Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Negreira - CANCELADA
05/09/2026
19:30 - 20:30
[
Go Back
]
Descripción
Ao abeiro da FEIRA DO ROMÁNICO, celebrado no mes de xuño, organízase esta carreira popular
vertebrada co Pazo do Cotón, emblema de Negreira, con distancias non moi longas para ser asequibles
a tod@s @s participantes. Por suposto, a carreira nace como complemento as actividades que van a
ter lugar durante a festa de recreación histórica. Tamén por suposto, todas as idades terán acubillo
nas distintas categorías que conforman a carreira. Os actos da proba concluirán coa cerimonia de
entrega de premios e do avituallamento líquido e sólido de rigor. Convidamos a tod@s @s amantes do
atletismo a participar nesta segunda edición e a vir caracterizado!!
2.
Categorías
Pitufos
Benxamín
Alevín
Infantil
Cadete
Xuvenil
Absoluta
Probas
Categoría Pitufos
Categoría Benxamín e Alevín
Categoría Infantil, Cadete e Xuvenil
Categoría Absoluta
CATEGORÍAS-DISTANCIAS-HORARIOS-PERCORRIDOS
Datas nacemento
(2019-2023)
(2017-2018)
(2015-2016)
(2013-2014)
(2011-2012)
(2009-2010)
(2008 e anteriores)
Horario
18:00 h
18:15 h
18:40 h
19:30 h
Distancia
100 m. aprox.
1200 m aprox.
2500 m aprox.
5000 m aprox.
3. NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE
1. Rexerase pola regulamentación de Seguridade Viaria do Estado e da Comunidade Autónoma de
Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na vía urbana
(Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro de
2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a
contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes).
2. Cada proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil do Concello de Negreira. Tamén
contará cun seguro de accidentes que terá as coberturas mínimas esixidas no Real Decreto
849/1993.
3. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como
aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.
4. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba será
suspendida automaticamente. Buscarase unha data adecuada para desenvolvela e non se devolverán
os cartos da inscrición.
5. Os atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo delimitado polos
vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a todos os efectos usuarios
normais da vía.
1. IDEOLOXÍA
Ao abeiro da FEIRA DO ROMÁNICO, celebrado no mes de xuño, organízase esta carreira popular
vertebrada co Pazo do Cotón, emblema de Negreira, con distancias non moi longas para ser asequibles
a tod@s @s participantes. Por suposto, a carreira nace como complemento as actividades que van a
ter lugar durante a festa de recreación histórica. Tamén por suposto, todas as idades terán acubillo
nas distintas categorías que conforman a carreira. Os actos da proba concluirán coa cerimonia de
entrega de premios e do avituallamento líquido e sólido de rigor. Convidamos a tod@s @s amantes do
atletismo a participar nesta segunda edición e a vir caracterizado!!
2.
Categorías
Pitufos
Benxamín
Alevín
Infantil
Cadete
Xuvenil
Absoluta
Probas
Categoría Pitufos
Categoría Benxamín e Alevín
Categoría Infantil, Cadete e Xuvenil
Categoría Absoluta
CATEGORÍAS-DISTANCIAS-HORARIOS-PERCORRIDOS
Datas nacemento
(2019-2023)
(2017-2018)
(2015-2016)
(2013-2014)
(2011-2012)
(2009-2010)
(2008 e anteriores)
Horario
18:00 h
18:15 h
18:40 h
19:30 h
Distancia
100 m. aprox.
1200 m aprox.
2500 m aprox.
5000 m aprox.
6. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá
participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
. Debido ao carácter estritamente deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións. A
participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. A Comisión
Organizadora non se fará responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a
participación nesta carreira. O non recollido no mesmo resolverase segundo o criterio da comisión
organizadora, sendo as súas decisións inapelables.
8. A organización porá a disposición dos participantes na carreira unha instalación para que se
poidan cambiar e duchar, así como un servizo de garda roupa.
9. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización.
10. Descualificacións:
• O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba a calquera atleta que
manifeste un mal estado físico.
• Todo atleta que non realice o percorrido completo.
• O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas ante a
organización.
4. DEREITOS DE IMAXE, USOS DE DATOS E AUTORIZACIÓNS
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera
posible modificación. Os menores de idade inscribiranse baixo a supervisión e autorización paterna
ou dun titor legal. A inscrición dos menores nas distintas probas implica a autorización paterna ou
do titor legal para a súa participación.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a
continuación se expoñen:
• O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes recoñecementos
de saúde.
• Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo constar no
reverso do dorsal da proba.
• O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación e internet, (…) para a promoción do deporte. Calquera
persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.
5. SISTEMA DE CRONOMETRAXE, CHIPS E RECOLLIDA DE DORSAIS
• Para controlar as probas estableceranse controis de cronometraxe por chip. Todas as probas, agás a
categoría pitufo, serán cronometradas. A proba de categoría pitufo iniciarase desde un punto situado
a 100 m. ata a meta. O resto das carreiras terán a saída do Pazo do Cotón e a meta no mesmo sitio.
• Será obrigatorio o uso de chip para todas as categorías (facilitado pola organización), agás pitufo.
• Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola organización).
• O atleta que non porte o chip non poderá entrar na clasificación.
• O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a dirección de carreira.
• O horario de apertura das mesas: a mesa de recollida de dorsais abrirá ás 16:30 e estará situada na
Praza do Cotón (ao lado do Pazo do Cotón). Os dorsais e chips poderanse recoller ata 20 minutos
antes do inicio da proba.
• A entrega de premios está prevista para ás 21h 00´
para as todas as categorías inferiores . A entrega
de premios terá lugar no Pazo do Cotón, lugar no que se habilitará un podio.
8.
• A retirada de dorsal e chip deberá realizarse como mínimo con 15 minutos de antelación ao inicio da
carreira.
• Os chips son persoais e intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos atletas,
sancionarase coa descualificación do portador e do/a atleta suplantado, anulando todos os dereitos
adquiridos na inscrición.
6. INSCRICIÓNS
O prazo de inscrición para todas as categorías pecharase o xoves 3 de setembro ás 23:59h., e non se
aceptará ningunha inscrición unha vez rematado dito prazo.
As inscricións para os atletas realizaranse a través da páxina web da Federación tanto para os
deportistas de categoría absoluta coma os deportistas das categorías de base.
Cotas de inscrición:
• 5€ para a categoría absoluta.
• Gratis para as categorías de base.
7. CLASIFICACIÓNS, TROFEOS/MEDALLAS e ENTREGA DE PREMIOS
• Clasificacións da proba absoluta:
• Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
• Recibirán medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as na categoría xeral (os tres
primeiros e primeiras que entren na meta).
• Clasificacións das probas de base:
• Recibirán medalla e trofeo e subirán ao podio os tres primeiros e primeiras clasificados/as en cada
unha das categorías (benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil).
• Ademais na categoría pitufo, benxamín e alevín recibirán un agasallo conmemorativa e/ou premio afín
todos os participantes na proba.
• Entrega de premios:
• A entrega de premios está prevista para ás 21h 00´
para as todas as categorías inferiores . A entrega
de premios terá lugar no Pazo do Cotón, lugar no que se habilitará un podio.
[
Go Back
]