Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Ribeira
26/09/2026
18:00 - 19:30
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. As
probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
2. CATEGORIAS DE PARTICIPACION
As categorías de competición serán as seguintes:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SUB 6 2023-2022-2021
SUB 8 2020-2019
SUB 10 H/M 2018-2017
SUB 12 H/M 2016-2015
SUB 14 H/M 2014-2013
SUB 16 H/M 2012-2011
SUB 18 H/M 2010-2009
SUB 20 H/M 2008-2007
SUB 23 H/M 2006-2005-2004
SENIOR H/M De 2003 ata 1992
MASTER 1 H/M De 1991 ata 1986
MASTER 2 H/M De 1985 ata 1976
MASTER 3 H/M De 1975 ata 1966
MASTER 4 H/M Nados antes do 1966
“SAPATILLA
INCLUSIVA”
Categoría única absoluta para persoas
con diversidade funcional
3. DISTANCIAS E HORARIOS
A SAÍDA DAS PROBAS ESTARÁ UBICADA NA ZONA DO MALECON DE RIBEIRA (Paseo
marítimo).
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
17.00 h Sub 14 – Sub 16 2.100 metros
17.30 h Sub 12 1.400 m
17.40 h Sub 10 700 m
17.50 h Sub 8 500 m
18.00 h Sub 18, Sub 20, sub 23,senior e
máster
10 km
(2 voltas)
18.00 h “Sapatilla Inclusiva” 5 km
(1 volta)
19.10 h Sub 6 (2 ou 3 saídas) 100 m
19.30 h ENTREGA DE PREMIOS
4. INSCRICIONS
Os participantes na XXVII Carreira Popular de Santa Uxía – III Memorial Miguel Ruiz poderán
realizar a súa inscrición na web www.carreirasgalegas.com e www.emesports.es, con data límite o
mércores 23 de setembro ás 23.59 horas.
PREZOS DA INSCRICIÓN
- CATEGORIAS BASE (ata sub 16 incluído): GRATUITA
- PROBA ABSOLUTA (De sub 18 a master): 6,00 €
I M P O R T A N T E: Non se permitirá a participación de ningún deportista que non houbera
realizado a inscrición previa. Non se realizarán inscricións o día da proba.
5. PREMIOS
Na XXVII Carreira Popular de Santa Uxía – III Memorial Miguel Ruiz outorgaranse os seguintes
premios:
a) PREMIOS ECONÓMICOS PROBA DE 10 kilómetros*:
1º clasificado/a 300,00 euros + trofeo
2º clasificado/a 150,00 euros + trofeo
3º clasificado/a 90,00 euros + trofeo
*Os premios económicos serán aboados a través de transferencia bancaria, para o cal as/os atletas
gañadoras/es terán que facilitar os seus datos persoais e bancarios unha vez remate a proba.
• Medallas conmemorativas ós tres primeiros clasificados de cada categoría establecida no
presente regulamento.
• Medallas conmemorativas ás/ós 3 primeiras/os clasificadas/os locais da carreira.
• OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS, a excepción dos primeiros clasificados
locais.
Categorías base:
• Medallas Conmemorativas para os tres primeiros clasificados/as das categorías sub 10,
sub 12, sub 14 e sub 16.
• Medallas para todos os participantes das categorías sub 6 e sub 8. Nestas dúas
categorías non se realizará clasificación nin entrega de trofeos.
6. RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS.
Realizarase o día da proba na zona do Malecón (preto da oficina de turismo), en caso de mal
tempo trasladarase o AUDITORIO MUNICIPAL (actual Casa do Concello), ó carón do Centro de
Saúde, ata media hora antes do inicio de cada proba. O dorsal outorgado deberá levarse en
toda a súa extensión, colocado na parte anterior do corpo e de xeito visible. Todo atleta
que entre na meta sen o seu dorsal será descualificado.
7. DESCUALIFICACIÓNS
O longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos estando
autorizados para descualificar a calquera participante que incumpra as normas de competición, as
establecidas nos regulamentos da FGA ou RFEA para probas en ruta, por esta orde, ou que cometa
algunha irregularidade atentando contra a seguridade individual ou colectiva durante a proba.
8. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMENTARIAS
▪ Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Complexo Deportivo de A Fieiteira ou
Centro de Raqueta Sta Uxía (praia de Coroso).
▪ Haberá servizo de gardarroupa (Oficina de turismo).
▪ Haberá servizo de ambulancia, e seguro deportivo (licenza de día) para os participantes.
▪ Haberá sinalización dos puntos quilométricos.
▪ Haberá avituallamento intermedio líquido e líquido/sólido final.
▪ Aparcamento nas inmediacións da saída, na zona portuaria.
▪ Haberá sorteo de agasallos entre os corredores ao finalizar as probas.
▪ A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo
non exime do seu obrigado cumprimento.
[
Go Back
]