Calendario
Ver carrera

Trail dos Indios

20/09/2026 9:00 - 14:30

[ Go Back ]

Descripción X TRAIL DOS INDIOS - CASTELO DE VITRES
REGULAMENTO
DATA:
DOMINGO 20 DE SETEMBRO 2026
DISTANCIAS:
TRAILASO: 26 km 1600 d+ (CAMPIONATO GALEGO DE CLUBES. COPA CXM ABSOLUTA E
PROMESA)
TRAIL: 16 KM 650d+(COPA CXM JUNIOR)
TRAILIÑO: 9,5 K 450 d+(COPA XUVENIL E CADETE)
CARREIRAS PARA OS PEQUENOS:
- TRAIL DOS APACHES 2,5km 120 d+ (2012/2013/2014)
- TRAIL DOS CHEROKEES 1,2 km, 60d+(2015 en adiante)
SAÍDA E META:
PAZO DE GOIÁNS
https://maps.app.goo.gl/AkG2PP3UbMxYjqKg6
SERVIZO DE DUCHAS
PAVILLÓN DE SANTA BAIA – BOIRO
https://goo.gl/maps/1UnmFiaDYupZEFXeA
INSCRICIÓNS
https://www.321go.es/
PECHE DE INSCRICIÓNS: Luns 14 de setembro as 23:59h
PREZO DE INSCRICIÓN:
• TRAILASO 26K - 30€
• TRAIL 16K - 22 €
• TRAILIÑO 9K - 15 €
• CARREIRAS PARA PEQUES - GRATUITAS
Unha vez realizada a inscrición, só se accederá á devolución do importe en caso de
lesión ou enfermidade, sendo necesario a presentación dun certificado médico.
A inscrición é persoal e intransferible e supón a aceptación deste regulamento e a
renuncia de todos os dereitos contra a organización, renunciando a toda acción legal
que puidera derivarse da súa participación na proba. Unha vez realizada, baixo ningún
concepto, poderá ser utilizada por outra persoa diferente á inscrita.
O dorsal debe ser recollido presentando á organización un documento de
identificación: DNI ou permiso de conducir, NIE, pasaporte. As persoas federadas
deberán presentar tamén a licenza federativa en formato físico ou dixital.
TRAIL DOS INDIOS – CASTELO DE VITRES
1. DISTANCIAS:
 TRAILASO: 26 km 1600 d+ - CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS. PROBA DA COPA
XUNTA DE GALICIA DE CARREIRAS POR MONTAÑA DA FEDERACIÓN GALEGA DE
MONTAÑISMO (FGM), CATEGORÍA ABSOLUTA E PROMESA
• Prezo inscrición: 30 €
• Recollida de dorsais - 7:30 a 8:30 h
• Saída – 09:00 h
• Peche de Meta - 14.30h
• Entrega de Trofeos - 13.30 (ou ao completar podios)
• Circuíto (suxeito a cambios por forza maior) https://es.wikiloc.com/rutas-carrerapor-montana/trail-dos-indios-distancia-longa-2023-145542089
• Avituallamentos:
oKm 7
oKm 12,5
oKm 19
oMeta
• Tempos de corte
oAvituallamento 1 - km 5 as 10:00h
oAvituallamento 2 - km 12,5 as 11:30h
oAvituallamento 3 - km 19 as 13:30h
oCorte de Meta 14:30h (Tempo máx. total 5h:30 min)
• Material obrigatorio: Poderá haber controis na saída, meta ou ao longo da
carreira. O incumprimento é motivo de descualificación. En función das
condicións climatolóxicas o material obrigatorio poderá sufrir cambios dos que
se avisará coa antelación suficiente.
o Manta térmica
o Chifre
o Teléfono con batería suficiente
o Sistema de hidratación de cando menos 1 L
o Cortaventos ou membrana con capucha e manga longa.
o Dorsal visible na parte dianteira
O material obrigatorio poderá ser requirido polos árbitros da FGM no control de
dorsais e nas partes do percorrido destinadas a tal efecto, e todos os corredores
están obrigados a someterse a este control, baixo pena de sanción ou
descualificación da carreira
O uso de bastóns será voluntario, pero no caso de saír con eles, deberan levalos
durante toda a proba
• CARACTERÍSTICAS DO TERREO.- TRAIL CON DIFICULTADE ELEVADA. Dificultade
técnica ALTA. Dureza en relación distancia-desnivel ALTA. Moitos sendeiros e zonas
rochosas, beiras dos ríos, subidas de dificultade elevada, baixadas técnicas.
Recomendase un nivel de estado físico medio-alto para participar nesta proba.
Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da
proba, que pode desenvolverse baixo condicións climáticas extremas, polo
cal debe prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados
para a práctica de carreiras de montaña.
A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e
aceptan as condicións do presente Regulamento e participan baixo a súa
enteira responsabilidade, afirman posuír unhas condicións físicas suficientes
para a realización da proba.
 TRAIL: TRAIL: 16 KM 650d+ - PROBA DA COPA XUNTA DE GALICIA DE CARREIRAS
POR MONTAÑA, CATEGORÍA JUNIOR
• Prezo inscrición: 22 €
• Recollida de dorsais - 8:30 a 9:30 h
• Saída – 10:00 h (Trail)
• Peche de Meta - 14.30h
• Entrega de Trofeos Trail- 13.00 (ou ao completar podios)
• Circuíto: https://es.wikiloc.com/rutas-carrera-por-montana/trailino-dos-indios2023-ruta-curta-145542215
• Avituallamentos:
oKm 5
oKm 9,5
oMeta
• Material obrigatorio trail: Poderá haber controis na saída, meta ou ao longo da
carreira. O incumprimento é motivo de descualificación. En función das
condicións climatolóxicas o material obrigatorio poderá sufrir cambios, dos que
se avisará con tempo suficiente.
o Manta térmica
o Chifre
o Teléfono con batería suficiente
o Sistema de hidratación de cando menos 0,5 L
o Cortaventos ou membrana con capucha e manga longa.
o Dorsal visible na parte dianteira
O material obrigatorio poderá ser requirido polos árbitros da FGM no control de
dorsais e nas partes do percorrido destinadas a tal efecto, e todos os corredores
están obrigados a someterse a este control, baixo pena de sanción ou
descualificación da carreira.
O uso de bastóns será voluntario, pero no caso de saír con eles, deberan levalos
durante toda a proba
• Tempos de corte trail:
o Avituallamento 1 - km 7 as 11:30h
o Avituallamento 2 - km 12,5 as 13.00h
o Corte de Meta 14:00h (Tempo máx. total 4h:00 min)
• CARACTERÍSTICAS DO TERREO.- TRAIL CON DIFICULTADE ELEVADA. Dificultade
técnica ALTA. Dureza en relación distancia-desnivel ALTA. Moitos sendeiros e zonas
rochosas, beiras dos ríos, subidas de dificultade elevada, baixadas técnicas.
Recomendase un nivel de estado físico medio-alto para participar nesta proba.
Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da
proba, que pode desenvolverse baixo condicións climáticas extremas, polo
cal debe prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados
para a práctica de carreiras de montaña.
A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e
aceptan as condicións do presente Regulamento e participan baixo a súa
enteira responsabilidade, afirman posuír unhas condicións físicas suficientes
para a realización da proba.
 TRAILIÑO: 9,5 K 450 d+ - PROBA DA COPA XUNTA DE GALICIA DE CARREIRAS POR
MONTAÑA, CATEGORÍA XUVENIL E CADETE
• Prezo inscrición: 15 €
• Recollida de dorsais: 09:30 – 10:30
• Saída: 11:00
• Kms: 9,5
• Desnivel: 450+
• Lugar da Saída: https://maps.app.goo.gl/hxjdoVYDui1RNYoM9
• Peche de Meta - 14.30h
• Entrega de Trofeos Trailiño- 13.00 (ou ao completar podios)
• Circuíto: Pendente de actualizar
• Avituallamentos:
o Km: 4,5
o Meta
• Material obrigatorio trailiño: Poderá haber controis na saída, meta ou ao longo
da carreira. O incumprimento é motivo de descualificación. En función das
condicións climatolóxicas o material obrigatorio poderá sufrir cambios, dos que
se avisará con tempo suficiente.
o Manta térmica
o Chifre
o Teléfono con batería suficiente
o Sistema de hidratación de cando menos 0,5
o Cortaventos ou membrana con capucha e manga longa.
o Dorsal visible na parte dianteira
O material obrigatorio poderá ser requirido polos árbitros da FGM no control de
dorsais e nas partes do percorrido destinadas a tal efecto, e todos os corredores
están obrigados a someterse a este control, baixo pena de sanción ou
descualificación da carreira.
O uso de bastóns será voluntario, pero no caso de saír con eles, deberan levalos
durante toda a proba
• CARACTERÍSTICAS DO TERREO.- TRAIL CON DIFICULTADE ELEVADA. Dificultade
técnica ALTA. Dureza en relación distancia-desnivel ALTA. Moitos sendeiros e zonas
rochosas, beiras dos ríos, subidas de dificultade elevada, baixadas técnicas.
Recomendase un nivel de estado físico medio-alto para participar nesta proba.
Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da
proba, que pode desenvolverse baixo condicións climáticas extremas, polo
cal debe prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados
para a práctica de carreiras de montaña.
A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e
aceptan as condicións do presente Regulamento e participan baixo a súa
enteira responsabilidade, afirman posuír unhas condicións físicas suficientes
para a realización da proba.
TRAIL APACHES / INFANTIL
• Prezo inscrición: 0 €
• Recollida de dorsais: 09:30 – 12:30
• Saída: 13.15
• Kms: 3
• Desnivel: 120+
• Lugar da Saída: Pazo de Goiáns
• Entrega de Trofeos - 13.00
• Circuíto: Pazo de Goiáns
• Agasallo para todos (proba non competitiva)
TRAIL CHEROKEES / ALEVÍN
• Prezo inscrición: 0 €
• Recollida de dorsais: 09:30 – 12.30
• Saída: 13.00
• Kms: 1,3
• Desnivel: 60+
• Lugar da Saída: Pazo de Goiáns
• Circuíto: Pazo de Goiáns
• Agasallo para todos (proba non competitiva)
2. CATEGORÍAS E PREMIOS
CATEGORÍAS E PREMIOS PARA TRAILASO:
• Absoluta masculino e feminina. 3 primeiros clasificados
• Veterán A masculino e feminina. De 40 a 49 anos* 3 primeiros clasificados
• Veterán B masculino e feminina. Mais de 50 anos* 3 primeiros clasificados
*A idade a ter en conta será a que se teña a finalizar a 31 de decembro de 2026.
CATEGORÍAS E PREMIOS PARA TRAIL:
• Absoluta masculino e feminina. 3 primeiros clasificados
• Junior (nados en 2007-2006) masculino e feminina. 3 primeiros clasificados
• Veterán A masculino e feminina. De 40 a 49 anos* 3 primeiros clasificados
• Veterán B masculino e feminina. Mais de 50 anos* 3 primeiros clasificados
*A idade a ter en conta será a que se teña a finalizar a 31 de decembro de 2026.
CATEGORÍAS E PREMIOS PARA TRAILIÑO:
• Absoluta masculino e feminina. 3 primeiros clasificados
• Xuvenil (nados en 2009-2008) masculino e feminina. 3 primeiros clasificados
• Cadete (nados en 2010-2011-2012) masculino e feminina. 3 primeiros clasificados
*A idade a ter en conta será a que se teña a finalizar a 31 de decembro de 2026.
Os trofeos NON SON ACUMULATIVOS.
3. SINALIZACIÓN E CONTROIS
O percorrido estará sinalizado pola organización con cinta plástica de cor viva,
pintura, carteis indicadores ou outros elementos de sinalización. É
responsabilidade de cada participante localizar a sinalización e seguila.
Recoméndase descargar o track no reloxo, teléfono ou dispositivo GPS
Aínda que o percorrido, case na súa totalidade, non transcorre por estradas,
nalgún momento si se cruza ou se transita durante un pequeno tramo por elas.
Polo tanto, estes tramos non estarán cortados ao tráfico rodado, debendo os
participantes respectar as normas de tráfico e indicacións da Organización.
Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis
regulamentarios establecidos. A Organización poderá realizar as modificacións
que considere necesarias no percorrido, incluso a suspensión da proba, se as
condicións meteorolóxicas así o aconsellan. A organización ten deseñados e
preparados recorridos alternativos para evitar algún punto que puidera ser
problemático en función das inclemencias climatolóxicas.
O percorrido da proba discorre por paraxes naturais de gran beleza, polo que
non debemos ensucialos nin deterioralos, arroxando desperdicios fóra das áreas
de control. Será motivo de descualificación o incumprimento desta norma.
4. INSCRICIÓN
A proba está aberta a todos os deportistas, federados e non federados. Idade
mínima para o Trailaso 26K: 18 anos. Idade mínima para o Trail: 16K, 16 anos.
Idade mínima para o Trailiño 9K: 14 anos. Os atletas federados que quixeran optar
a premios de categoría, deberán competir na distancia que lles corresponda
aínda que, por idade, puideran facelo noutras distancias.
As inscricións poderanse formalizar a partir do día 1 de xullo de 2026, a través da
páxina web https://www.321go.es/ enchendo o formulario habilitado a tal
efecto, e efectuando o pagamento correspondente.
A inscrición dá dereito a:
• Dorsal con chip
• Seguro de accidentes
• Asistencia médica en carreira
• Regalo conmemorativo
• Avituallamentos
• Avituallamento especial fin de carreira
A inscrición é persoal e intransferible e supón a aceptación deste Regulamento
e a renuncia a todos os dereitos contra a Organización, renunciando a toda
acción legal que puidera derivarse da súa participación na proba. Unha vez
realizada, baixo ningún concepto, pode ser utilizada por outra persoa diferente
á inscrita.
5. MOTIVOS DE DESCUALIFICACIÓN
- Non pasar polos puntos de control establecidos.
- Non realizar o recorrido completo.
- Non respectar o itinerario balizado ou a sinalización do recorrido.
- Entrar na meta sen dorsal.
- Deixar lixo (envases, envoltorios ou calquera outro desperdicio), fóra das
zonas de avituallamentos e control).
- Non prestar auxilio a outro corredor que o necesite.
- Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa.
- Desobedecer as indicacións dos médicos ou persoal responsable da
organización.
6. RETIRADA E ABANDONOS
- Calquera corredor poderá retirarse da proba sempre que o desexe,
advertindo ao control máis próximo ou ao persoal da Organización e
entregando o dorsal.
- Se por caso de accidente ou lesión o corredor queda inmobilizado e non
pode chegar ata un punto de control, contactará co teléfono de
emerxencias que constará no dorsal a fin de actuar coa maior axilidade.
- A Organización poderá retirar da carreira, baixo o seu criterio, aos
participantes que teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos,
desorientación, desmaio, etc. que poidan poñer en perigo a súa saúde,
ou aqueles que teñan minguadas as súas condicións físicas para continuar
en carreira.
- Os participantes están obrigados a prestar auxilio aos accidentados ou a
aqueles que o requiran.
7. SANCIÓNS E DESCUALIFICACIÓNS
As sancións e descualificacións rexerase polo indicado no regulamento de competición
de carreiras por montaña FGM Regulamento-2026-CxM.pdf
RECLAMACIÓNS Poderanse presentar reclamacións referentes ás clasificacións
provisionais ata 10 minutos despois da súa publicación, que serán presentadas por
escrito sendo requisito obrigatorio realizar un depósito de 60€. (artigo 6 regulamento
FGM de CXM)
8. RESPONSABILIDADE XERAL
É responsabilidade do participante estar ben preparado para a proba. É dicir,
gozar de boa saúde física en xeral, así como ter un nivel aceptable de
preparación. A posesión da licenza federativa non asegura nin cobre esta
responsabilidade.
O/a deportista declara que non padece contraindicación algunha para
competir ou practicar trail, manifestando de forma responsable ante a
organización que se someteu antes do evento a controis ou exames médicos a
fin de descartar que padeza lesión, enfermidade ou problema de saúde que
impidan ou sequera desaconselle a súa participación na competición.
Os atletas deberán:
- Ser responsables da súa propia seguridade e a do resto de atletas.
- Coñecer e respectar o regulamento de competicións
- Coñecer os percorridos.
- Respectar as normas de circulación. (O percorrido cruza de forma puntual
algunha vía aberta ao tráfico, debendo os corredores estar atentos á
circulación de vehículos.)
- Tratar ao resto de atletas, oficiais, voluntarios e espectadores con
respecto e cortesía.
- Respectar o medioambiente da zona na que se celebra a competición,
non abandonando nin guindando obxectos, nin actuando de forma
agresiva coa contorna.
- A participación na proba deportiva como acto individual, libre e
responsable que é, supón a asunción por parte do deportista dos riscos
inherentes á propia proba, tales como caídas, accidentes propios ou con
terceiros participantes ou non na proba, e en xeral todo dano privado ou
material; supoñendo iso en definitiva renunciar a formular reclamación
algunha por estes feitos contra os organizadores ao atoparse devanditos
eventuais danos dentro dun marco arriscado, coñecido e asumido.
- O/a deportista coñece a existencia e contido, entende, e acata todas as
normativas, regulamentos e disposicións reguladoras que resultan de
aplicación na competición. É responsabilidade do ou da participante
informarse sobre as normativas, regulamentos, disposicións, instrucións, e
calquera outra regulación que resulte de aplicación na competición.
- O/a deportista comprométese a cumprir todos os acordos adoptados
pola organización e o seu persoal, polos delegados técnicos, polos xuíces
– árbitros, polos oficiais, por calquera órgano ou autoridades deportivas,
así como ás resolucións emanadas por aqueles en materias da súa
competencia.
- O/a deportista obrígase a velar en todo momento escrupulosamente polo
respecto dos valores do deporte, mantendo un comportamento
adecuado e preservando a boa imaxe da organización e a súa
competición.
- O/a deportista de forma xurada e responsable manifesta que non se
atopa sancionado/a nin incurso/a en ningún procedemento sancionador
en materias relacionadas co deporte. Unha vez inscrito/a, tan pronto se
lle impoña unha sanción a través dunha resolución que sexa firme ou
simplemente executiva establecida por unha federación deportiva ou
calquera outras entidades administrativas, tal circunstancia será posta en
coñecemento da Federación correspondente, quen, en tales casos,
poderá motivadamente impedir a participación do ou da deportista na
competición.
9. OUTRA INFORMACIÓN
- A Organización disporá de servizos de asistencia médica (Ambulancia
medicalizada) e duchas (Pavillón Polideportivo Santa Baia).
- Todos os participantes oficialmente inscritos estarán cubertos por unha
póliza de seguros concertada pola Organización, que cubrirá os
accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba e nunca como derivación de un
padecemento ou tara latente, imprudencia, inobservancia das leis e do
articulado deste Regulamento, así como os producidos nos
desprazamentos ou e desde o lugar no que se desenvolve a carreira.
- A Organización resérvase o dereito de admisión nesta proba
10. MODIFICACIÓNS PERCORRIDO.-
1. Sen aviso previo e por causas maiores ou imposición das autoridades
competentes a Organización resérvase o dereito para modificar o percorrido e
os tempos de corte.
2. En caso de condicións meteorolóxicas desfavorables -gran cantidade de
choiva ou néboa, risco elevado de tormentas, etc- a hora de saída pode ser
atrasada, finalizar a carreira antes de terminala, variar as barreiras horarias ou
modificar o itinerario. Se non houbese melloría a proba pode ser anulada.
3. A Organización resérvase o dereito de finalizar a carreira e modificar o
itinerario por outras causas graves, extremas e alleas á mesma.
11. SUSPENSIÓN DA PROBA.-
1. A Organización resérvase o dereito de poder cancelala se concorresen
situacións obxectivas de risco que puidesen poñer en perigo a seguridade e
integridade dos participantes (alertas meteorolóxicas, incendios forestais,
corrementos do terreo, etc.).
2. Por causas de forza maior, e en caso de suspensión da proba, a Organización
realizará un reembolso parcial dos dereitos de inscrición. O importe do devandito reembolso virá determinado en función dos custos que permitan á Organización
facer fronte aos gastos fixos e realizados non recuperables.
3. En caso de anulación por razóns de seguridade ou en caso de interrupción da
carreira despois da saída, non se contempla ningún reembolso.
4.Se a proba se debese interromper e suspender nun punto do percorrido, a
clasificación determinarase segundo a orde e tempo de chegada no punto de
interrupción ou na súa falta, no último control realizado.

[ Go Back ]