Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Corcubión
22/07/2026
20:30 - 21:30
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO DA I MILLA MEDIEVAL DE CORCUBIÓN
Información básica
A I Milla Medieval de Corcubión é unha proba deportiva de carácter lúdico, organizada pola Peña Deportivista Ave César e a Asociación Cantigas de Dona Xoana como actividade complementaria do XXIV Mercado Medieval de Corcubión. Celebrarase o mércores 22 de xullo do 2026, e percorrerá o casco histórico de Corcubión, declarado en 1984 conxunto histórico-artístico.
Lugar e horario
A competición desenvolverase a partir das 20.30 horas. O epicentro da xornada estará na Praza Castelao, lugar da saída e da meta. Praza Castelao
Categorías e premios
Haberá unha única saída na que estarán tódolos participantes, aínda que para os premios teranse en conta as seguintes categorías:
Absoluta. Premio para o primeiro e a primeira clasificada: vale para comer dúas persoas no Mercado Medieval.
Sénior: Nados/as entre 1981 e 2012. Premio para os tres primeiros e tres primeiras clasificadas: Mini pendón.
Máster: Nados/as antes de 1981. Premio para os tres primeiros e tres primeiras clasificadas: Mini pendón.
Sub-14: Nados/as entre 2013 e 2020. Premio para os tres primeiros e tres primeiras clasificadas: Mini pendón.
Atletas locais: empadroados no Concello de Corcubión. Premio para o primeiro e primeira clasificada: mini pendón e bono de tres consumicións na cantina durante o Mercado Medieval.
Disfraz máis orixinal: Non é obrigatorio vestir de época; quen o prefira poderá participar coa súa equipación deportiva habitual. Haberá un premio para o corredor e a corredora participantes que luzan a mellor caracterización medieval. Premio de unha consumición na cantina durante o Mercado Medieval.
Percorrido
Debido a que a Idade Media foi posterior ao auxe do imperio romano e previa a Idade Moderna, a distancia desta Milla Medieval será a media da milla romana (1.480 metros) e a milla estatuaria (1.609). Serán, pois 1.540 metros de percorrido e transcorrerá polas rúas do casco histórico de Corcubión, ensinando o seu pasado señorial e
sumerxindo ao corredor/a nunha época na que a vila era referente rexional. Partirá da Praza de Castelao, mirando ao Pazo dos Altamira, a construcción do século XV que é o gran símbolo da nobleza local e que acolleu funcións administrativas e defensivas. O camiño segue cara a Igrexia de San Marcos, declarada Ben de Interese Cultural, e o Pazo dos Obregón, ou Casa Teixeira. Aproveitará outro itinerario medieval como o Camiño de Santiago para cruzar o campo do rollo e baixará a carón do escudo de armas pertencente a Casa de José Sendón, en dirección á rúa do río. Alí probarase a destreza da persoa participante, para ver se é quen de atopar unha cabeza de lobo dos moscoso gravada sobre pedra, antes de coñecer a Casa do Pirata, onde morreu o bravo capitán José Agramunt y Figueroa. A súa bravura axudará a subir a costa de peligros para, dende o alto da vila, gozar dunha vista envexable de Corcubión. Alí, hai outros dous grabados en pedra que poderían ser mesmo anteriores a idade media, e se poderán ver xusto antes de baixar de volta á Praza de Castelao, deixando á dereita outros tres escudos de armas: o da Casa Castreje, Casa Dios e Pose, e a dos Bermúdez do Castro. A meta estará a escasos metros desa area na que en cada Desembarco, Rioboo e Dona Xoana volven a enorgullecer a toda unha vila.
O percorrido está debidamente sinalizado.
Avituallamento
Ao finalizar a carreira e tras a entrega de premios, a organización facilitará un avituallamiento sólido e liquido para tódolos participantes.
Inscrición e prazo
As inscricións estarán abertas ata ás 23.59 horas do sábado 18 de xullo a través do seguinte formulario:
https://forms.gle/savey5yxGHnmmPc47
Condicións:
- A organización establece un máximo de cen participantes entre tódalas idades.
- As prazas cubriranse por orde de inscrición.
- Os participantes con licencia federativa deberán indicalo no formulario.
Dorsais
Os dorsais recolleranse no mesmo entorno da Praza Castelao desde as 19:00h do mércores 22 ata quince minutos antes da saída da proba. Será obrigatorio levalos durante toda a carreira.
Prezo
A participación na proba é totalmente gratuita, independentemente da categoría.
Descalificacións
Será descalificado todo participante que:
- Non respecte este regulamento.
- Atalle ou non cumpra o percorrido establecido.
- ️Provoque danos ou ensucie o contorno natural.
- Desatenda as indicacións do persoal da organización.
- Non leve o seu dorsal identificativo.
Condicións de participación
A participación implica a aceptación plena deste regulamento. A inscrición supón que a persoa participante:
-Declara estar fisicamente apta para realizar a proba.
-Exime a organización de calquera responsabilidade derivada da súa participación, incluídos danos, lesións, perda de obxectos ou incidentes alleos á vontade da organización.
-Comprométese a respectar o medio natura e actuar con deportividade.
[
Go Back
]