Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Santiago
25/10/2026
10:00 - 11:45
[
Go Back
]
Descripción
A 47 Carreira Pedestre Popular de Santiago, organizada por EL CORREO GALLEGO – EPI PRENSA, celebrarase o domingo, día 25 de outubro de
2026, ás 10.00 h da mañá. A proba estará suxeita
ó seguinte:
REGULAMENTO XERAL
1. A saída darase na Avenida Xoán XXIII, ás 10.00
horas. A chegada situarase na Praza do Obradoiro.
Esta carreira está incluída no calendario oficial da
Federación Galega de Atletismo, polo que a participación de atletas estranxeiros e doutras federacións
autonómicas se rexerá dacordo ó regulamento da
competición da Real Federación Española de Atletismo correspondente á tempada 2026 para probas
en ruta de calendario autonómico. Máis información en:
https://atletismorfea.es/sites/default/files/2024-03/
Reglamento%20de%20Competici%C3%B3n.pdf
2. Os participantes deberán colocarse na zona de
saída 15 minutos antes do comezo da proba.
3. O percorrido será de 12 quilómetros e discorrerá a través das seguintes rúas: Avenida Xoán XXIII,
Rúa de San Caetano, Avenida do Camiño Francés,
Rúa das Fontiñas, Rúa dos Concheiros, Rúa de San
Pedro, Porta do Camiño, Rúa de Aller Ulloa, Rúa da
Virxe da Cerca, Rúa da Ensinanza, Tránsito da Mercé, Rúa da Fonte de San Antonio, Praza de Galicia,
Rúa do Doutor Teixeiro, Praza do Doutor Puente
Castro, Rúa da Rosa, Rúa de Santiago de Chile, Pra
za de Vigo, Avenida de Rosalía de Castro, Avenida
da Coruña, Avenida das Ciencias, Avenida do Doutor Novoa Santos, Avenida das Burgas, Avenida de
Compostela, Campo do Cruceiro do Galo, Travesía
do Cruceiro do Galo, Rúa do Pombal, Rúa das Galeras, Rúa Morón, Rúa das Salvadas, Vista Alegre,
Avenida do Burgo, Avenida de Castelao (costa de
Vite), Praza da Paz, Rúa da Pastoriza, Rúa Basquiños,
Rúa de Santa Clara, San Roque, Rúa da Algalia de
Arriba, Praza de Cervantes, Rúa do Preguntoiro, Rúa
do Castro, Praza da Universidade, Praza de Mazarelos, Cardenal Payá, Rúa das Orfas, Praza doToural,
Rúa do Vilar, Praza das Praterías, Fonseca e Praza do
Obradoiro.
Este percorrido podería ser modificado por causas
alleas á organización da carreira, como poden ser
obras nalgún tramo. Calquera cambio será comunicado debidamente, ademais da correspondente
sinalización no circuito.
4. A clasificación será absoluta e por categorías.
5. A organización contará coa axuda dos organismos oficiais competentes que regularán o tráfico ó
longo de todo o percorrido.
6. A carreira estará controlada ó longo de de TODO
o percorrido a través dun chip que se entregará a
cada corredor incorporado no dorsal, que non se
pode dobrar para evitar estropealo e debe ir colocado, en toda a carreira, na parte dianteira da camiseta, de forma visible, sen cortes, nin dobreces,
evitando tapalo, sobre todo nos pasos de controis
de cronometraxe. Aqueles participantes que cheguen á meta sen el, serán descalificados.
7. O percorrido estará señalizado en cada quilómetro.
8. O CONTROL DA CHEGADA PECHARASE UNHA
HORA DESPOIS DE QUE ENTRE EN META O PRIMEIRO ATLETA CLASIFICADO.
9. A carreira estará baixo o control técnico do
Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo.
10. INSCRICIÓNS
O custo da inscrición xeral será de DEZ euros. Este
importe farase efectivo no momento de inscribirse.
As inscricións realizaranse da forma e nos prazos
seguintes:
On-line, dende o mércores 1 de xullo ata o domingo, 18 de outubro, ás 23.59 h, mediante calquera
tarxeta, seguindo as instrucións que figuran no seguinte enlace:
https://www.elcorreogallego.es/pedestre-de-santiago/
Tamén se poderá formalizar, de forma presencial,
dende o xoves 1 de outubro ata o sábado, día 17
de outubro, en horario comercial (10.00 a 22.00 h),
na planta de Deportes de El Corte Inglés Santiago
(planta baixa), onde se poderá realizar o pago en
efectivo ou coa tarxeta de compra de El Corte Inglés. Para evitar tempos prolongados de espera,
para anotarse por grupo, admitirase un máximo de
10 corredores por persoa.
Haberá opción de inscribirse das dúas formas anteriores, ata o martes, día 20 de outubro, ás 23.59,
pero neste caso a inscrición pasará a ter un coste de
QUINCE euros. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS
FORA DESTES PLAZOS.
NON SE ACEPTARÁN INSCRIPCIÓNS POR TELÉFONO
Estableceranse caixóns de saída dacordo cos tempos que indiquen os corredores á hora de inscribirse. Na saída, os participantes deberán situarse nos
espacios marcados coa mesma cor que leven nos
seus dorsais. NOTA: para poder elexir caixón de saída deberase formalizar a inscrición obrigatoriamente
ata o día 18. Os que se inscriban pasado este prazo
recibirán o dorsal correspondente ó último espazo.
Previa formalización da inscrición nos prazos establecidos, poderanse recoller os dorsais en Deportes de
El Corte Inglés Santiago (planta baixa), o venres 23 de
10.30 a 22.00 horas e o sábado 24 de 10.00 a 22.00
horas. Tamén se poderán recoller o domingo, día 25,
dende as 8.15 ata as 9.15 h, na Praza do Obradoiro.
Os datos obrigatorios para inscribirse son: nome,
apelidos, nº DNI ou pasaporte, data de nacemento
completa, marcar o xénero (masculino ou feminino), nº de licenza federativa e club (so federados),
lugar de nacemento, dirección e teléfono. Ademáis,
haberá que marcar o tempo estimado de finalización da carreira, acorde coas marcas de cada atleta.
O SISTEMA REXEITARÁ AS INSCRICIÓNS ÁS QUE
LLES FALTE ALGÚN DESTES DATOS. Tamén se poderá marcar a talla de camiseta, que se respectará ata
esgotar existencias.
NOTA: ante calquera problema que xurda durante
o proceso de inscrición, poderase enviar un email a:
soporte@emesports.es ou chamar ó teléfono 654
285 692, en horario de 10:00 a 15:00 h.
IMPORTANTE: os dorsais, que irán identificados co
nome do corredor, son PERSOAIS E INTRANSFERIBLES. A non observancia desta norma será motivo
de descualificación.
NOTA: Non se realizarán devolucións das cotas no
caso de anular a inscrición.
11. Establécense as seguintes categorías; segundo o ano de nacemento:
MULLERES E HOMES:
• JÚNIOR (Sub 20) – PROMESA (Sub 23):
Entre 2004 e 2008
• SÉNIOR A: Entre 1996 e 2003
• SÉNIOR B: Entre 1986 e 1995
• MÁSTER A: Entre 1976 e 1985
• MÁSTER B: Entre 1966 e 1975
• MÁSTER C: En 1965 ou antes
12. PREMIOS: Estableceranse os mesmos para
homes e para mulleres; serán os seguintes:
12.1 MULLERES E HOMES POR INDIVIDUAL:
• 1.ª e 1º clasificad@s: Trofeo e 800,00 € cada un
• 2.ª e 2º clasificad@s: Trofeo e 600,00 € cada un
• 3.ª e 3º clasificad@s: Trofeo e 400,00 € cada un
• 4.ª e 4º clasificad@s: 300,00 € cada un
• 5-ª e 5º clasificad@s: 250,00 € cada un
• Clasificad@s nos postos 6, 7 e 8: 150,00 € cada un
• Trofeo á primeira e primeiro clasificad@s das seis
categorías establecidas, exceptuando @s cinco primeir@s na liña de meta.
12.2 PREMIOS POR EQUIPOS DE EMPRESA
Establécese un premio especial para a participación
de equipos de empresa. Para participar por esta modalidade, a inscrición poderá facerse de dous modos:
*INDIVIDUALMENTE: Cada participante de equipo
de empresa inscribirase cubrindo o formulario normal de inscrición, de igual forma que un corredor
individual. No recadro do club porá o nome da empresa e deberá marcar o apartado desta categoría.
*COLECTIVAMENTE: A empresa correrá coa inscrición de todos os seus membros, mínimo 10 participantes. Para iso solicitará unha conta de usuario,
enviando un e-mail a soporte@emesports.es a fin
de inscribir directamente a todos os seus membros.
Será obligatorio cumplimentar un formulario donde figuren todos os datos dos corredores: nome e
apelidos, data completa de nacemento, DNI, xénero
(F=Feminino e M=Masculino).
Recibirá un premio especial o primeiro equipo clasificado, que consistirá nun vale para unha comida
para os participantes valorada en 300,00 euros. Para
puntuar deberán chegar a meta polo menos 10 participantes e a clasificación establecerase pola orde de
chegada. Cada corredor levará os puntos que indique
a posición na que entrou na liña de meta. O equipo
que menos puntos obteña, será o gañador
OS PREMIOS EN METÁLICO ABONARANSE A TRAVÉS DE TRANSFERENCIA BANCARIA, PARA O QUE
TRAS RECOLLER OS TROFEOS (12.00 h aproximadamente) DEBERÁN PASAR POR SECRETARÍA,
PARA CUBRIR OBRIGATORIAMENTE UN FORMULARIO CON TODOS OS SEUS DATOS E ENTREGAR
COPIA DO DNI OU PASAPORTE ACTUALIZADO.
IMPORTANTE: Non se entregarán os premios en
metálico, nin trofeos, a ninguén que non esté presente na entrega oficial, que terá lugar no palco
situado na praza do Obradoiro, a partir das 12.00
horas, aproximadamente, do día da carreira.
13. OBSEQUIOS.
Xunto co dorsal, entregarase unha camiseta a TODOS os corredores inscritos, que se recomenda
leven posta durante toda a carreira. As tallas das
camisetas entregaranse respectando as solicitudes,
por orden de entrega ata agotar existencias.
14. TODOS os corredores polo mero feito de inscribirse, terán o seguro de accidentes obrigatorio.
Por este motivo, NON se admitirá ningún corredo
que non estea inscrito. Os xuíces poderán retirar ós
corredores que non leven dorsal. A carreira conta co
seguro de Responsabilidade Civil obrigatorio.
15. Os corredores disporán de duchas no Campo de Fútbol de Santa Isabel en Galeras (á altura
da pancarta: Faltan 4 km) e no pabellón Lorenzo
de La Torre a 50 metros da saída. Haberá servizo
de gardarroupa nos dous pavillóns indicados. Para
utilizar este servizo, deberá presentarse o dorsal,
tanto para deixar como para recoller as pertenzas,
que deberán estar nunha bolsa pechada. NON se
admitirá nada fóra das bolsas. A organización non
se fai responsable do extravío de ningún obxecto.
16. O feito de inscribirse nesta carreira implica a
aceptación deste regulamento e dá dereito á organización a poder facer uso das imaxes do evento.
Todos os participantes, polo feito de formalizar
a inscrición, dan o seu consentimento para que a
organización por si mesma ou mediante terceiras
entidades, traten informáticamente e con finalidade exclusivamente aseguradora e deportiva os seus
datos de carácter personal, dacordo coas opcións
contidas na inscrición.
Dacordo con que establece a Lei Orgánica 3/2018
do 5 de decembro, da Protección de Datos Persoais
e Garantía dos Dereitos dixitais, os participantes
poderán exercer o seu dereito de acceso a estos ficheiros co obxeto de rectificar ou cancelar de forma
parcial ou total o seu contido. Para exercitar este
dereito deberá solicitalo nos apartados indicados
na ficha de inscrición.
17. As clasificacións publicaranse na páxina web
da carreira https://www.elcorreogallego.es/pedestre-de-santiago/ a partir do domingo, día 25 pola
tarde e nas páxinas de deportes de EL CORREO GALLEGO do luns, día 26.
18. Todo o non recollido no presente regulamento resolverase de acordo á normativa da F.G.A.,
R.F.E.A. e W.A., por esta orde, para probas en ruta.
[
Go Back
]