Calendario
Ver carrera

Maside

13/09/2026 11:00 - 13:00

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
XIXª CARREIRA POPULAR
XVIIIª ANDAINA
Competicións distancias e Categorías:
O Concello de Maside organiza o 13 de Setembro de 2026 a XIX Carreira popular e XVIII Andaina. O evento dará comezo as 9:30 e consta das seguintes actividades e/ou competicións:
.- Carritos e pitufos: - nados en 2019 e posteriores - 250m (volta pequena)
.- Sub10: - nados 2018-2017 - 670m (1 volta grande)
.- Sub12 a Sub14: - nados 2016-2015-2014-2013 - 1340m (2x volta grande 670m)
.- Sub16: - nados 2012-2011 - 3,5km
.- Absoluta: - nados en 2010 e anteriores. - 13,5km - Esta competición conta con 5 categorías
masculinas e femininas:
.- Senior: de 2010 ata 34 anos
.- Veteráns A: de 35 a 44 anos
.- Veteráns B: de 45 a 54 anos
.- Veteráns C: de 55 a 64 anos
.- Veteráns D: a partir de 65 anos
.- A Andaina será categoría única. - Todas as idades - 13,5km
Percorridos e Distancias:
O percorrido é de 13,500 km, para a categoría Absoluta da Carreira e a Andaina, transcorrendo maioritariamente por camiños de terra dentro da Paraxe Natural do Puzo do Lago, ainda que comeza e remata en asfalto no núcleo urbano de Maside.
Para a categoría Carritos e pitufos (2019 e posteriores) a distancia é de 250 metros (unha volta de 250 metros).
Para a Categoría SUB10 (nados 2018-2017) a distancia é de 670 metros (unha volta de 670 metros) a disputar polas rúas de Maside.
Para a categoría SUB12 e SUB14 (nados 2016-2015-2014-2013) serán 1340 metros (dúas voltas grandes de 670 metros polas rúas de Maside.
Para a categoría SUB 16(nados 2012-2011)
o percorrido ten 3,5 km que os levarán por asfalto é terra á meta.
Horarios:
09.30 horas- Saida Andaina
10.00 horas- Saida Categoría SUB16
10.30 horas- Saída Categoría SUB12 e SUB14
10.40 horas- Saída Categoría SUB10
10.45 horas- Saída Categoría Pitufos e carritos
11.00 horas- Saída Categoría Absoluta
Localizacións:
Saída/Meta: estará instalada na Rúa Principal de Maside á altura da Alameda.
Duchas: Pavillón de Deportes de Maside.
Información e Inscricións:
Todas as persoas interesadas en participar neste evento deportivo terán toda a información relativa ó mesmo na páxina web de ChampionChipNorte (www.championchipnorte.com), así como no teléfono 608.242.210.
As inscricións para a XIXª Carreira Popular e XVIIIª Andaina poderán realizarse a través do portal web www.championchipnorte.com. A cota de inscrición é de 5 € para os participantes en tódalas categorías agás na Categoría Pitufos e Carritos. O prazo de inscrición pecharase o xoves 10 de setembro.
A inscrición nas categorías Carritos e Pitufos serán gratuitas.
A totalidade da recadación das probas será donado á “ASPADISI” O Carballiño. Dado o carácter solidario das probas haberá a disposición de tódolos interesados unha “Fila 0” onde poderán depositar os donativos (ben no banco CCC: ES64 2080 5315 70 3040352461-indicando no concepto: Fila 0; ben o día da proba, ou a través da plataforma de ChampionChipNorte).
Premios:
Carreiras menores - Medaias para tódolos participantes - Trofeos para as 3 primeiras e primeros da SUB16
Carreira absoluta - Trofeos para os 3 primeiras e primeiros da xeral - Trofeos para os 3 primeiras e primeiros das categorías - Trofeo a primeira e primeiro Local
Andaina - Trofeo a primeira e primeiro
Ademáis haberá para tódolos participantes agasallos cortesía dos distintos colaboradores do evento.
Avituallamentos:
O longo do percorrido atoparemos dous avituallamentos líquidos. Debido a que a proba transcurre en gran parte pola Paraxe Natural do Puzo do Lago declarada de Interese Natural, rógase a tódolos/as participantes que depositen os posibles desperdicios dentro das zonas habilitadas para elo.
Ó finalizar a proba avituallamento líquido e sólido na súa chegada a meta.
Dorsais:
Serán entregados ata media hora antes da saída de cada proba, a recollida farase na zona de inscricións situada na entrada da Alameda de Maside.
Os participantes da Carreira Popular en categorías inferiores (Sub 10/Sub 12/Sub 14/Sub 16) tan só poderán participar nunha delas, a que lle corresponda por idade. Se en algún caso participase en máis dunha a organización declina toda responsabilidade ó respecto, e tan só poderá subir a podium na categoría que lle corresponda por idade.
Medio ambiente:
A organización solicita encarecidamente que se manteña o trazado do percorrido limpo de desperdicios (envoltorios de geles, barritas, plásticos, botellas, papeis,...).
Estaremos nun espazo natural e para poder seguir disfrutando del e da proba somos todos nós os que debemos velar pola súa conservación. Todos somos responsables.
Se ti, participante, ves a un compañeiro/a depositar desperdicios no percorrido denunciao ante a organización. De non facelo serás cómplice. Espazos naturais, libres de desperdicios.
A organización velará de forma moi especial o cumprimento deste apartado. Chegado o caso procederase á descalificación do infractor/a.

[ Go Back ]