Calendario
Ver carrera

A Pobra do Caramiñal

24/07/2026 21:30 - 22:30

[ Go Back ]

Descripción V CARREIRA SOLIDARIA MÓVETE POLA
DIABETES
O venres 24 de xullo de 2026, terá lugar no Concello da Pobra do Caramiñal a V
CARREIRA SOLIDARIA MÓVETE POLA DIABETES, organizada polo Concello da
Pobra do Caramiñal, a Asociación Anedia, a Asociación de Atletismo e Deportes do
Barbanza e a Federación Galega de Atletismo.
As probas poderán disputalas tanto atletas federados/as en atletismo como non federados/as
e estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e
seguirán o seguinte regulamento:
1- CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN:
As categorías de competición serán as seguintes:
SUB 6 H/M 2021-2022
SUB 8 H/M 2019-2020
SUB 10 H/M 2017-2018
SUB 12 H/M 2015-2016
SUB 14 H/M 2013-2014
SUB 16 H/M 2011-2012
SUB 18 H/M 2009-2010
SUB 20 H/M 2007-2008
SUB 23 H/M 2006-2005-2004
SENIOR H/M de 2003 ata máster
MASTER 1 H/M de 35 a 39 anos
MASTER 2 H/M de 40 a 44 anos
MASTER 3 H/M de 45 a 49 anos
MASTER 4 H/M de 50 a 54 anos
MASTER5 H/M de 55 a 59 anos
MÁSTER H/M Maiores de 60 anos
ZAPATILLA INCLUSIVA * Tódalas idades
(*) Na categoría zapatilla inclusiva poderanse incluír todas as persoas con diversidade
intelectual, sensorial ou motriz.
2 – HORARIO DAS PROBAS
HORA CATEGORÍA NADOS DISTANCIA
20.00 SUB 6 2021-2022 250 ml
20.10 SUB 8 2019-2020 400 ml
20.30 SUB 10 2017-2018 600 ml
21.00
SUB 12 2015-2016 1.000 ml
SUB 14 2013-2014 1.000 ml
SUB 16 2011-2012 1.000 ml
21.30
SUB 18 – SUB 20 – SUB 23 –
SENIOR – MÁSTER 1, 2, 3 , 4,
5, MÁSTER e ZAPATILLA
INCLUSIVA
2010 e anteriores 3.000 ml
22.00 ENTREGA DE TROFEOS
2- INFORMACIÓN E INSCRICIÓN:
As inscricións realizaranse online a través da páxina web
www.carreirasgalegas.com.
Os prezos de inscrición serán os seguintes:
• Sub 6, Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Sub 16: GRATUÍTO
• Zapatilla inclusiva: GRATUÍTO
• Adultos (de sub 18 a máster): 8 €
INFORMACIÓN
Para máis información poderán acudir ao Dpto. dos Deportes do Concello da Pobra do
Caramiñal, na Casa da Cultura e Xuventude “Raquel Fdez. Soler” no horario de 9:30 h a
14:00 h
Para información telefónica: 981 83 15 45 ou o teléfono móbil 619 229 946.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o mércores, 22 de xullo, ás 14:00 h
Os dorsais de competición poderán recollerse na Praza Alcalde Segundo Durán da Pobra do
Caramiñal ata MEDIA HORA ANTES DO INICIO DE CADA CARREIRA.
3- SAÍDA E CHEGADA DAS PROBAS.
A saída das probas estará situada na rúa Fernández Albor. A meta estará situada no
interior da Praza Alcalde Segundo Durán.
4- PREMIOS E AGASALLOS
A entrega de trofeos realizarase no lugar de meta a partir das 22.00 h
Outorgaranse os seguintes trofeos:
▪ Trofeos ao primeiro/a clasificado/a e medallas para os segundos/as e terceiros/as
clasificados/as por categoría
▪ Medallas a tódolos/as participantes nas categorías SUB 6 e SUB 8
▪ Agasallos para os 300 primeiros participantes
5- SERVIZOS MÉDICOS E FISIOTERAPIA
A organización disporá dos servizos médicos obrigatorios, seguro de accidentes
deportivos e responsabilidade civil.
6- RECLAMACIÓNS
Tódalas reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro da
competición, situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois da
publicacións dos resultados oficiais que serán expostos en lugar visible pola
organización.

[ Go Back ]