Calendario
Ver carrera

Ferrol

11/09/2026 22:30 - 23:30

[ Go Back ]

Descripción Anexo I: REGULAMENTO XIII CARREIRA NOCTURNA CORRE
POR FERROL
A XI Carreira Nocturna Corre por Ferrol, organizada polo Servizo de Deportes do
Concello de Ferrol e co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de
Atletismo, terá lugar o venres 11 de setembro a partir das 22:30 horas (carreira
absoluta) e 21:30 horas carreiras de menores.
A proba pertence o XII Circuíto Provincial de Carreiras Populares organizado pola
Deputación da Coruña.
A proba está suxeita ás seguintes normas:
1) A Saída e a chegada situaranse nas proximidades da Praza de armas.
2) O percorrido será de 5.000 metros aproximadamente, e discorrerá polo Concello
de Ferrol para as categorías absolutas.
3) A proba discorrerá por un circuíto de acordo co plano deseñado.
4) A organización contará coa colaboración da Policía Local, Protección Civil, persoal
da concellería de Deportes e voluntarios, que regularan o tránsito o longo do
percorrido.
5) Serán motivos de descualificacións os seguintes:
a) Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de apoio.
O incumprimento desta norma implicará a inmediata descualificación dos
corredores que a infrinxiran. Os únicos vehículos autorizados que poderán
seguir a proba serán os das forzas de seguridade e os de apoio a
organización, que contarán con roupa apropiada e visible.
Ojo morado Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súas extensión (no
peito durante todo o recorrido) ata a súa entrada en meta.
c) Participar con un dorsal que corresponde a outro corredor
d) Non realizar o percorrido da carreira completo.
e) Non pasar polos controis de carreira establecidos.
f) Non atender as indicacións dos membros da organización ou xuíces/zas.
g) Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de
duración da proba.
h) Pretender participar na carreira sen terse inscrito previamente.
i) Aquela conduta que sexa estimada como antideportiva, sempre que non
sexa motivo de expulsión do circuíto.
j) Calquera outra de análoga natureza, que a xuízo da organización da
carreira poida ser considerada como conduta antideportiva merecedora de
sanción disciplinaria.
k) Ser reincidente nalgunha infracción de descualificación de carreira.
l) Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
m) Manter unha actitude groseira, violenta, ou que en xeral atente en contra do
espírito deportivo.
n) Calquera outra de análoga natureza, que a xuízo do Comité poidan ser
consideradas como conduta antideportiva merecedora de sanción
disciplinaria
o) Ningún/ha atleta federado/a poderá competir con outro club que non sexa o
que figure na súa licenza correspondente. No caso de que se producise
esta situación, o/a atleta será descualificado/a automaticamente
6) A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces, que establecerá os
correspondentes controis ao longo do circuíto.
7) O control de chegada pecharase unha hora despois de que entre en meta o
primeiro clasificado. Cando un participante sobrepase o tempo previsto de peche
de control (unha hora dende que entre o primeiro clasificado), será avisado pola
organización e deberá subir ao coche oficial que pecha a carreira e abandonar a
proba coa fin de non entorpecer o tráfico automobilístico e o desenvolvemento da
propia actividade. No caso de continuar, farao baixo a súa responsabilidade,
debendo cumprir as normas e sinais, e considerarse un usuario máis da vía,
quedando eximida a organización de toda responsabilidade do que puidese
acontecer (Regulamento xeral de circulación R.D. 1428/2003).
Cool As reclamacións relativas a clasificación faranse verbalmente antes dos 30
minutos posteriores de facerse publico o Xuíz Árbitro ou na secretaría da
competición, sendo o Xuíz árbitro o encargado de resolvelas. Para todo o non
previsto neste regulamento, resolverase conforme as normas da F.G.A ; R.F.E.A e
a I.A.A.F por este orden.
9) A Organización ten subscrito un Seguro Colectivo de Accidentes e
Responsabilidade Civil. De tódolos xeitos, a Organización recomenda aos
participantes que, con anterioridade á proba, efectúen un recoñecemento
médico específico e que realicen un adestramento axeitado para as
características desta competición.
10) Non se disporá de servizo de duchas.
11) CATEGORÍAS: Aplícanse as categorías recollidas nas Bases do XII Circuíto
Provincial de Carreiras Populares Deputación da Coruña.
CATEGORÍAS ABSOLUTAS. CARREIRA NOCTURNA. CORRE
POR FERROL
Sub 20: Nados/as 2007- 2008
Sub 23: Nados/as 2004 – 2005 – 2006
Sénior Nados/as 2003 - 1992
Master 1 Nados/as 1986 - 1991
Master 2 Nados/as 1976 - 1985
Master 3 Nados/as 1966 - 1975
Master 4 Nados/as 1965 e anteriores
Cadeira de rodas*
Handbike*
Invidentes*
*Considéranse categorías non oficiais da F.G.A. e non participantes no XI Circuito de carreira
populares da Deputación de A Coruña.
CATEGORÍAS DE MENORES. CARREIRA NOCTURNA CORRE POR
FERROL
CATEGORÍA HORARIO DISTANCIA
Sub 18 Nados/as no 2009-2010
22:15 2.000 mts aprox
Sub 16 Nados/as no 2011 -2012
Sub 14 Nados/as no 2013 - 2014 22:00 900 mts aprox
Sub 12 Nados/as no 2015 - 2016
Sub 10 Nados/as no 2017 - 2018 21:45 500 mts aprox
Sub 8* Nados/as no 2019 - 2020 21:35 250 mts aprox
peques* Nados/as no 2021 e anteriores 21:30 50 mts aprox
*Considéranse categorías non oficiais da F.G.A. e non participantes no XII Circuíto de carreira
populares da Deputación de A Coruña.
12) INSCRICIÓN E RETIRADA DE CHIPS E DORSAIS. As inscricións
poderán efectuarse a partir do día 18 de agosto ata as 22:30 h do día o 8 de
setembro a través da páxina web www.carreirasgalegas.com Non se admitirá outra
vía de inscrición que a sinalada anteriormente.
A inscrición é gratuíta e a organización establecerá os seguintes limites de
inscricións
▪ 900 dorsais carreira absoluta
▪ 500 dorsais carreiras de menores
A retirada de Chips e dorsais poderase efectuar:
Xoves 10 de setembro de 11:00 a 13:30 e de
16:30 a 20:30 Pavillón polideportivo de A Malata
Venres 11 de setembro de 11:00 a 13:30 horas
Venres 11 de setembro dende as 18:00 horas Posto habilitado na praza de Armas
para tal fin.
13) PREMIOS. A organización premiará:
 Medallas a tódolos/as participantes nas categorías peques.
 Trofeos ós/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida
no presente regulamento agás peques.
 Trofeo ó/á gañador/a da carreira absoluta*.
*Os premios son acumulativos.
A entrega de trofeos realizarase unha vez pechado o control de meta.
CONSIDERACIÓNS
A organización poderá modificar este regulamento ou o circuíto polo que discorrerá a
carreira sen aviso previo. Así mesmo, resérvase a facultade de decidir sobre
calquera circunstancia ou aspecto que non se considere neste regulamento.
Ao se inscribiren, todos os corredores aceptan a publicación do seu nome e a súa
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou a internet. De igual maneira,
mediante a inscrición o/a corredor/a consente expresamente que os seus datos
sexan empregados pola organización para comunicacións acerca da súa actividade.
Todos os participantes no circuíto, polo simple feito de realizar a inscrición na
carreira popular aceptan todas e cada unha das presentes regras e no caso de
dúbida, sempre prevalecerá o criterio da organización do “XII Circuíto de Carreiras
Deputación da Coruña”.
CONSIDERACIÓN FINAL: Todo o non reflectido no presente regulamento rexerase
polas normas vixentes da FGA e RFEA.
Coa inscrición na proba enténdense aceptadas todas as normas e demais
consideracións reflectidas neste regulamento.

[ Go Back ]