Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Touro
27/09/2026
10:30 - 12:00
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO
1.- As probas disputaranse na localidade de Touro (A Coruña). A saída e chegada de
cada proba farase na rúa Pucho Boedo, e o circuíto correspondente a cada categoría
estará debidamente sinalizado.
2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza
federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación
Galega de Atletismo.
3.- A inscrición da proba absoluta (de sub 20-sub 23 a máster) poderá realizarsen a
w e b h t t p s : / / w w w . c a r r e i r a s g a l e g a s . c o m / ata o xoves 24 de setembro ás
23:59 horas.
A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a sub 18) farase a través da páxina
https://www.carreirasgalegas.com/; a data límite de inscrición será o xoves 24 de
setembro ás 23:59 horas.
PREZOS DA INSCRICION
CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a sub 18 incluídos):
GRATUITA
PROBA ABSOLUTA (de sub 20 – sub 23 a máster): 7 € / participante
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago da páxina web
w w w . c a r r e i r a s g a l e g a s . c o m Para calquera dúbida co proceso de inscrición
poderán poñerse en contacto co teléfono 981 504 029 en horario de 09.00 a 14.00
horas de luns a venres ou no em@il deportes@concellodetouro.gal
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o
día da carreira.
4.- Os dorsais poderán retirarse o día da proba na secretaría da organización ubicada
no parque Martín Códax, a carón da SAIDA das probas, con prazo límite 30 minutos
antes de cada proba correspondente.
5.- PREMIOS
Percibirán trofeos:
Os 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente
regulamento, masculinos e femininos, agás a categoría pitufo e prebenxamín que
non terán clasificación, e tamén os tres primeiros/as clasificados/as da proba
absoluta masculino e feminino.
Os tres primeiros atletas locais da proba absoluta, tanto masculinos como
femeninos tamén recibirán trofeo. Para optar a este trofeo será imprescindible
estar empadroado no Concello de Touro.
O primeiro clube masculino e o primeiro clube femenino na clasificación final,
establecida pola suma dos seis primeiros clasificados e seis primeiras clasificadas
do clube na clasificación individual final. Nesta clasificación só se admitirá a
participación de clubes federados que deberán inscribir os seus atletas de xeito
individual marcando a opción de “participa na clasificación de clubes” en cada
inscrición.
Os premios non serán acumulativos (agás os premios a atletas locais), de xeito que
ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a
carreira.
6.- Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de
xeito correcto na zona anterior do corpo, será automaticamente descalificado.
7.- Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da
súa proba.
8.- Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade
coa presentación do DNI ou pasaporte.
9.- As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición
non máis tarde de 20 minutos despois da publicación dos resultados.
10.- O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en
función do número de participantes de cada categoría.
11.- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo cos reglamentos en
vigor da FGA, RFEA e WA, por esta orde, para probas en ruta.
Categorías e horarios
CATEGORIA ANO DE NACEMENTO HORA DISTANCIAS
Sub 20 Nados en 2007 e 2008 10:30 h 10000 m aprox
Sub 23 Nados en 2004 ,2005 e 2006 10:30 h 10000 m aprox
Senior Nados entre 1992 e 2003 10:30 h 10000 m aprox
Máster 1 masc/fmno Nados entre 1986 e 1991 10:30 h 10000 m aprox
Máster 2 masc/fmno Nados entre 1976 e 1985 10:30 h 10000 m aprox
Máster 3 masc/fmno Nados entre 1966 e 1975 10:30 h 10000 m aprox
Máster 4 masc/fmno Nados antes de 1966 10:30 h 10000 m aprox
Pitufo Nados en 2021 e posteriores 12:40 h 150 m
Prebenxamín Nados en 2019 e 2020 12:35 h 300 m
Sub 10 Nados en 2017 e 2018 12:25 h 1000 m
Sub 12 Nados en 2015 e 2016 12:10 h 2000 m
Sub 14 Nados en 2013 e 2014 12:10 h 2000 m
Sub 16 Nados en 2011 e 2012 11:50 h 3000 m
Sub 18 Nados en 2009 e 2010 11:50 h 3000 m
ENTREGA DE PREMIOS AS 13:00 HORAS
ACEPTACIÓN DO PRESENTE REGULAMENTO:
Todos os participantes, polo feito de inscribirse e participar na proba, aceptan esta
normativa e, en caso de dúbida ou xurdindo algunha situación non prevista nela,
resolveranse de acordo coas disposicións dispoñibles, o Comité Organizador e as
regras da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
[
Go Back
]