Calendario
Ver carrera

Noia

29/08/2026 21:30 - 22:40

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados, haberá unha sola clasificación
conxunta.
2. CATEGORÍAS E DISTANCIAS DOS PARTICIPANTES:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIA APROX.
CHUPETE* nados/as en 2022 e posteriores 250 metros aprox.
PITUFO* nados/as en 2019-2020-2021 350 metros aprox.
SUB 10 nados/as en 2017-2018 1 km aprox.
SUB 12 nados/as en 2015-2016 1 km aprox.
SUB 14 nados/as en 2013-2014 3 km aprox.
SUB 16 nados/as en 2011-2012 3 km aprox.
SUB 18 nados/as en 2009-2010 3 km aprox.
SUB 20 nados/as en 2007-2008 8 km aprox.
SUB 23 nados/as en 2004-2005-2006 8 km aprox.
SENIOR nados/as entre 1992 e 2003 8 km aprox.
MASTER 1 MASC/FMNO nados/as entre 1986 e 1991 8 km aprox.
MASTER 2 MASC/FMNO nados/as entre 1976 e 1985 8 km aprox.
MASTER 3 MASC/FMNO nados/as entre 1966 e 1975 8 km aprox.
MASTER 4 MASC/FMNO nados/as en 1965 e anteriores 8 km aprox.
*As categorías CHUPETE e PITUFO non son categorías federadas.
3. HORARIO DAS PROBAS
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do inicio de
cada proba, sita a mesma na Alameda de Noia e a carón da Casa do Concello.
HORA CATEGORIA
20:30 h Chupete (250 metros aprox.)
20:37 h Pitufo (350 metros aprox.)
20:45 h Sub 10 e Sub 12 (1 km aprox.)
21:00 h Sub 14, Sub 16 e Sub 18 (3 km aprox.)
21:30 h Sub 20, Sub 23, Senior e Máster (8 Km aprox.)
22:45 h ENTREGA DE PREMIOS (ALAMEDA)
4. As INSCRICIONS DAS PROBAS ESCOLARES (de chupete a sub 18) realizarase a
través da web www.emesports.es rellenando os datos indicados no formulario de
inscrición online. Serán GRATUITAS.
As INSCRICIONS DA PROBA DE 8 K (de Sub 20 a máster) realizaranse tamén a través
da web www.emesports.es. Establecerase un prezo de inscrición de 10 € por
participante que poderán formalizar a través da pasarela de pago na propia web.
O prazo de inscrición rematará o mércores 26 de agosto ás 23:59 horas, NON SE
ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DÍA DA PROBA.
Os dorsais de competición recolleranse na zona da Alameda, a carón da SAIDA das
probas ata media hora antes do inicio de cada proba.
5. PREMIACIÓN DA PROBA
Estableceranse os seguintes premios:
• Tres primeiros/as clasificados/as absolutos masculinos e femininos da proba
de 8 K (adultos).
• Tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente
regulamento, tanto masculinos como femininos, agás nas categorías
chupete e pitufo onde non haberá trofeos.
• Tres primeiros/as atletas locais clasificados/as da proba de 8 K, tanto
masculino como feminino.
• Trofeo especial Hipólito Rey “Polo” para os 3 primeiros clubes federados
da clasificación final da proba de 8 K.
Os trofeos non serán acumulativos, agás o dos atletas locais.
Os premios a clubs só se outorgarán na proba de 8 K. En dita clasificación puntuarán os
6 primeiros atletas de cada clube, dándolle 1 punto ao 1º, 2 puntos ó 2º, etc ... o clube
que menos puntos acade será o vencedor. O empate resolverase segundo o disposto na
normativa da FGA, RFEA e WA, por esta orde.
Para poder obtar a este premios os equipos deberán estar federados no deporte do
atletismo, feito que deberán xustificar remitindo no prazo de inscrición da proba ao email
secretaria@atletismo.gal e para a súa comprobación, a composición de cada club co
nome, apelidos e número de licencia de cada membro do mesmo. Os clubes poderán
ser mixtos.
Nas categorías CHUPETE e PITUFO daranse medalla a todos os participantes. Non
haberá trofeos nestas categorías nin se farán clasificacións.
PREMIOS EN METÁLICO
PROBA ABSOLUTA 8 K (De sub 20 a máster).
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado 300 € 1º Clasificado 300 €
2º Clasificado 175 € 2º Clasificado 175 €
3º Clasificado 125 € 3º Clasificado 125 €
PREMIOS A CLUBES
1º Clasificado 200 €
2º Clasificado 100 €
3º Clasificado 75 €
Os premios en metálico serán aboados por transferencia bancaria con posterioridade ás
probas. Para elo tódolos atletas e clubes gañadores dos mesmos deberán acreditar a
súa identidade coa presentación do DNI, CIF, carnet de conducir ou pasaporte e
deberán aportar o seu nº de conta.
6. Os atletas correrán cun CHIP-DORSAL que lle será entregado no momento da recollida
do dorsal. Todo atleta que chega a liña de meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado
de xeito visible na zona anterior do corpo, de xeito totalmente visible, será
automáticamente descualificado.
7. Esta proba está incluida no calendario oficial de la Federación Galega de Atletismo, polo
cal a participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas rexirase
de acordó o disposto na sección terceira, artigos 16, 17 y 18 do regulamento de
competicións da Real Federación Española de Atletismo.
8. Haberá avituallamento situado na liña de meta e no punto intermedio na proba de 8 K.
9. Habera servizo de duchas no polideportivo municipal de Noia disposición de tódolos
atletas ó finalizar as probas.
10. Tódolos atletas inscritos en tempo e forma na proba recibirán un agasallo conmemorativo
da mesma.
11. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da
Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
12. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo cos regulamentos
da FGA, RFEA e WA, por esta orde e en vigor para probas en ruta.

[ Go Back ]