Calendario
Ver carrera

Trega

22/11/2026 10:00 - 14:00

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO TRAIL DO TREGA 2026
Artigo 1.- ORGANIZACIÓN
O Concello da Guarda, en colaboración con NOKAO, a Deputación de Pontevedra e as
comunidades de montes da Guarda e Camposancos, organiza os días 21 e 22 de
novembro de 2026 unha nova edición do Trail do Trega.
O evento contará coas seguintes modalidades:
• Nocturna: sábado 21 de novembro de 2026, con saída ás 20:00 horas.
Máximo de 200 prazas.
• Mini Trail de 12 km: domingo 22 de novembro de 2026, con saída ás 11:00
horas. Máximo de 250 prazas.
• Gran Trail do Trega de 18 km: domingo 22 de novembro de 2026, con saída
ás 10:00 horas. Máximo de 250 prazas.
O Gran Trail do Trega estará integrado na Pontevedra Trail League.
A dirección técnica do evento corresponderá á organización, que poderá adoptar as
decisións necesarias para garantir a seguridade das persoas participantes, do persoal e
do público, así como a protección do medio natural.
Artigo 2.- PERCORRIDOS
O Trail do Trega transcorrerán polo monte Trega, un dos lugares máis visitados da
xeografía galega.
Os cambios de terreo, a orografía e as posibles condicións meteorolóxicas fan que sexan
probas esixentes, para as que se require unha preparación física axeitada.
A organización habilitará:
• Un avituallamento no percorrido do Mini Trail.
• Dous avituallamentos no percorrido do Gran Trail do Trega.
Os percorridos oficiais serán os publicados na páxina web:
www.traildotrega.com
Por razóns de seguridade, meteorolóxicas, ambientais, administrativas ou de forza
maior, a organización poderá modificar os percorridos, os horarios ou as saídas. Os
cambios comunicaranse polos medios dispoñibles coa maior antelación posible.
2
Artigo 3.- ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO
A inscrición en calquera das modalidades implica o coñecemento e a aceptación
íntegra deste regulamento.
O regulamento será de obrigado cumprimento para todas as persoas participantes.
No caso das persoas menores de idade, a inscrición e a aceptación do regulamento
deberán ser realizadas ou expresamente autorizadas pola súa nai, pai, titora ou titor
legal.
O incumprimento das normas poderá dar lugar a unha advertencia, penalización ou
descualificación, segundo a gravidade da conduta, sen prexuízo doutras
responsabilidades que puidesen proceder.
Artigo 4.- PARTICIPACIÓN
A idade mínima para participar será de 16 anos cumpridos o día da proba.
As persoas menores de 18 anos deberán presentar unha autorización asinada pola súa
nai, pai, titora ou titor legal, xunto coa documentación que solicite a organización.
Cada participante declara que conta cunha condición física axeitada para realizar a
modalidade elixida e que coñece os riscos propios dunha carreira por montaña.
Non se permitirá participar:
• Sen unha inscrición válida.
• Co dorsal doutra persoa, salvo cambio de titularidade previamente autorizado.
• Acompañado por persoas non inscritas que poidan interferir no
desenvolvemento da proba.
• Baixo os efectos do alcohol, drogas ou substancias que poidan comprometer a
seguridade.
• Cunha condición física ou médica que, a criterio do persoal sanitario, impida
continuar con seguridade.
A organización e o persoal sanitario poderán impedir a saída ou retirar da proba unha
persoa cando consideren que continuar pode poñer en risco a súa saúde ou a seguridade
doutras persoas.
Artigo 5.- DORSAL, CHIP E CONTROIS
O dorsal facilitado pola organización será persoal e intransferible, salvo cambio de
titularidade autorizado.
Deberá colocarse nun lugar visible da parte dianteira do corpo e non poderá ser
recortado, dobrado, ocultado nin modificado.
As probas serán controladas mediante un sistema electrónico de cronometraxe con chip.
3
As persoas participantes deberán colocar e portar o chip conforme ás instrucións da
organización. A súa ausencia ou colocación incorrecta pode impedir o rexistro do tempo
e da clasificación.
A organización poderá establecer controis de paso. Saltarse un control, abandonar
deliberadamente o itinerario sinalizado ou acurtar o percorrido poderá supoñer a
descualificación.
Artigo 6.- DESENVOLVEMENTO E SEGURIDADE
Os percorridos estarán sinalizados con cinta de balizamento e sinalización específica.
As persoas participantes deberán seguir en todo momento o itinerario marcado e as
indicacións da organización, dos servizos de emerxencia, da Policía Local, de
Protección Civil e do persoal voluntario.
Os percorridos non estarán totalmente pechados ao tráfico. As persoas participantes
deberán extremar as precaucións, respectar as normas de circulación e ceder o paso
cando corresponda.
Tamén deberán respectar as persoas alleas á proba, os vehículos, os animais e o resto de
usuarios dos camiños.
Constitúen causas de descualificación:
• Non levar o dorsal correctamente visible.
• Participar co dorsal doutra persoa.
• Non completar o percorrido sinalizado.
• Saltarse un control de paso.
• Desobedecer as indicacións da organización ou dos servizos de seguridade.
• Recibir axuda externa que proporcione unha vantaxe deportiva, salvo asistencia
autorizada.
• Manter unha conduta antideportiva, agresiva ou perigosa.
• Deteriorar deliberadamente a sinalización.
• Tirar residuos fóra dos lugares habilitados.
• Causar danos no medio natural ou no patrimonio.
• Negarse a recibir asistencia ou valoración sanitaria cando sexa necesaria para a
seguridade.
As descualificacións serán acordadas pola dirección da proba a partir dos feitos
observados directamente ou comunicados de maneira suficientemente identificada e
verificable.
Artigo 7.- MATERIAL OBRIGATORIO DA NOCTURNA
Para participar na Nocturna será obrigatorio levar un frontal ou outro dispositivo de
iluminación individual que permita realizar a proba con seguridade.
4
O dispositivo deberá estar acendido, funcionar correctamente e proporcionar
iluminación suficiente durante toda a proba.
Recoméndase comprobar previamente o seu funcionamento e levar batería ou pilas con
carga suficiente para completar o percorrido.
A organización comprobará o material antes da saída. Ningunha persoa poderá tomar
a saída da Nocturna sen un sistema de iluminación adecuado e en correcto
funcionamento.
A persoa que deixe de dispoñer dunha iluminación suficiente durante a proba deberá
comunicalo á organización e poderá ser retirada se non pode continuar con seguridade.
Artigo 8.- INSCRICIÓNS E PREZOS
As inscricións realizaranse a través da plataforma indicada pola organización.
O prazo finalizará o 18 de novembro de 2026, salvo que antes se esgoten as prazas.
Nocturna
Máximo de 200 prazas.
• 15 euros ata o 11 de outubro de 2026.
• 17 euros do 12 de outubro ao 15 de novembro de 2026.
• 19 euros do 16 ao 18 de novembro de 2026.
Quen se inscriba na Nocturna e tamén nunha das probas do domingo obterá un 10 % de
desconto sobre o prezo da inscrición do Mini Trail ou do Gran Trail do Trega.
Mini Trail de 12 km
Máximo de 250 prazas.
• 15 euros ata o 11 de outubro de 2026.
• 17 euros do 12 de outubro ao 15 de novembro de 2026.
• 19 euros do 16 ao 18 de novembro de 2026.
Gran Trail do Trega de 18 km
Máximo de 250 prazas.
• 19 euros ata o 11 de outubro de 2026.
• 21 euros do 12 de outubro ao 15 de novembro de 2026.
• 23 euros do 16 ao 18 de novembro de 2026.
A inscrición inclúe:
• Dereito de participación.
5
• Seguro de accidentes.
• Seguro de responsabilidade civil da organización.
• Servizo médico e asistencia sanitaria.
• Cronometraxe mediante chip.
• Agasallo especial
• Avituallamentos nos puntos habilitados.
A inscrición considerarase formalizada cando o pagamento fose confirmado e a persoa
recibise o correspondente xustificante.
Artigo 9.- RECOLLIDA DE DORSAIS
A organización comunicará previamente os días, horarios e lugar habilitados para a
recollida dos dorsais.
Para retirar o dorsal será necesario presentar o DNI, NIE, pasaporte ou outro documento
oficial de identificación.
Para recoller o dorsal doutra persoa deberá presentarse unha autorización asinada e unha
copia ou imaxe do seu documento de identidade. Esta documentación utilizarase
unicamente para comprobar a autorización.
As persoas menores de idade deberán entregar a autorización da súa nai, pai, titora ou
titor legal.
A peza conmemorativa, o agasallo e a bolsa da persoa corredora entregaranse
unicamente nos días e horarios establecidos para a recollida. Non se realizarán envíos
posteriores.
Artigo 10.- AVITUALLAMENTOS
A organización habilitará avituallamentos para as persoas participantes.
Nestes puntos poderán ofrecerse auga, bebida isotónica, comida, froita e outros
produtos seleccionados pola organización.
As persoas con alerxias ou intolerancias alimentarias deberán comprobar a composición
dos produtos antes de consumilos. En caso de dúbida, deberán absterse de consumilos.
Os vasos, envases, envoltorios e demais residuos deberán depositarse nos recipientes
habilitados.
A organización poderá modificar a localización ou o contido dos avituallamentos por
motivos técnicos, loxísticos, meteorolóxicos, ambientais ou de seguridade.
6
Artigo 11.- CATEGORÍAS E PREMIOS
Nocturna
A Nocturna terá unha única categoría absoluta masculina e unha única categoría
absoluta feminina.
Recibirán premio:
• Os tres primeiros clasificados da categoría absoluta masculina.
• As tres primeiras clasificadas da categoría absoluta feminina.
Gran Trail do Trega de 18 km
• Absoluta masculina e feminina.
• Sénior masculina e feminina: de 16 a 39 anos.
• Veteranos 40 masculina e feminina: de 40 a 49 anos.
• Veteranos 50 masculina e feminina: 50 anos ou máis.
Mini Trail de 12 km
• Absoluta masculina e feminina.
• Sénior masculina e feminina: de 16 a 39 anos.
• Veteranos 40 masculina e feminina: de 40 a 49 anos.
• Veteranos 50 masculina e feminina: 50 anos ou máis.
Os premios e trofeos entregaranse exclusivamente durante o acto oficial de entrega de
premios. Non se realizarán envíos posteriores.
Artigo 12.- CANCELACIÓNS E CAMBIOS DE TITULARIDADE
A persoa inscrita poderá solicitar voluntariamente a cancelación da súa inscrición ata o
1 de novembro de 2026, incluído. Neste caso, devolverase o 50 % da cota de
inscrición aboada.
A solicitude de cancelación deberá enviarse a eventos@nokao.es, indicando o nome, os
apelidos, o DNI e a modalidade na que está inscrita a persoa participante.
A persoa que non poida participar poderá solicitar o cambio de titularidade da inscrición
ata dez días antes da proba correspondente.
A solicitude de cambio deberá enviarse a eventos@nokao.es e incluír:
• O nome, os apelidos e o DNI da persoa inscrita.
• O nome, os apelidos, o DNI, a data de nacemento, o teléfono e o correo
electrónico da persoa substituta.
• A modalidade correspondente.
• Calquera outro dato necesario para tramitar correctamente a inscrición.
7
O cambio de titularidade só será válido despois de ser confirmado expresamente pola
organización.
A persoa substituta deberá cumprir os requisitos de idade e participación e aceptar
integramente este regulamento.
Non se permite a revenda de dorsais nin a participación cun dorsal alleo sen
autorización previa da organización.
Artigo 13.- SUSPENSIÓN OU MODIFICACIÓN
A organización poderá atrasar, interromper, neutralizar, modificar ou suspender unha
proba cando resulte necesario por causas meteorolóxicas, ambientais, sanitarias,
administrativas, de seguridade ou de forza maior.
As decisións adoptaranse procurando protexer a seguridade das persoas e minimizar os
prexuízos ocasionados.
Se se modifica o percorrido ou o horario sen cancelar a proba, a inscrición continuará
sendo válida.
Se o evento se cancela definitivamente, aplicarase a devolución prevista no artigo 12.
A organización comunicará as modificacións mediante a páxina web, o correo
electrónico facilitado na inscrición ou as súas canles oficiais.
Artigo 14.- ABANDONO E ASISTENCIA SANITARIA
Quen decida abandonar deberá comunicalo inmediatamente nun punto de control, nun
avituallamento ou a un membro da organización.
Salvo en caso de emerxencia, non se deberá abandonar o percorrido sen informar á
organización.
En caso de accidente, a persoa participante deberá solicitar axuda e, se é posible, avisar
á organización ou aos servizos de emerxencia.
As persoas participantes deberán prestar unha primeira axuda razoable a quen se atope
en perigo e comunicar a incidencia á organización.
O persoal sanitario poderá ordenar a retirada dunha persoa cando considere que non está
en condicións de continuar con seguridade.
A organización dispoñerá dos seguros de accidentes e de responsabilidade civil
legalmente esixibles, sen que isto implique a cobertura dos supostos excluídos nas
pólizas correspondentes.
8
Artigo 15.- SERVIZO DE GARDARROUPA
A organización poñerá un servizo de gardarroupa á disposición das persoas
participantes.
Os obxectos deberán entregarse correctamente identificados e recollerse dentro do
horario establecido.
Non deberán depositarse teléfonos móbiles, documentación, xoias, cartos nin outros
obxectos de valor.
A organización custodiará os obxectos coa dilixencia debida. Calquera incidencia
deberá comunicarse antes do peche do servizo.
Artigo 16.- NORMAS AMBIENTAIS
Unha parte das probas desenvólvese nunha contorna que alberga flora, fauna e
elementos patrimoniais sensibles. As persoas participantes deberán actuar con coidado e
responsabilidade.
Queda prohibido:
• Tirar envases, envoltorios, restos de comida ou outros residuos.
• Abandonar voluntariamente os camiños sinalizados.
• Realizar atallos.
• Danar a vexetación, a fauna, o terreo ou os elementos arqueolóxicos.
• Alterar ou retirar a sinalización.
• Producir ruídos innecesarios ou molestar deliberadamente os animais.
• Contaminar fontes, cursos de auga ou outros espazos naturais.
Os residuos deberán depositarse nos recipientes habilitados.
O incumprimento destas normas poderá supoñer a descualificación, sen prexuízo da
obriga de reparar os danos ou doutras responsabilidades aplicables.

[ Go Back ]