Calendario
Ver carrera

Miño

08/11/2026 9:30 - 13:00

[ Go Back ]

Descripción 1 REGULAMENTO
1.1 ORGANIZACIÓN
O Club Trail Running Galea Sport, xunto co concello de Miño, organizan o V Trail "Concello de
Miño" Boucelo – San Ramón, no concello de Miño (provincia da Coruña).
O evento terá carácter solidario coa organización sen ánimo de lucro QuerEndo.
1.2 MODALIDADES
O evento disputarase en 2 modalidades de carreira, para categoría de adultos, e 1 andaina para
nados no ano 2012 e anteriores, coas seguintes distancias:
O trail de longa distancia é un percorrido cunha distancia de 23,200 km e un desnivel positivo
aproximado de 885 metros. O trazado discorre nun 95% por camiños de terra e sendas, cun 5% de
asfalto.
O trail de curta distancia é un percorrido cunha distancia de 13,300 km e un desnivel positivo
aproximado de 450 metros. O trazado discorre nun 90% por camiños de terra e sendas, cun 10% de
asfalto.
A andaina é un percorrido por camiños de Miño, cunha distancia aproximada entre 10 e 12 km e
un desnivel positivo aproximado de 250 metros. O trazado discorre nun 90% por camiños de terra e
sendas, cun 10% de asfalto. A andaina ten un perfil difícil polo que, pese a ser non competitiva,
recoméndase un estado físico óptimo para a súa realización.
Establécese un tempo máximo para a realización do trail de longa distancia de 3,5 horas, polo
que ás 13:00 procederase ao peche da meta e finalización do control técnico e horario da proba.
1.3 LUGARES DE SAIDA E META
A proba, para todas as distancias, realizarase integramente no municipio de Miño, con saída e
chegada no entorno do pavillón municipal: https://maps.app.goo.gl/eSAKwfkgeKATT4DV6
Imaxe 1. Pavillón Municipal de Deportes de Miño, lugar de saída e meta das probas
Imaxe 2. Situación do concello de Miño (Ría de Betanzos)
Recoméndase aparcar no entorno da praia e chegar ao pavillón a pé seguindo o itinerario
recomendado:
Imaxe 3. Situación do pavillón municipal e aparcadoiros na praia (Concello de Miño)
Pavillón municipal de Miño
1.4 HORARIOS E DISTANCIAS
A proba terá lugar o 08 de novembro de 2026 a partir das 09:30 horas, con diferentes horarios de
saída dependendo da proba.
Tódolos deportistas das modalidades de carreira deberán pasar por cámara de chamadas ata
10´ antes da saída:
HORA PROBA DISTANCIA DESNIVEL ANOS CATEGORÍA
09:30 Trail Longo 23,200 km 885 m 2007 e anteriores ABSOLUTA
10:00 Trail Curto 13,300 km 450 m 2010 e anteriores ABSOLUTA
09:45 Andaina 10 – 12 km 250 m 2012 e anteriores NON COMPETITIVA
1.5 LÍMITE DE PRAZAS
Non se establece un límite de prazas en cada modalidade de Carreira.
1.6 CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO
SENIOR MASC / FMNO De 2012 ate máster
MÁSTER MASC / FMNO Nados entre 1990 e anteriores
1.7 PARTICIPACIÓN E SEGURO / LICENZA DE DÍA
Todos os participantes inscritos no prazo preciso correrán cunha licenza de día de Trail Running
que incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil.
1.8 DISTANCIAS, DESNIVEIS E TEMPOS MÁXIMOS DE REALIZACIÓN DA PROBA
PROBA DISTANCIA DESNIVEL HORA SAÍDA TEMPO MÁXIMO
Trail Longo 23,200 km 885 m 09:30 3,5 h
Trail Curto 13,300 km 450 m 10:00 2,5 h
Andaina 10 – 12 km 250 m 09:45 3,0 h
1.9 PERCORRIDO
Na páxina web da proba publicarase toda a información relativa á ruta da proba e a pista coa
ruta poñerase a disposición dos corredores. A organización aconsella que os corredores
descarguen a pista para levala durante a carreira para facilitar o seguimento da ruta. Toda a ruta
discorre por sendas e pistas claramente visibles e debidamente marcadas pola organización.
Os percorridos están abertos e son adestrables. Os tracks poden consultarse nas seguintes ligazóns:
TRAIL LONGO MIÑO 2026
https://es.wikiloc.com/rutas-carrera/trail-largo-mino-2023-148807002
TRAIL CURTO MIÑO 2026
https://es.wikiloc.com/rutas-carrera/trail-corto-mino-2023-148806956
Haberá puntos de avituallamento, con refrescos líquidos e alimento sólido en puntos intermedios
das probas e ao final das carreiras para todos os participantes. Os puntos aproximados de
avituallamento serán:
TRAIL LONGO TRAIL CURTO POSICIONAMENTO
Km 6 Km 6 https://maps.app.goo.gl/hmQBDA6rNnBCr8zR7
Km 13 - https://maps.app.goo.gl/KdShmRzwJivyPJi5A
Meta Meta https://maps.app.goo.gl/ApLYr339svhvHXDM9
Os abastecementos son accesibles e puntos recomendados para animación e seguimento da
proba, estando prohibida a asistencia ós atletas, motivo de descualificación.
1.10 INSCRICIÓNS. PREZOS E PRAZOS
Unha inscrición é válida cando o participante completa o formulario de inscrición a través do sitio
web https://ccnorte.com/ e paga o custo da inscrición.
A inscrición da dereito a:
- Xantar de callos ao remate das probas
- Camiseta de recordo do evento
 PECHE DE INSCRICIÓNS: Luns 02 de novembro ás 23:59 h.
 PREZO DAS INSCRICIÓNS:
PROBA ATA O 02/11
TRAIL LONGO 20 €
TRAIL CURTO 15 €
ANDAINA 10 €
1.11 RECOLLIDA DE DORSAIS
Os participantes poderán recoller os dorsais na tenda Dequip Miño e no lugar da saída da proba
nos seguintes días e horarios:
LUGAR DIRECCIÓN DÍA HORARIO UBICACIÓN
Dequip Miño c/ Galea, 10,
baixo (Miño)
07 de novembro
(Sábado) 10:00 – 14:00 https://maps.app.goo.gl/DuwPJndJUjHAsjtdA
Pavillón c/ Marismas,
15 (Miño)
08 de novembro
(Domingo)
8:30 – 09:30 https://maps.app.goo.gl/ApLYr339svhvHXDM9
1.12 PREMIOS
Premios aos/as 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no presente
regulamento. Os premios son acumulativos.
Os trofeos entregaranse no pavillón municipal a partir das 13:00 da mañá.
1.13 SERVIZO DE DUCHAS E VESTIARIOS
Porase a disposición dos participantes un servizo de duchas e vestiarios no Pavillón Municipal:
https://maps.app.goo.gl/ApLYr339svhvHXDM9
Haberá gardarroupa no propio pavillón, debendo de facer uso o participante antes da entrada
en cámara de chamadas.
1.14 MATERIAL OBRIGATORIO
O uso de auriculares ou elementos de igual índole non está permitido.
O uso de bastóns está permitido.
LISTAXE DE MATERIAL OBRIGATORIO TRAILS:
 Dorsal visible na parte frontal
 Teléfono móbil operativo
LISTAXE DE MATERIAL RECOMENDADO:
 Chifre
 Manta térmica
 Sistema de hidratación
 Curtaventos ou chaqueta impermeable
 Gorro ou bandana
 Luvas
*IMPORTANTE: A organización publicará ata un máximo de 5 días antes o material obrigatorio
definitivo, podendo pasar o recomendado a ser obrigatorio en función da meteoroloxía prevista,
buscando a máxima protección e seguridade de tódolos atletas.
1.15 INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA
Todos os percorridos dispoñen de marcaxe con cintas e balizas. No cruzamento de camiños onde
a organización pensa que pode haber confusión debido ao cruzamento de varias estradas,
sendas ou varias probas, colocaranse sinais que indiquen o seu enderezo, así como persoal da
organización e / ou voluntarios, se fose necesario.
O itinerario discorre por lugares de alto valor ecolóxico. Por este motivo, débense respectar as
pautas de comportamento habituais nas áreas protexidas, é dicir, non deixar residuos, nin prender
lume, non producir ruídos que perturben a fauna, non abandonar a ruta marcada ...
Trátase de non deixar rastro da nosa actividade, polo que, ademais destas pautas de
comportamento, a organización minimizará o uso de plásticos na montaña, tanto nos postos de
axuda como nos elementos de sinalización.
Así mesmo, a organización empregará material reutilizable ou reciclable na medida do posible.
Polo tanto, como se indicou nos apartados anteriores deste regulamento, non se servirá líquido en
vasos e cada participante deberá levar o seu propio recipiente.

[ Go Back ]