Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Ordes - Oroso
21/11/2026
10:30 - 12:00
[
Go Back
]
Descripción
III CARREIRA CAMIÑOS DA VÍA VERDE – DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A Deputación da Coruña organizará coa colaboración da Asociación de Concellos da Vía
verde, o vindeiro sábado 21 de novembro de 2026 a proba “III Carreira Camiños da Vía Verde”,
unha proba de calendario autonómico que entra dentro da especialidade de atletismo en ruta e
que constará das seguintes probas:
• Carreira de 10 km aprox. en ruta
• Carreira de 2 km en ruta
• Carreira de 1 km en ruta
• Carreira de 400 m en ruta
• Andaina popular de 5 km en ruta
Esta proba celebrarase coa intención de impulsar a participación entre os/as nenos/as,
mozos/as e maiores da provincia da Coruña cunha proba que pon en valor a beleza
paisaxística e histórica da fermosa Vía Verde entre os concellos de Ordes e Oroso.
Así mesmo, a proba tratará de fomentar e promocionar o deporte en xeral a través da práctica
do pedestrismo, ofrecendo a posibilidade a toda a poboación de participar nunha proba
singular na provincia da Coruña, nun rango de idade que dará cabida a desde os máis xoves
ata os de maior idade.
As probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo e rexerase polo seguinte REGULAMENTO:
1.- Horarios
HORA PROBA
09:45 h Andaina popular de 5 km aprox.
10:30 h 10 km aprox.
12:00 h 2 km aprox. escolares
12:20 h 1 km aprox. escolares
12:35 h 400 m aprox. escolares
12:50 h ENTREGA DE PREMIOS (LUGAR DA META)
2.- Participantes e inscricións
As inscricións realizaranse a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo.
www.carreirasgalegas.com.
Os prazos e cotas de inscrición serán os seguintes:
• Proba de 10 k (adultos): GRATUITA
• Proba de 2 k (escolares): GRATUITA
• Proba de 1 k (escolares): GRATUITA
• Proba de 400 m (escolares): GRATUITA
• Andaina de 5 k: GRATUITA
PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o 18 de novembro de 2026 ás 23:59h.
3.- Lugar de saída e meta das probas e data de celebración.
A SAÍDA da proba de 10 k será desde a estación do tren de A Pontraga de Ordes (ubicación:
https://maps.app.goo.gl/De7NX8BqbjARasq96).
A META estará ubicada na Estación do tren de Oroso – Vilacide (ubicación:
https://maps.app.goo.gl/xPMirTb2jevR2xiZ7).
A SAÍDA DA ANDAINA de 5 K será desde a Estación de Garga-Transmonte, nun punto do
percorrido característico (ubicación: https://maps.app.goo.gl/4D4xu89LLaN3A4vU6 ).
As PROBAS ESCOLARES realizaranse na Estación do tren de Oroso – Vilacide.
4.- Traslado en autobús.
Os participantes na andaina de 5 K aprox. serán trasladados ao punto de saída en autobús
desde o punto de meta a partir das 08:45 h. ata as 09:15h.
Os corredores da proba de 10 K aprox. serán trasladados ao punto de saída en autobús
desde o punto de meta a partir das 09:15 h. ata as 09:45h.
5.- Categorías dos participantes:
Proba de 10 K
CATEGORÍA ANO
Participante 10K Nados/as en 2010 e anteriores
Proba 2 K
CATEGORÍA ANO
Participante 2K Nados/as entre 2011 e 2014
Proba 1 K
CATEGORÍA ANO
Participante 1K Nados/as entre 2015 e 2018
Proba de 400 m
CATEGORÍA ANO
Participante 400 m 2019 e posteriores
Na andaina de 5k poderán participar todas as persoas que queiran participar, sen límite de idade.
6.- Trofeos
PREMIOS PROBA DE 10 K
Outorgaranse trofeos os/as tres primeiros/as clasificados/as absolutos da proba de 10 K.
PREMIOS PROBA 1 K e 2 K ESCOLARES
Outorgaranse trofeos os/as tres primeiros/as clasificados/as absolutos da proba de 2 K
e 1 K.
Outorgarase medalla a todos os participantes da proba de 400 m.
A andaina non será competitiva, polo que non se entregarán premios na mesma.
PREMIOS ESPECIAIS A CLUBES NA PROBA DE 10 K
Os 3 clubs federados que máis participantes acheguen á proba recibirán:
CLUBES FEDERADOS
POSTO PREMIO
1º Clube federado Trofeo + Premio económico de 300 €
2º Clube federado Trofeo + Premio económico de 200 €
3º Clube federado Trofeo + Premio económico de 100 €
Deberán inscribirse coa mesma denominación na plataforma
www.carreirasgalegas.com e aportar o nome do club e a licencia federativa en vigor
na propia inscrición.
7.- Entrega de premios
A entrega de premios terá lugar a partir das 12:50 h na zona de meta ubicada na Estación do
tren de Oroso – Vilacide.
8.- Avituallamentos
Haberá servizo de avituallamento líquido aprox. no punto km 5 da proba de 10 k e avituallamento
líquido e sólido na meta do resto de probas.
9.- Entrega de dorsais .-
A entrega de dorsais terá lugar no lugar de meta (na estación do tren de Oroso – Vilacide) a
partir das 08:30 horas e ata 30’ antes do inicio de cada proba.
10.- Servizo de gardarroupa e duchas
Haberá servizo de gardarroupa ubicado na zona de meta.
Habilitarase tamén un servizo de duchas e vestiarios na piscina municipal de Oroso a
partir das 11:00 horas.
11.- Circuíto
As probas desenvolveranse sobre un circuíto en ruta, que discorrerá por camiños de terra,
zonas de asfalto e sendeiros propios da Vía Verde
[
Go Back
]