Calendario
Ver carrera

Redondela

12/09/2026 20:00

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
V CONTRARRELOXO POR EQUIPOS
CONCELLO DE REDONDELA
O SÁBADO 12 de SETEMBRO de 2026, terá lugar en Redondela a V edición da
CONTRARRELOXO POR EQUIPOS CONCELLO DE REDONDELA,
organizada polo CONCELLO DE REDONDELA en colaboración co club de atletismo
ASOCIACIÓN DEPORTIVA C.A.R., e contando co patrocinio de RODAVIGO, AQUALIA,
GRUPO LIRÓN, DECORACIONES BARCIELA, TALLERES PONTESECA,
EDUSPORTIA e GRUPO DAMM.
1-NORMAS DE PARTICIPACIÓN
Poderán participar na contrarreloxo todas aquelas persoas nadas dende o ano 2010
(incluído) que o desexen, sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos
ao efecto pola Organización.
Os equipos estarán formados entre 4 e 6 compoñentes (no caso dos equipos mixtos un
mínimo de 2 compoñentes terán que pertencer ao xénero contrario), tendo que chegar a
meta xuntos, como mínimo, 4 dos compoñentes (no caso dos equipos mixtos dous
compoñentes serán masculinos e dous femininos)
2-CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN
As categorías de competición, tanto para xénero masculino como feminino, serán as
seguintes, podendo participar tódalas persoas nacidas despois do ano 2010, este último
incluído.
Equipos masculinos Nados no ano 2012 e posteriores
Equipos femininos Nadas no ano 2012 e posteriores
Equipos mixtos Nados e nadas no ano 2012 e posteriores
3-HORARIO DA PROBA, DISTANCIA E PERCORRIDO
A proba comezará ás 20:00 h do sábado 12 de setembro, e discurrirá por un percorrido
urbano, completamente pechado ao tráfico, que ten unha distancia aproximada de 5 km.
Haberá que dar dúas voltas: unha pequena (1600m) e unha grande (3400m), pasando
por liña de meta entre unha e outra. O perfil do mesmo é completamente plano e 100%
asfalto (percorrido publicado no Anexo).
Os equipos saíran cada minuto, tendo que presentarse na zona de saída con 5 minutos
de antelación ao momento da súa saída. A organización publicará a orde de saída con
antelación á celebración da proba.
4-INFORMACIÓN E INSCRICIÓN
As inscricións realizaranse online na plataforma de CRONOTEC. https://cronotec.es/
As inscricións pecharán o mércores, día 9 de setembro as 20:00h . Non poderá
inscribirse ningún equipo fóra desta data.
A cota de inscrición será de 6 € por atleta se se inscriben antes do día 2 de setembro. A
partir desa data, e ata peche de inscricións, a cota será de 8 € por atleta.
5-RECOLLIDA DE DORSAIS:
Os dorsais de competición poderán recollerse nos soportais do Concello de Redondela
ata TRINTA MINUTOS ANTES DO INICIO DA CARREIRA. Será obrigatorio participar co
dorsal oficial da proba, colocado de forma totalmente visible na parte anterior do corpo.
Non se permitirá participar a ningún atleta que non leve dorsal.
6-SAÍDA E CHEGADA DAS PROBAS
A saída das probas estará ubicada na ALAMEDA CASTELAO. A meta estará ubicada na
rúa Alfonso XII, concretamente fronte á CASA DO CONCELLO.
O primeiro equipo en saír farao ás 20:00h. A partir de ahí, a cada minuto, poranse en
carreira os distintos equipos. Con antelación, a organización publicará a orde de saída
dos distintos equipos.
7-PREMIOS E AGASALLOS
Establécense premios para os tres primeiros equipos clasificados en cada unha das tres
categorías definidas pola organización.
O primeiro equipo clasificado de cada categoría recibirá unha cesta de produtos gourmet
valorada en 150 € e un premio económico de 100 €. O segundo equipo clasificado
recibirá unha cesta de produtos gourmet valorada en 100 € e un vale de 60 € para
material deportivo. O terceiro equipo clasificado recibirá unha cesta de produtos gourmet
valorada en 75 € e un vale de 40 € para material deportivo.
8-AVITUALLAMENTO
Todos/as os/as inscritos gozarán dun avituallamento líquido e sólido ao finalizar o
evento.
Ao remate da proba, a organización ofrecerá ás persoas participantes un servizo de
corte de xamón así como cervexa, só para as persoas maiores de idade
Haberá a disposición dos atletas colectores de lixo polo que agradecemos que ao
rematar depositen o lixo neles.
9- DUCHAS
Haberá servizo de duchas no pavillón municipal da Marisma.
https://maps.app.goo.gl/5V3NLsWk3mWmBfUy9
10- SERVIZOS MÉDICOS
A organización disporá dos servizos médicos obrigatorios, seguro de accidentes
deportivos e seguro de responsabilidade civil.
11- USO DE IMÁXES
Durante o evento realizaranse fotografías e vídeos que poderán ser utilizadas e difundidas
a través das redes sociais da Asociación Deportiva C.A.R. e do Concello de Redondela
coa finalidade de promocionar a proba e o deporte. A inscrición na carreira implica a
autorización para o uso destas imaxes para os fins indicados.
12- DECLARACIÓN RESPONSABLE
Cada participante, ou o seu pai, nai ou titor/a legal no caso de menores de idade, declara
baixo a súa responsabilidade que se atopa en condicións físicas óptimas para participar
na proba asumindo os riscos inherentes á práctica deportiva e exime á organización de
calquera responsabilidade derivada de danos ou lesións ocasionadas por causas alleas á
súa actuación.
13- PROTECCIÓN DE DATOS
De conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e
do Consello, do 27 de abril de 2016 (RXPD), e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de
decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos
persoais facilitados polas persoas participantes serán tratados unicamente para a xestión
das inscricións, a organización e o desenvolvemento da proba, así como, cando
corresponda, para a publicación dos resultados.
Os datos non serán cedidos a terceiros, agás nos supostos previstos legalmente ou
cando sexa necesario para a correcta organización do evento.
As persoas interesadas poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación,
supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade dos datos, nos termos
establecidos pola normativa vixente en materia de protección de datos.

[ Go Back ]