Calendario
Ver carrera

Lugo

10/10/2026 12:40 - 13:40

[ Go Back ]

Descripción III MILLA URBANA “CLUB ATLETISMO LUCUS”
O Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, no seu labor de difusión e promoción do deporte na nosa
localidade, organiza a terceira edición da MILLA URBANA “CLUB ATLETISMO LUCUS”, coa colaboración
da Deputación e o Concello de Lugo.
Será o sábado 10 de outubro de 2026 en LUGO, na Avenida Ramón Ferreiro (á altura da Praza Horta do
Seminario), en xornada de mañá.
Praza Horta do Seminario – Avenida Ramón Ferreiro, Lugo.
WEB OFICIAL: https://millalucus.ccnorte.com/
1.- Participación
Poderán participar atletas de categoría SUB-8 a Máster (Tempada 2026), con ou sen licenza federativa, segundo as
distintas probas.
2.- Inscrición
A inscrición nas carreiras de menores e na Milla Popular será aberta e poderá realizarse na web oficial
https://millalucus.ccnorte.com/ ata o xoves 8 de outubro de 2026 ás 23:59 horas. A inscrición na Milla Elite será
gratuíta e por invitación exclusiva do Club organizador.
› CARREIRAS DE MENORES
Poderán participar atletas de categoría SUB-8 a SUB-16 (Tempada 2026).
A cota de inscrición será a seguinte (excepto a categoría SUB-8, que é gratuíta):
 Ata o domingo 4 de outubro ás 23:59 horas: 4 €.
 Ata o xoves 8 de outubro ás 23:59 horas: 6 €.
O día da proba permitirase a inscrición excepcionalmente cun custo de 10 € e ata esgotar os dorsais. A cota de
inscrición para atletas do Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega será de 1 €.
› MILLA POPULAR FEMININA E MASCULINA
Poderán participar atletas de categoría SUB-18 a MÁSTER (Tempada 2026).
A cota de inscrición será de 6 € ata o domingo 4 de outubro ás 23:59 horas. Fóra dese prazo, será de 10 €, incluído
o propio día da proba. A cota de inscrición para atletas do Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega será de 1 €.
› MILLA ELITE FEMININA E MASCULINA
A participación será gratuíta, por invitación exclusiva do Club organizador. As persoas interesadas poden contactar
en info@championchipnorte.com para valorar a participación e as posibles axudas para viaxes, aloxamento e/ou
fixos de participación, sempre suxeitas á confirmación expresa da organización. En caso de superar as prazas
dispoñibles, os/as atletas que acrediten maior tempo na súa marca poderán participar de xeito gratuíto na serie B.
3.- Horario, categorías e distancias (hora estimada)
HORA CATEGORÍAS DISTANCIA
12:00 SUB-14 e SUB-16 (2014-2011) 1.000 metros
12:10 SUB-12 (2016-2015) 1.000 metros
12:20 SUB-10 (2018-2017) 1.000 metros
12:30 SUB-8 (2019 e posteriores) 109 metros
12:40 MILLA POPULAR FEMININA
MILLA POPULAR MASCULINA 1.609 metros
13:00 MILLA ELITE FEMININA
(Invitación organización) 1.609 metros
13:15 MILLA ELITE MASCULINA
(Invitación organización) 1.609 metros
13:30 Entrega de premios —
4.- Circuíto e percorrido
O circuíto transcorrerá por unha zona urbana de ida e volta. A volta completa será de 500 metros e engadirase unha
cola de saída de 109 metros para completar a distancia da milla (1.609 metros). Durante o percorrido, os/as atletas
deberán manterse sempre pola súa dereita, deixando os conos á esquerda. Na carreira SUB-8 (non competitiva) as
familias poderán acompañar aos/ás atletas se o precisan; neste caso, deberán colocarse de últimos na zona de
saída.
Todo o percorrido estará debidamente sinalizado e pechado ao tráfico. O mapa interactivo, os espazos e a
planificación técnica do evento poden consultarse en RaceMapp - Milla Urbana Lucus. A cronometraxe será
electrónica e realizada por CCNORTE, con resultados dispoñibles en https://ccnorte.com.
5.- Entrega de dorsais e chip de cronometraxe
Cada atleta deberá identificarse e recoller o dorsal o día do evento, ata 30 minutos antes do comezo da súa proba.
Os/as participantes deberán colocar o dorsal asignado nun lugar visible durante toda a carreira (preferiblemente na
zona do peito). En caso de dispoñer de chip, deberán colocalo no pé e conservalo ata a chegada a meta (na MILLA
ELITE levarán dous, un en cada pé).
Os/as atletas non propietarios de chip amarelo deberán aboar unha fianza de 5 € coa inscrición, que será devolta
nun prazo de 7 días no medio de pago utilizado, sempre que devolvan o chip. SERÁ OBRIGATORIO ENTREGAR O
CHIP AO REMATE DA CARREIRA.
O quecemento poderá realizarse no espazo dispoñible da rúa e nos arredores do circuíto, fóra da zona de
competición, respectando as indicacións da organización. Habilitarase unha carpa pechada a disposición dos/as
atletas que participen na MILLA ELITE, onde poderán gardar o material que precisen ou cambiarse, baixo a súa
responsabilidade.
6.- Premios
Os/as participantes na MILLA ELITE optarán aos seguintes premios económicos, segundo o posto:
POSTO FEMININO MASCULINO
1º 200 € 200 €
2º 150 € 150 €
3º 100 € 100 €
Os/as demais participantes optarán aos seguintes premios, segundo o posto:
 Obsequio personalizado do evento aos cinco primeiros postos absolutos da categoría feminina e masculina
(MILLA POPULAR).
 Medalla aos tres primeiros postos da categoría feminina e masculina SUB-10 a SUB-16.
 Obsequio por participación na carreira SUB-8 (non competitiva).
A entrega de premios terá lugar ao remate das carreiras, sendo obrigatorio acudir ao podio para recibilos. En caso
de non presentarse, asignarase ao seguinte atleta, por orde de chegada a meta.
7.- Información de interese e outras consideracións
 A inscrición inclúe seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
 A proba contará con servizos médicos e/ou ambulancia durante a competición.
 A inscrición é persoal e intransferible. A suplantación de identidade suporá a descualificación inmediata e/ou a
non cobertura do seguro.
 Protección de datos.- Todos/as os participantes, ao realizar a súa inscrición, aceptan a publicación dos seus
datos persoais na páxina web de CCNORTE, así como a posible realización de fotografías e/ou gravación do
evento para a difusión nas canles oficiais do Club organizador (LUCUS CAIXA RURAL GALEGA), medios de
comunicación e/ou internet.
 A inscrición e participación na proba implica a aceptación deste regulamento. O descoñecemento do mesmo
non eximirá do seu cumprimento.

[ Go Back ]