Calendario
Ver carrera

Cospeito

25/10/2026 11:30 - 13:00

[ Go Back ]

Descripción V CARREIRAPOPULARCONCELLODECOSPEITO
Artigo 1: Organización
REGULAMENTO
O Concello de Cospeito organiza a V Carreira Popular Concello de Cospeito. A proba organizarase o
vindeiro domingo 25 de outubro, e discorrerá por vías asfaltadas e de terra no propio núcleo poboacional
de Feira do Monte.
Artigo 2: Participación
A proba estará aberta a todo atleta, federado ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta
participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios
O circuíto percorrerá vías asfaltadas e de terra, e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados
pola organización. O percorrido estará controlado por vehículos da organización e estará sinalizado en cada
punto quilométrico.
A saída da proba será no núcleo de Feira do Monte, diante do Campo da Feira, e a meta será no mesmo
sitio.
CATEGORÍAS
ANO DE
NACEMENTO
HORARIO DISTANCIA
(APROX)
PITUFOS (2019 e posteriores) 12:30 H 150 m
SUB10 (2017 - 2018) 12:35 H 1.000 m
SUB 12 (2015 - 2016) 12:35 H 1.000 m
SUB 14 (2013 - 2014) 12:40 H 1.300 m
SUB16 (2011 - 2012) 12:40 H 1.300 m
SUB 18 (2009 - 2010) 11:30 H 10.000 m
SUB20-23 (2003-2007)
11:30 H 10.000 m
SENIOR (1989 - 2002)
11:30 H 10.000 m
MASTER A (1984 - 1988)
11:30 H 10.000 m
MASTER B (1979 - 1983)
11:30 H 10.000 m
MASTER C (1974 - 1978)
11:30 H 10.000 m
MASTER D (1973 e anteriores)
11:30 H 10.000 m
Artigo 4: Peche de control
O control da chegada na proba absoluta pecharase 90’ despois da saída da mesma.
Artigo 5: Condicións de participación
• As inscricións faranse a través da páxina web de ccnorte.com e www.terrachallenge.es
• A inscrición pecharase o xoves 22 de outubro ás 23:59 horas.
• Non se admitirán inscricións o día da proba.
• A inscrición na proba é persoal e intransferible.
• A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
“Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no
evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de
imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.”
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a decisión quedará en
man da organización.
• A proba estará controlada por CCNorte, e estarán capacitados para descalificar a calquera
atleta que incumpra o regulamento.
• Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
Non respectar as indicacións dadas pola organización.
Non realizar todo o circuíto da carreira.
Non levar o dorsal ou manipular o mesmo.
Falsificar datos persoais.
• Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e
IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
Artigo 6: Inscrición
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina web ccnorte.com e www.terrachallenge.es .. Os
dereitos de inscrición na proba de menores serán GRATUÍTOS, na carreira de adultos terá un custe de 4
euros, (mais 1€ de aluguer de chip . A contía recadada irá destinada á Asociación Española contra o
cancro AECC.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento, enderezo, concello
de empadroamento, telefono móbil, correo electrónico e club. Tamén deberá sinalarse se corre como popular
ou federado, e neste caso facilitarase o número de licenza e o club.
Artigo 7: Retirada de dorsais
Os dorsais retiraranse o día da proba na zona habilitada pola organización no campo da Feira, ata 45’
antes da saída de cada proba.
Artigo 8: Premios
• Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta
• Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos coma femininos.
• Trofeo ao primeiro atleta empadroado en Cospeito, tanto de categoría masculina como feminina.
• Trofeo ao participante de maior idade masculino e feminina.
• Na categoría PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos nin se farán
clasificacións nesta categoría.
• Nas carreiras de menores darase medalla a todos os participantes, así como trofeo aos tres primeiros
clasificados, tanto masculinos como femininos.
• A entrega de premios será no Campo da Feira, aproximadamente ás 13:00h.
Artigo 9: Servizos para os participantes.
As persoas participantes gozarán dos seguintes servizos.
• Aparcadoiro gratuíto, ata a ocupación das prazas existentes.
• Baños na zona de saída e de chegada.
• Recollida de dorsais, imperdibles e chips.
• Vestiarios e duchas no pavillón municipal en Feira do Monte.
• Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
• Zona de lecer para os nenos, delimitada, con monitores, para que os pais e nais poidan gozar
da carreira.
• Os participantes poderán degustar duns pinchos e froita ao rematar as carreiras mentres se realiza
a entrega de premios.
• Ambulancia con médico. Todos os accidentes acontecidos durante o desenvolvemento da proba
deberán ser previamente informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose
necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio coa compañía de seguros que
corresponda.

[ Go Back ]