Calendario
Ver carrera

Betanzos

23/08/2026 11:00 - 12:00

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
Carreira Popular de Betanzos
O Concello de Betanzos organiza coa colaboración do Club Atletismo Betanzos, Acebe,
Protección Civil de Betanzos, Club Ciclista Betanzos o domingo 23 de agosto do 2026 a
XXVI Carreira Popular de Betanzos
A continuación detallamos o regulamento da proba:
REGULAMENTO:
1- A saída e chegada das probas serán na Porta da Vila
2- O percorrido será completamente urbano con bo firme.
3- A competición non será cronometrada, segundo o espírito non competitivo e festivo da
proba
Todos/as atletas deberán levar nun lugar ben visible o dorsal que lle proporcionará a
organización.
4- Contaremos con avituallamento na meta.
5- Os/as participantes deberán recoller o dorsal para poder participar na proba. Este será
entregado o día da proba no lugar de Saída/Meta 30min antes da saida. * Para recoller o
dorsal doutro participante será posible acudir coa fotocopia ou foto de tlf do DNI deste.
6- A inscripción na proba farase a través da web championchipnorte.com antes do día 20 de
Agosto e presencial nas oficinas de ACCEBE do 1/08/2026 a 12/08/2026 no horario de
10:00h a 14:00h, requisito imprescindible para participar na proba sexa cal sexa a
categoría.
Categoría Ano de nacemento Distancia (aprox.) Horario de saída (aprox.)
Pitufo (Mixta) 2019 e posteriores 200 m 10:30 h 2,00 €
Cativos I (Benxamín + 2º ano Prebenxamin) 2016 - 2018 600 m 10:35 h 2,00 €
Prezo Cativos II (Alevín + Infantil) 2012 - 2015 1.200 m 10:40 h 2,00 €
Carreira (Cadete) 2010 e 2011 1.200 m 10:40 h 2,00 €
Carreira 5K (Xuvenil* + Senior + Veteranos) 2009 e anteriores 5000 m 11:00 h 5,00 €
Andaina 5k non competitiva será para todas as idades. 5000 m 11:05 h 5,00 €
Inscricion en ACEBE do 28/07/2026 a 12/08/2026
- Teremos un masimo de 600 plazas para a carreira e andaina.
9- Premios e trofeos:
- O pódium estará ubicado na porta da vila
- As categorías PEQUES, SUB10,SUB12,SUB14,SUB16,SUB18 e Absoluta non terán
clasificación final segundo o espírito non competitivo e festivo da proba. Agasallo para
todos e todas os/as atletas nas categorías infantís na chegada dos/as participantes a meta.
-TROFEO para os 3 primeiros clasificados na categoría absoluta/sub18 masculina e
feminina.
10-O tempo máximo para completar a proba de 5k é de 60 minutos. Unha vez transcorrido
este tempo dende que tivo lugar a saída, procederase a retirarlle o dorsal a aqueles atletas
que ainda poidan estar correndo a proba econtinuaran pola súa conta sen ter a garantida a
atención por parte da organización.
11-As reclamacións faránse ao director da proba non máis tarde de 20 minutos finalizada a
XXVI Carreira popular de Betanzos.
12-A proba conta cos servizos médicos reglamentarios.
13- Duchas no pavillón do Vales Villamarin*
14- Calquer corredor que teña un comportamento que vaia en contra do espírito da
deportividade, presente malos modos con outros participantes, voluntarios, membros da
organización ou público en xeral pode ser descualificado inmediatamente.
15-Cada corredor acepta as normas da proba polo mero feito de inscribirse e tamén
participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma ter un nivel de condición física
suficiente para afrontar a proba e que pasou os pertinentesrecoñecementos de saúde. A
organización e empresas colaboradoras non se fan responsables de calquera lesión ou
padecemento por imprudencia, neglixencia ou falla de forma física do participante. O
participante exime de toda responsabilidade a organización que puidera derivar da súa
participación no evento (pérdida de obxectos persoais, roubo, lesión, atropelos,
agresións...)
16-No referente á Lei Órganica de Protección de Datos: Tódolos corredores inscritos no
evento aceptan a publicación do seu nome e posibles imaxes nasclasificacións, medios de
comunicación e internet, páxina web do evento, de empresas colaboradoras, foros
deportivos, etc…
17- A organización reserva o dereito de modificar este regulamento se considera que as
circustancias excepcionais da proba o esixen

[ Go Back ]