorice a organización expresamente.
Non está permitido o acompañamento en ningún momento da proba por ningún
vehículo alleo á organización, ou persoas non inscritas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcarlles ritmos ás persoas participantes. Exceptúase
ós proxenitores, titores, adestradores, etc. de menores con discapacidade ou que
sexan autorizados expresamente pola organización así como os guías para
deportistas con discapacidade visual.
Ao mesmo tempo non se permite a participación con coches ou cadeiras de
nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento, así como tampouco
está permitida a participación con animais, nin correr acompañados destes en
ningún momento.
Artigo 3: Datos de carácter personal.
O Concello de Carballo é o responsable do tratamento dos datos dos
participantes coa finalidade de xestionar a súa inscrición e participación na
actividade e para a eventual xestión de imaxes para a promoción da mesma en
web e redes sociais do propio Concello de Caballo. A base lexitimadora é o
consentimento do interesado (artigo 6.1.a de o RGPD) e o exercicio de poderes
públicos conferidos ao Responsable (artigo 6.1,e do RGPD). Serán destinatarios
dos datos as entidades encargadas do tratamento como a Federación Galega de
Atletismo que realizará a xestión das inscricións e cando sexa necesario para a
xestión da súa solicitude. Os datos conservaranse polo tempo necesario para
cumprir cas obrigas do responsable. As persoas interesadas poderán solicitar o
acceso, rectificación ou supresión dos seus datos, así como exercitar outros
dereitos, a través da súa sede electrónica en sede electrónica; CONTACTO
DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS E INFORMACIÓN ADICIONAL:
dpd@carballo.gal
Durante a proba deportiva poderán tomarse imaxes para difundirse na web do
Concello de Carballo e as súas redes sociais ou en publicacións propias do
Concello de Caballo para a promoción da proba deportiva. No formulario de
inscrición poderá aceptala ou rechazala.
Artigo 4: Carreiras que compoñen o evento. O evento "I Cross Popular
Concello de Carballo” consta das seguintes carreiras:
Cross Carballo 5K.
Artigo 5: Inscricións.
As inscricións son personais e intransferibles supoñendo a aceptación de todo o
desposto no presente regulamento e incluíndo o servizo de seguro ó que obrigan
os preceptos legais.
Forma de Inscrición: Na web de championchipnorte https://ccnorte.com/
Información:
https://ccnorte.com/
Oficiñas Carballo Deporte en Vila de Corcubión, SN (CP 15100
Carballo) Tlf. 981702109.
Mail: carballodeporte@carballo.gal
Prazo de Inscricións. Admítense ate as 23:59 horas do día 4 de novembro
de 2026, ou ata acadar as prazas máximas previstas.
Forma de inscrición: A inscrición realízase na web https://ccnorte.com/,
independentemente para cada proba incluída no evento.
Cuota de Inscrición:
As inscricións para as probas en categorías Senior e Master é de 3,00 que se
ingresará a través da pasarela de pago na páxina de inscrición.
https://ccnorte.com/
Para a categoría Sub 18 a inscrición é gratuita.
A falsidade ou omisión nos datos proporcionados ca inscrición anularán a
clasificación e premios obtidos.
Artigo 6: Data, Probas, Categorías, Horarios de saída e Peche de control.
A data de celebración é o sábado día 7 de novembro de 2026.
Establécense as categorías definidas na táboa para as respectivas probas,
subdivididas en masculina e feminina. En canto á categoría adaptada poderán
participar todas aquelas persoas que cumpran os requisitos esixidos neste
regulamento, con discapacidade física que xustifique a súa participación en dita
modalidade.
Celébranse as seguintes probas para as diferentes categorías nos seguintes
horarios e distanzas:
Hora de
Saída
Proba/
Distanza
Categoría Datas de Nacemento Hora
final
Tempo
Máx.
16:45 h. 5.000 m. Sub 18,
Sénior e
Máster,
Adapatada
2009, 2010, 2011 (Sub 18)
1992 a 2008 (Sénior)
1991 e anteriores (Máster)
17:30 h. 45 min.
Artigo 7: Saídas, Peche de Control e tempos de paso máximos.
7.1.- Os deportistas accederán á zona de saída e deberán estar nos postos de saída
10 minutos antes da hora prevista para a mesma.
7.2.- Tempos de paso máximos e peche de control.
A organización poderá ordenar o abandono de un participante cando este non se
atope en condicións de cumplir o tempo máximo previsto dende o inicio da
carreira ou o sobrepase.
O peche de control será ao superarse o tempo máximo establecido para
cada carreira.
Artigo 8: Recollida de Dorsais. Os dorsais e os chips recolleranse ate 30 minutos
antes do inicio de cada carreira na oficina de carreira.
En recollida anticipada na conserxería do Complexo Deportivo Vila de Noia os
seguintes días e horarios:
Venres día 6 de novembro: De 10:00 h. a 22:30 h.
Sábado día 7 de novembro: De 10:00 h. a 13:00 h.
Para a entrega é imprescindible a presentación de dni, licenza federativa ou
documento identificativo válido.
Un deportista poderá recoller varios dorsais a condición de acreditar a condición do
párrafo anterior para o respectivo deportista.
Artigo 9: Utilización dos Dorsais. O dorsal acreditativo é intransferible, e debe
corresponderse única e inexcusablemente co deportista para o que foi emitido pola
organización; deberá levarse en todo momento á altura do peito, e claramente
visible na súa totalidade.
A participación sin dorsal, con dorsal non oficial, manipulado, ou co dorsal
correspondente a outro corredor implica a exclusión inmediata da proba por parte
do Control Técnico ou da Organización.
O deportista debe indicar no reverso do dorsal calquera circunstancia a ter en conta
en caso de atención médica urxente durante a proba.(alerxia a medicamentos, etc.)
Artigo 10: Cromometraxe. O cronometraxe realízase mediante chip, que cada
atleta deberá levar colocado correctamente. O chip é intransferible, e calquera
irregularidade relacionada co mesmo así como o non ser detectado nos puntos
intermedios de control e cronometraxe se os houbera, ou a participación sen chip
implica a exclusión inmediata da proba por parte do Control Técnico ou da
Organización.
Artigo 11: Control Técnico das carreiras. O control técnico das carreiras é
realizado polo comité galego de xuíces da FGA, q u e supervisará o
desenvolvemento desta así como os resultados finais. Así as reclamacións deberán
ser feitas verbalmente ó xuíz árbitro, non mais tarde de 30 minutos da
comunicación oficial dos resultados.
Artigo 12: Servizos Médicos. Os médicos da proba e o persoal auxiliar
sanitario, en coordinación co control técnico de carreira poderán descalificar a
aquel participante que ó seu xuizo manifeste incapacidade para continuar a proba
con seguridade.
Artigo 13: Circuito. No circuito o tráfico estará totalmente pechado ás persoas
alleas á proba nos seguintes termos: dende trinta minutos previos, e durante a
celebración da mesma tendo os deportistas o uso exclusivo do mesmo. Só as
persoas e vehículos autorizados poderán seguir a proba. Esta prohibición de
vehículos comprende bicicletas, carriños ou callquera outro medio de
desprazamento..
As carreiras realízanse exclusivamente pola zona marcada pola organización. A
non observancia desta norma, así como recortar sobre o trazado oficial poderá
supoñer a descalificación na proba.
Artigo 14.1: O circuito, sito na zona verde do Polígono de Carballo en
Bértoa, consta de unha volta de 1KM aproximado.
Daranse 5 voltas completas ao mesmo.
Artigo 15: Clasificacións e premios.Establécense as seguintes clasificacións:
 Clasificación Xeral Absoluta, masculina e feminina e trofeo ou medalla para as 3
primeiras clasificadas femininas e os 3 primeiros clasificados masculinos.
 Clasificación Xeral Sénior masculina e feminina e trofeo ou medalla para as 3
primeiras clasificadas sénior femininas e os 3 primeiros clasificados sénior
masculinos.
 Clasificación Xeral Máster masculina e feminina e trofeo ou medalla para as 3
primeiras clasificadas máster femininas e os 3 primeiros clasificados máster
masculinos.
 Clasificación Xeral Sub 18 masculina e feminina e trofeo ou medalla para as 3
primeiras clasificadas Sub 18 femininas e os 3 primeiros clasificados Sub 18
masculinos.
 En función do número de inscritos poderá crearse só a efectos clasificatorios e
de premiación a categoría Sub 16 limitada a deportistas de nacemento en 2011.
 Mellor equipo masculino.
 Mellor equipo feminino.
15.5.- Categoría Equipos:
Existe unha única categoría de equipos masculina e outra feminina. Estarán
integrados por un máximo de 6 e un mínimo de 4 integrantes.Confeccionarase,
para cada categoría, unha listaxe por orde de chegada, conformada polas 6
primeiras persoas que cheguen a meta de cada equipo e excluíndo desta a aquelas
persoas cuxos equipos non cheguen a meta con 4 integrantes.
Atribuiráselle a cada atleta un número de puntos coincidente co posto que ocupe
segundo a citada listaxe. .
Suma de puntos dos catro mellores clasificados/as de cada equipo, saíndo
vencedor o equipo que obteña o menro número de puntos.
Artigo 16: Horario de entrega de Trofeos.
Os deportistas deberán presentarse na meta para a entrega de trofeos
ao remate da proba ou ás 17:45 h.
Artigo17: Conductas antiregulamentarias. Cosidéranse
antiregulamentarias, ca oportuna sanción que decida o organizador, incluída a
descalificación da carreira as seguintes:
 Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súa extensión
(no peito durante todo o percorrido) ata a súa entrada na meta.
 Participar cun dorsal que corresponde a outro corredor.
 Non pasar polos controis de carreira establecidos.
 Non realizar o percorrido de carreira completo.
 Non atender as indicacións dos membros da organización ou xuíces/zas.
 Pretender participar na carreira sen terse inscrito previamente.
 Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
 Manter unha actitude groseira, violenta, ou que en xeral atente en
contra do espírito deportivo.
 Aquela conduta que sexa estimada como antideportiva, sempre que
non sexa motivo de expulsión do circuíto.
 Calquera outras de análoga natureza, que a xuízo da organización da
carreira poida ser considerada como conduta antideportiva merecedora
de sanción disciplinaria.
 Ser reincidente nalgunha infracción de descualificación de carreira.
Artigo 18:Servizos complementarios. Está prevista a prestación dos seguintes
servizos complementarios:
Servizo de duchas ó remate da carreira.

[ Go Back ]