Calendario
Ver carrera

Cambre

15/08/2026 10:00 - 11:00

[ Go Back ]

Descripción NORMATIVA XXXIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBRE
Organiza o Concello de Cambre e a Federación Galega de Atletismo. Esta carreira está integrada dentro
do XII Circuito de Carreiras Deputación Provincial da Coruña que se desenvolverán ao longo do 2026. O
día de celebración é o 15 de agosto.
1.-HORARIO DAS SAÍDAS:
• 09:50 h: Sub-14, Sub16 e Sub-18.
• 10:00 h: Sub-20, Sub-23, Senior, Máster.
• 11:20 h: Sub-12
• 11:30 h: Sub-10
• 11:40 h: mini
2.-LUGAR DE SAÍDA:
• Diante da casa do Concello
3.-INSCRICIONS:
Ata as 20:00 do mércores 12 de agosto na páxina web www.carreirasgalegas.com. Todas as categorías
son gratuitas.
4.-CATEGORÍAS (MASCULINAS E FEMININAS):
Mini 2019 e posteriores
Sub-10 2017-2018
Sub-12 2015-2016
Sub-14 2013-2014
Sub-16 2011-2012
Sub-18 2009-2010
Sub-20 2007-2008
Sub-23 2004-2005-2006
Senior 2003 ata 1992
Máster 1 1991 ata 1986
Máster 2 1985 ata 1976
Máster 3 1975 ata 1966
Máster 4 1965 e anteriores
5.-CIRCUITOS:
5.a) Carreira Mini:
1 CIRCUITO: no entorno diante do concello
Hora: 11:40 h
Distancia: aprox. 180 mts.
Carácter participativo, sen clasificación.
5.b) Carreira Sub-10:
1 VOLTA CIRCUITO “B”: saída diante do concello ata o ximnasio Oliver Díaz, e volta.
Hora: 11:30 h
Distancia: aprox. 500 mts.
5.c) Carreira Sub-12:
2 VOLTAS CIRCUITO “A”: saída dende o concello ata o pavillón do Sofía Toro, e volta
Hora: 11:20 h
Distancia: aprox.700 mts.
5.d) Carreira Sub-14, Sub-16 e Sub-18
1 VOLTA CIRCUITO “PEQUEÑO” RIO MERO: saída dende o concello, baixada ó río Mero e volta ó
concello.
Hora: 09:50 h
Distancia: 3500 mts.
5.e) Carreira Sub-20, Sub-23, Senior, Máster 1, Máster 2, Máster 3 e Máster 4:
1 VOLTA CIRCUITO “GRANDE” RIO MERO: saída diante do concello , baixada ó río Mero e volta ó
concello.
Hora: 10:00 h.
Distancia: 7.300 mts.
Limitase a participación nesta carreira a 800 deportistas.
MOI IMPORTANTE:
• A data tope de recepción de inscricións será o mércores, 12 de agosto, ás 20:00 horas. Non se admitirá
baixo ningún concepto ningunha inscrición posterior á devandita data, nin o mesmo día da competición.
• Na inscrición debe indicar o nome completo, data de nacemento completa, procedencia (localidade,
clube...), número de licencia (en caso de ser federado), DNI (imprescindible), teléfono, dirección e e-mail
se queren recibir información, resultados, etc...
6.-RECOLLIDA DE DORSAIS:
No pavillón Sofía Toro de Cambre o venres 14 de agosto de 17:30 a 21:30 e, o mesmo día da carreira,
entre as 8:30 h e as 09:55 h. Recoméndase chegar con tempo suficiente para evitar colas de última hora.
Importante: O dorsal ten adherido a parte traseira o chip de control, e moi importante no manipular
a pegatina que o cubre.
7.-CONTROL DE CHEGADA:
A cronometraxe correrá a cargo da Federación Galega de Atletismo.
8.-TROFEOS E PREMIOS:
• Trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculina como feminina agás na
categoría de Minis.
• Na categoría Minis todos os corredores recibirán un agasallo.
• Trofeo corredor de maior idade que termine a proba na carreira absoluta.
• Trofeo corredora de maior idade que termine a proba na carreira absoluta.
. Trofeo primeiro clasificado de o Concello de Cambre na carreira absoluta (circuito grande), ben que
resida no municipio ou ben sexa natural do mesmo.
• Trofeo primeira clasificada de o Concello de Cambre na carreira absoluta (circuito grande), ben que
resida no municipio ou ben sexa natural do mesmo.
Para optar ao trofeo de mellor clasificado/a do Concello de Cambre deberá facer constar na inscrición esta
circunstancia (será imprescindible). Para recibir o trofeo deberá acreditar a súa residencia ou nacemento
en Cambre.
- Poderase esixir o DNI para a entrega de trofeos.
- Farase entrega dos mesmos ao finalizar a proba.
9.-OUTROS
• Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións, pero
agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos os participantes. As reclamacións
aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos
despois da publicación dos resultados.
• Seguro: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, excluídos os casos derivados de un padecemento latente, imprudencia o
inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos
polo desprazamento; o lugar da competición ou dende o mesmo. Non se permitirá a existencia no
percorrido de ningún vehículo alleo a organización, estando estes últimos debidamente identificados.
• Soamente se permite aos membros da organización a utilización de vehículos para o seguimento da
proba, estando rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos
de axuda ou correndo a pe, sendo motivo de descalificación.
• A organización disporá de SERVICIOS MÉDICOS E AMBULANCIA dende una hora antes do comezo da
carreira e ata media hora despois de pechar o acto. Os Servizos médicos, están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifestase un mal estado físico durante o desarrollo da mesma. Así
mesmo, recomendase a todos os inscritos, leven a cabo antes de tomar parte na carreira un
recoñecemento de aptitude médico-deportivo que descarte calquera patoloxía que impida a súa
participación.
• A inscrición implica ler, ter entendido e adquirido o compromiso que a continuación se expón: Certifico
que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese
derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores.
• Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de saír acepta o presente
regulamento.
• A proba contará co apoio de Protección Civil e Policía Local de Cambre.
• Facilitarase servizo de duchas, que estarán situadas no Pavillón Sofia Toro de Cambre.
• Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da RFEA e FGA para
probas en ruta en vigor.
• Os resultados publicaranse na web do Concello de Cambre, e na Federación Galega de Atletismo.

[ Go Back ]