Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Ames
18/10/2026
10:00 - 11:30
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO
XXIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE AMES
DATA: 19 de outubro de 2025
LUGAR: Rúa do Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (arredores da Casa do Concello)
1. ORGANIZACIÓN
O Concello de Ames organiza, co control técnico da Federación Galega de Atletismo, a VIXÉSIMO
CUARTA EDICIÓN DA CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE AMES, o domingo 19 de
outubro de 2025. Esta proba pertence ao XI CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DA
DEPUTACIÓN.
2. DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN
As probas realizaranse o domingo, 19 de outubro, na localidade de Bertamiráns. A saída e chegada
de cada proba farase na rúa do Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (arredores da Casa do Concello). O
circuíto da proba absoluta estará debidamente sinalizado, contará con indicacións en cada
quilómetro e estará homologado nas distancias de 5 km e 10 km pola Real Federación Española de
Atletismo.
3. PARTICIPACIÓN
Na carreira popular poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza
federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo.
4. INSCRICIÓNS
As inscricións da carreira popular en todas as súas categorías realizaranse a través da web
www.emesports.es cubrindo o correspondente formulario de inscrición.
O prazo de inscrición para a carreira popular rematará o martes 14 de outubro ás 23:59 horas.
Prezos da inscrición popular:
Categorías escolares (de pitufo/a a xuvenil): Gratuíta
Proba absoluta (de júnior a veterano/a): 8 €
Aspectos para ter en conta:
- Poderase formalizar o pagamento a través da pasarela de pago na propia web.
- Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido, nin o día da carreira.
- No momento da inscrición deberá acreditarse a marca na distancia de 10 km en ruta (só en
probas homologadas).
5. RETIRADA DE DORSAIS
Os dorsais retiraranse na secretaría da organización situada na Casa do Concello (Praza do Concello
nº 2- Bertamiráns) o día anterior á carreira (sábado, 18 de outubro) en horario das 17:00 ás 20:00
horas ou no mesmo día da carreira ata media hora antes da proba correspondente. Para evitar
colas, recoméndase recoller o dorsal o día anterior no lugar establecido.
6. CONTROL DA CARREIRA
A carreira estará controlada ao longo de todo o percorrido a través dun dorsal-chip que se lle
entregará a cada corredor/a. Os e as participantes que cheguen á meta sen este elemento ou que
o leven colocado de xeito incorrecto descualificaranse automaticamente segundo criterio do xuíz
árbitro da competición.
7. TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO DA CARREIRA POPULAR
Recibirán un trofeo as tres primeiras persoas clasificadas de cada categoría establecida no
presente regulamento e tamén as tres primeiras clasificadas da proba absoluta.
Na proba absoluta recibirán un trofeo local as tres primeiras persoas clasificadas
empadroadas no Concello de Ames. Ademais, a ganadora e o ganador locais, tanto
feminino como masculino, obterán un abono trimestral no Centro Deportivo Municipal A
Telleira de Bertamiráns.
Recibirán un trofeo os 3 primeiros clubs da carreira absoluta.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor ou corredora poderá recibir
dous trofeos (agás os premios aos/ás atletas locais).
PREMIOS EN METÁLICO INDIVIDUAIS DA PROBA ABSOLUTA (10 K):
1º/1ª CLASIFICADO/A 250,00 €
2º/2ª CLASIFICADO/A 200,00 €
3º/3ª CLASIFICADO/A 100,00 €
4º/4ª CLASIFICADO/A 50,00 €
PREMIOS EN METÁLICO A CLUBS FEDERADOS DA PROBA ABSOLUTA (10 K):
1º CLUB FEDERADO CLASIFICADO 250,00 €
2º CLUB FEDERADO CLASIFICADO 175,00 €
3º CLUB FEDERADO CLASIFICADO 100,00 €
4º CLUB FEDERADO CLASIFICADO 75,00 €
A clasificación de clubs establecerase a través das 10 primeiras persoas clasificadas do club, sexan
homes ou mulleres, mediante a suma dos seus postos. Os clubs deberán estar compostos, como
mínimo, por 10 compoñentes que crucen a liña de meta e que teñan a licenza federativa en vigor.
Para entrar nestes premios os clubs deberán remitir a relación de persoas inscritas co seu nome e
apelidos e o seu número de licenza ao enderezo electrónico santiago@atletismo.gal antes do
peche de inscricións.
A entrega de trofeos farase ao remate das probas diante da Casa do Concello (horario establecido).
Non haberá premios nin trofeos para as crianzas participantes das categorías prebenxamín e
pitufo. Nestas categorías entregaráselle unha medalla de chocolate a cada participante.
Aos/ás atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa
presentación do DNI ou pasaporte.
8. PARTICIPACIÓN DE ATLETAS DOUTRAS FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS E ESTRANXEIROS/AS
A carreira popular está incluída no calendario autonómico da Federación Galega de Atletismo, polo
tanto, a participación de atletas estranxeiros/as e doutras federacións autonómicas rexerase de
acordo co disposto no regulamento de competición da Real Federación Española de Atletismo
correspondente á tempada 2025 para probas en ruta.
9. SAÍDAS
Os e as participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da súa
proba. Na proba absoluta estableceranse caixóns de saída e, por este motivo, os e as atletas
participantes deberán acreditar no momento da inscrición a súa marca en 10 km en ruta.
10. RECLAMACIÓNS
Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións,
pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todas as persoas
participantes.
As reclamacións dos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición nos 30
minutos seguintes á publicación dos resultados oficiais.
11. OUTROS ASPECTOS PARA TER EN CONTA
• Os horarios das saídas poderán modificarse, a criterio do xuíz árbitro da proba, en función
do número de participantes de cada categoría.
• Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Pavillón Polideportivo Municipal de
Bertamiráns e servizo de roupeiro na Casa do Concello o día da proba.
• Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da FGA,
RFEA e WA, por esta orde, en vigor para probas en ruta.
12. CATEGORÍAS E HORARIOS
Establécense as seguintes categorías e horarios, segundo o ano de nacemento:
XXIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE AMES
HORARIOS
CATEGORÍAS ANO DE NACEMENTO DISTANCIA HORARIO
PITUFO FEMININO nados/as no 2021 e posteriores 200 m aprox
12:30 horas
PITUFO MASCULINO 12:35 horas
PREBENXAMÍN FEMININO nados/as no 2018, 2019 e 2020 350 m aprox
12:40 horas
PREBENXAMÍN MASCULINO 12:45 horas
SUB 10 FEMININO nados/as no 2016 e 2017 1.000 m aprox
12:50 horas
SUB 10 MASCULINO 13:00 horas
SUB 12 FEMININO nados/as no 2014 e 2015 1.000 m aprox 13:10 horas
SUB 12 MASCULINO
SUB 14 nados/as no 2012 e 2013
2.000 m aprox 13:20 horas
SUB 16 nados/as no 2010 e 2011
SUB 18 nados/as no 2008 e 2009 5,25 km (1 volta)
10:00 horas
SUB 20 nados/as no 2006 e 2007
10 km homologados
pola RFEA
SUB 23 nados/as no 2003, 2004 e 2005
SÉNIOR nados/as entre 1991 e 2002
MÁSTER 1 MASC/FMNO nados/as entre 1985 e 1990
MÁSTER 2 MASC/FMNO nados/as entre 1975 e 1984
MÁSTER 3 MASC/FMNO nados/as entre 1965 e 1974
MÁSTER 4 MASC/FMNO nados/as en 1964 e anteriores
13. HORARIOS DAS ENTREGAS DE PREMIOS
A entrega de trofeos farase nos seguintes horarios:
- 12:00 horas: Entrega de premios das categorías sub-18 e superiores da carreira popular.
- 13:40 horas: Entrega de premios das categorías escolares.
PERCORRIDOS
Sub 18 (1 volta) sub 20, sub 23, sénior e máster 1, máster 2, máster 3 e máster 4 (10 km): 10:00
horas.
PLANO PROBA ABSOLUTA (2 VOLTAS)
[
Go Back
]