Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Meis
04/10/2026
11:15 - 12:15
[
Go Back
]
Descripción
Regulamento
Art.1) A Asociación A BARALLA organiza a “IV Carreira e Andaina Solidaria de Leo” o
DOMINGO 4 de OUTUBRO de 2026 na localidade de O Mosteiro – Meis (Pontevedra).
Dita proba estará baixo o control do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo e contará coa colaboración do Concello de Meis e outras entidades. Haberá dúas
modalidades, carreira e andaina, para que a participante escolla a que lle conveña.
Art. 2) Poderán participar atletas federados/as e non federados/as e haberá unha
clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da FGA.
Art. 3) CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS
CATEGORÍA ANO NACEMENTO
IDADE DISTANCIA HORARIO
SAÍDA
ANDAINA Non hai categorías 6.500 m 9:30
CA
RREI
RAS
Absoluta 2008 e
anteriores 5.000 m 11:15
Sénior
Máster A
Máster B
Máster C
18-34 anos
35-44 anos
45-54 anos
55 e superiores
5.000 m 11:15
Sub 18 2009 - 2010 1.600 m 12:15
Sub 16 2011 - 2012 1.600 m 12:15
Sub 14 2013-2014 1.200 m 12:30
Sub 12 2015-2016 800 m 12:40
Sub 10 2017-2018 400 m 12:50
Sub 8 2019-2020 250 m 13:00
Pitufos 2021-2023 100 m 13:05
Chupete 2024-2025 50 m 13:10
As/os atletas de categoría Sub 18 poderán participar na carreira absoluta mediante
invitación da organización, contactando con esta mediante o correo electrónico
acarreiradeleo@gmail.com.
Art. 4) LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDOS
- A saída das CARREIRAS e ANDAINA será dende Praza de España (O Mosteiro).
- Os percorridos definitivos das CARREIRAS estarán dispoñibles nas redes sociais da
Carreira de Leo 15 días antes do desenvolvemento das probas.
- A ANDAINA discorre en gran parte pola senda dun río. Malia que existe algún punto
de tránsito complicado, dende a organización consideramos que son treitos
salvables e o acceso a cadeiras de rodas deportivas e carriños de paseo é posible.
- Permítese a participación na ANDAINA de mascotas coa obriga de empregar correa
e cadea de menos de 2m de lonxitude, así como un bozal homologado
(naqueles cans nos que se considera necesario en virtude do novo sistema de
catalogación para a súa circulación en espazos públicos).
Os cans NUNCA deberán ir soltos.
Art. 5) INSCRICIÓNS
Nesta edición as inscricións estarán limitadas a 2.700 participantes:
1.500 para Andaina, 600 para Corredores/as do 5K e 600 para carreiras infantís.
CÓMO e ONDE FACELO
⮚ ON LINE ata o LUNS 28 de setembro de 2026.
na páxina da Federación Galega de Atletismo: www.carreirasgalegas.com
⮚ PRESENCIALMENTE ata o VENRES 25 de setembro de 2026.
● CPI de MOSTEIRO – MEIS en horario de 9.30 a 13.30 de luns a venres e de
16.30 a 18.00 os luns e martes.
● AUTOSERVICIO MONTSE en O Mosteiro - Meis.
● PARAFARMACIA MOSTEIRO en O Mosteiro – Meis.
● ATLEET DEPORTES PIÑEIRO en Barrantes - Ribadumia.
**** As persoas inscritas en CARREIRAS poderán realizar a ANDAINA, pero non á
inversa. As inscritas en ANDAINA só poderán participar na ANDAINA.
**** Ás persoas inscritas a partires do 15 de setembro NON se lles garantirá a
dispoñibilidade de talla ou camiseta.
PREZOS
▪ ANDAINA: 10€.
▪ CARREIRAS
⮚ Absoluta e Máster (nados en 2008 e anteriores): 12€.
⮚ Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16 e Sub 18 (nados de 2009 a 2020): 10€.
⮚ Chupete e Pitufo (nados de 2021 a 2025): 8€.
⮚ Diversidade funcional (acreditada con tarxeta de discapacidade): GRATUÍTA.
Art. 6) SERVIZOS
QUE INCLÚE A INSCRICIÓN?
* CAMISETA CONMEMORATIVA da carreira (coa inscrición ata o 15 de setembro).
* MEDALLA FINISHER (participantes na 5K e carreiras infantís).
* AVITUALLAMENTO líquido e sólido.
* AMBULANCIA CON PERSOAL SANITARIO.
* SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL E DE ACCIDENTES.
* ANIMACIÓN e AMBIENTACIÓN MUSICAL (durante o evento deportivo).
* CONCERTOS MUSICAIS (post-carreira).
* INCHABLES (post-carreira).
* SERVIZO DE DUCHAS (a 400 m da liña de meta).
* GARDARROUPA (Só participantes na Carreira 5K).
* FISIOTERAPIA (Só participantes na Carreira 5K).
Art. 7) RECADACIÓN SOLIDARIA
● Na páxina web www.carreirasgalegas.com existirá a posibilidade de realizar
doazóns e inscribirse con “DORSAL 0” para aqueles e aquelas que desexen
aportar o seu gran de area e non poidan participar no evento.
● O 100% DO RECADADO será doado a 2 entidades:
- O 50% á Asociación CTNNB1.
Traballa para mellorar a calidade de vida dos rapaces e rapazas afectados por este
síndrome, promovendo a investigación e o desenvolvemento de terapias xénicas a través
da Fundación Columbus. En Galicia, actualmente hai 4 nenos diagnosticados, Nora, de
Baiona; Thiago, de A Coruña; Adriana, de Lugo e Paula de Carballo.
- O 50% á ASGPOH (Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva)
Recolle fondos para a investigación desta enfermidade, da que se está a desenvolver un
ensaio clínico no IDIS Research de Santiago de Compostela. Patoloxía ultrarrara con só
62 casos coñecidos no mundo. En Galicia só Cayetana e Celia, dúas irmás xemelgas de
Porto do Son, son as únicas afectadas por esta doenza.
Art.
RECOLLIDA DE DORSAIS
- Recomendamos e agradecemos que se faga na CASA DE ESCUDEIRO (Campo de
Feira do Mosteiro) o sábado 3 de outubro de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
Principalmente as persoas participantes da ANDAINA.
- Tamén se poderá realizar o mesmo día da proba dende as 8:30 ata media hora antes da
carreira correspondente.
Art. 9) PREMIOS
Os premios para a ANDAINA realizaranse por SORTEO entre os participantes.
Serán anunciados nas pantallas situadas a carón da liña de meta e deberán ser recollidos
na CASETA de TICKETS mostrando o DORSAL o propio día da carreira.
Os premios para a CARREIRA serán os seguintes:
- Categorías Chupete, Pitufos, Sub 8, Sub 10 e Sub 12:
Medallas conmemorativas para tódolos/as participantes.
- Categorías Sub 14, Sub 16 e Sub 18:
Medalla Especial para os 3 primeiros clasificados masculinos e femininos.
- Categorías Absoluta, Sénior e Máster:
- Trofeos para os 3 primeiros/as clasificados/as en Categoría Absoluta.
- Trofeos para os 3 primeiros/as clasificados/as Sénior (18-34 anos).
- Trofeos para os 3 primeiros/as clasificados/as en Máster A (35-44 anos).
- Trofeos para os 3 primeiros/as clasificados/as en Máster B (45-54 anos).
- Trofeos para os 3 primeiros/as clasificados/as en Máster C (+ 55 anos).
- Trofeos para os 3 primeiros/as clasificados/as Concello de Meis.
- Trofeos Supermáster, á atleta e ao atleta de máis idade que remate a proba.
- Trofeos Participación, aos 3 clubs/organizacións con máis inscritos na proba.
- Trofeos Inclusión, a tódolos clubs/organizacións que participen con deportistas con
mobilidade reducida.
Os premios Non son acumulativos, tendo prioridade a Cat. Absoluta sobre as demais
Art. 10) DESCUALIFICACIÓNS
Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do
peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de
Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, poderá ser descualificado. Non está
permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización, nin persoas
non inscritas na proba que poidan avituallar ou marcar ritmos ás participantes.
Art. 11) RECLAMACIÓNS
As reclamacións aos resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó/á Xuíz/a
Árbitro/a da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos
mesmos.
[
Go Back
]